Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RESUMEN DE ACTUACIÓNS DO ANO 2006





TRABALLOS DE LIMPEZA E RESTAURACIÓN DO PATRIMONIO
MUIÑO DA LAVANDEIRA
Traballouse durante todo o ano no edificio, no que se reconstruiu o muro frontal, o cubo, o dintel da porta e o tellado. Na actualidade estase a colocar a tella e posteriormente cintaranse os muros. Tamén se realizaron traballos de limpeza e desbroce
FONTE DA EVARISTA
Construise un muro de contención na mina de auga, para evitar o corremento de materias en dias de moita choiva. A obra pagouna a Concellería da Zona rural. Ademais fixéronse duas limpezas no ano, tanto da fonte como das minas.
MUIÑO DAS SALGUEIRAS
Terminouse practicamente a restauración do muiño. Xa esta rematado o tellado e a consolidación dos muros, excepto a metade dunha das paredes. Nos proximos dias procederemos a limpeza e recollida de materias de construcción.
MUÍÑO DO FERREIRO
Unha vez conseguida a cesión deste muíño decidimos actuar sobre a cuberta-tellado grazas tamén a unha subvención concedida pola Consellería de Medio ambiente da Xunta de galicia de 5600?. Contratouse a obra do tellado nas tres estancias das que dispón. Se puxeron chapas de uralita sobre unha base de madeira cara a vista, sobre vigas e puntós. Ademais se lle fixo un portal de madeira para a porta exterior e se repuxeron os ferros das ventanas que faltaban. Na actualidade, estamos á espera de rematar os traballos no muíño das salgueiras para comezar a traballar no interior deste.

CHARLAS FORESTAIS
Coa colaboración da concelleria de Medio ambiente do concello de Ferrol organizaronse unhas charlas forestais do seguinte tema:
Tema: ?Novas Alternativas forestais?
Analise da zona
Caracteristicas culturais das especies (piñeiro, cereixeira, carballo, eucalipto... Cuidados silvicolas
Analise e comparativa económica.
Relator: Marcos Dominguez Peteiro (Enxeñeiro forestal)
Tema: ?cultivo de Shiitake (Lentinula edodes) como aproveitamento forestal secundario. A planta micorrizada como rexeneradora de solos queimados. Destrucción dos solos, perda de estructuras bióticas e abióticas aporte e rexeneración coa planta micorrizada, qué lle aporta a micorriza á planta e ao solo.?
Relator: Empresa ?hifas da terra? (premio agader 2005)

SENDEIRISMO
O longo deste ano abrironse partes da ruta de sendeirismo que se atopaban cerradas. Nos proximos dias avanzaremos no traballo de colocación dos postes que estivo parado durante estes meses.

SINALIZACIÓN RÚSTICA
Colocaronse as seguintes sinais
MUIÑO DAS SALGUEIRAS
RUTA DOS MUIÑOS DE ESMELLE
RUTA (en diferentes sitios da mesma)

RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO HISTORICO E INMATERIAL
Comezamos fai un ano os traballos de recuperación inmaterial cun grupo de voluntarios que se dedicaban a entrevistar á xente maior da parroquia. Na actualidade temos solicitado a Consellería de Traballo da Xunta de Galiicia unha axuda para contratar a dúas persoas (un técnico e un auxiliar) co fin de desenvolver este traballo dunha vez por todas. O traballo consistiria en recompilar documentación referente a Esmelle nos arquivos historicos, entrevistar as persoas maiores, recompilar fotografia antiga, documentos privados, etc... Ademáis tamén pretendemos ir recompilando utiles e ferramentas para no futuro montar un museo etnográfico.

RUTA DE SENDEIRISMO NOCTURNO ? SEMANA CULTURAL
Na semana cultural organizamos unha ruta de sendeirismo nocturno na que participaron o redor de 40 persoas. Nela tratabamos de percibir sensacións diferentes á ruta diurno. Fixemos un percorrido polos muíños, miramos as estrelas cuh telescopio e rematamos a ruta no Muíño de Otero cunha queimada.

ORGANIZÁRONSE AS III XORNADAS DE DEBATE SOBRE O PROXECTO ESMELLE

O Sábado, 30 de setembro de 2006
Inauguración das xornadas e da exposición fotográfica
?Desenvolvemento sostible?
Relator: Manuel Tajes - Delegado provincial de Medio ambiente.
?Memorias da vida cotián?
Relator: Guillermo Llorca - Historiador.
Tema: ?Muíños, Costumes e tradición oral?
Relator:Xesus Torres - Licenciado en Humanidades.
Tema: ?Fauna de Esmelle?
Relator: Juan Ignacio Díaz Dasilva ? Sociedade galega de historia natural.

EXCURSIÓN A ALLARÍZ
O dia 3 de outubro visitamos a vila de Allariz onde puidemos ver ó parque etnografico (Museo do Coiro, Museo dos Tecidos, Muíño do Burato).

