Hoxe, sábado 22 de decembro, fixemoa a presentación da revista do proxecto esmelle no noso local. Asistiron un bo número de veciños que aceptaron con agrado, tanto o deseño coma o contido da revista. Como invitados especiais compartiron a tarde con nós Xoán Rodriguez Silvar e Germán Castro Tomé, ambos colaboradores na revista que se presentaba. Destacaron a importancia do que se estaba a facer, a súa difusión e a calidade da publicación.
Miguel Parra presidente da entidade, agradeceu a colaboración dos patrocinadores, colaboradores, e por suposto, de tódolos voluntarios que traballan no proxecto.
Seguimos adiante. |