Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O NOSO PATRIMONIO
Lavadoiros públicos
Fixeron unha función moi importante nos anos nos que non había auga corrente nas vivendas, ademais de ser lugar de encontro dos veciños, sobre todo das mulleres.
Fontes
Complementarias dos lavadoiros tiveron grande importancia noutras épocas.
22 muíños de auga
Movidos pola súa forza, os muíños servían de sustento noutras épocas a moitas familias que neles transformaban o gra en fariña para facer o pan. Tamén servían para a xerar enerxía eléctrica alá polos anos 50 coa que se abastecían as parroquias de San Xurxo, Covas e Esmelle.
Igrexa do século XVII
Centro das parroquias veciñas foi parroquia matriz en séculos pasados.
Hórreos
Xunto coa parroquia de mandiá, o val de Esmelle e o que contén un maior número de hórreos en bo estado de conservación. Destacan dous hórreos en forma de ?L? un deles cun pozo no seu pé.
Casas rústicas
Aínda conservamos en Esmelle gran cantidade de casas de pedra que fan a paisaxe mais agradable.
Un castro celta
Restos dunha vila romana
Un cruceiro
Mámoas
A praia
Numerosos ríos e regatos
Paisaxe verde...
Comentarios (1) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 04-05-2006 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Hola:
Quisiera que me dieron información para mi tesis doctoral sobre la villa romana de Esmelle, ¿como se llama? ha sido e#blgtk08#xcavada , hay algun tipo de bibliografía.
Sino ruego me indiquen a quien dirigirme.
Muchas gracias.
Eva Eiroa
Comentario por Eva (28-02-2009 01:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0