Hoxe tamén fixo bo tempo. Coa resaca das IV xornadas do proxecto Esmelle houbo bastante asistencia os traballos. Basi, Carneiro, Lolo, Lorenzo, Ramón, Luco, Paulino, Julita, Manel, Miguel e Olga estiveron traballando. Hoxe palmei eu, cousas de nenos.
Fixeron traballos no muíño do Ferreiro tanto de limpeza exterior (dende o camiño xa se ve todo o muíño con claridade), como no interior onde practicamente xa non queda cemento e as paredes de pedra están á vista.
No muíño da lavandeira fixeronse traballos de remate do tellado e repasaronse algúns furados. Nos vindeiros días de traballos comezarase a limpar as paredes e cintar os muros.
Seguimos adiante...
RFB |