CASTRO DE ESMELLE
Temos un proxecto de recuperación do Castro de Esmelle deseñado polo arqueólogo Alberto Fernández que está pendente de executarse.

MAGO MERLIN
O pasado 23 de decembro de 2006 inaugurouse en Esmelle, na finca do muíño de Otero unha estatua do Mago Merlín que ademais da nome ó camiño do mesmo lugar.
Dende o proxecto Esmelle é unha vez que soupemos que existia unha iniciativa para poñer a unha rúa o nome do Mago Merlín, iniciamos negociacións para que a citada rúa fose en Esmelle, xa que o nome de Esmelle está intimamente ligado a Merlín grazas o escritor Alvaro Cunqueiro e a súa obra ?Merlín e familia?.
O acto contou coa presencia das autoridades locais e dos magos mais prestixiosos de Galicia entre eles o Mago Antón, e serviu coma homenaxe postumo a Jose Lorente (Lorc), mago ferrolán de grande prestixio internacional.
Temos que agradecer unha vez mais a familia propietaria da finca as facilidades prestadas en todo momento para instalación da estatua.
Aproveitamos o acto para inaugurar o muíño de Otero, practicamente rematado que recibiu as alabanzas

I CONCURSO DE MAQUETAS DE ESMELLE
Fixose un concurso de maquetas de muíños no que participaron 6 maquetas. O xurado o formaron as seguintes persoas:
MIGUEL PARRA GÓMEZ presidente da avv Valle,
SUSANA BLANCO LORENZO arquitecta técnica autora de varios proxectos de restauración de muíños,
MAR PIÑEIRO OTERO arquitecta técnica do Concello de Ferrol,
GERMÁN CASTRO TOMÉ periodista e director do Diario de Ferrol.
O fallo do xurado e o seguinte:
1º premio: ANTONIO CARRO MONTIEL
2º premio: MANUEL PÉREZ CEREIJO
3º premio: EMILIO MARÍN FORMOSO
ACCESITS
ANTONIO FERREIROA
MARIO GRIMAL PEREZ
ANTONIO CARRO MONTIEL
Premio do público: MANUEL PÉREZ CEREIJO

MESA DE IDEAS
O pasado dia 3 de febreiro de 2007 tivo lugar no local social de Esmelle unha mesa de ideas convocada polo proxecto para intentar que tanto os veciños como calquer persona que quixera aportarán as súas ideas ó proxecto.
Temas a falar foron:
Usos do patrimonio restaurado
Prantexamentos para a interpretación do patrimonio
Ideas para o fomento das especies autoctonas
Novas iniciativas para o proxecto
Desta xuntanza sacamos as seguintes ideas e conclusións:
Deseñar a ?Ruta dos Sentidos? que se explica mais adiante
Usos para o Muiño do Ferreiro:
Este muiño é o mais grande dos localizados en Esmelle con aproximadamente 200 metros cadrados divididos en 3 estancias tipicamente rurais (paredes de pedra). Este muíño de auga era de gran importancia na zona, xa que era industrial, con duas prantas de traballo e situase na parte do rio mais caudalosa. Na actualidade estamos comezando coa súa restauración. A parte máis deteriorada era a cuberta que xa se restaurou.Falta por restaurar os muros interiores e exteriores do edificio, os solos, portas e fiestras, cubo e cano da agua, e toda a maquinaria do muíño excepto as pedras.
Nas súas estancias pretendese levar a cabo as seguintes actividades:
Restauración da industria molinar
Pretendemos recuperar as funcións primitivas do edificio con dous obxectivos principalmente:
Recuperación da industria: Que calquer particular ou grupo poida ir moer o grá a cambio dunha maíca.
Ensinar as persoas que o desexen o funcionamento dos muíños de auga.
Museo etnografico e sala de exposicións
Pretendemos recuperar apeiros e ferramentas tradicionais asi como a cultura oral de esmelle, e o patrimonio historico (documentos, fotografias,etc...)
Ademais na sala de exposicións poderanse facer mostras temporais relacionadas con calquer tema historico, medio ambiental ou cultural.
Aula audiovisual
Será complemento das dúas anteriores, con proxección de videos relacionados coa cultura da auga, cos muíños, e coa historia do val de Esmelle

DESEÑOUSE A RUTA DOS SENTIDOS
Básicamente pretendese que, mentres se percorre a Ruta dos muíños de auga de Esmelle partindo dun estudo adecuado das especies e a súa ubicación, logremos que coa axuda de paneis explicativos (onde se especificará con un símbolo si se pode ollar, ulir,saborear, escoitar ou tocar) o camiñante perciba en cada zona que visite todas as posibilidades que o Val de Esmelle ofrece:
OLOR: Os perfumes da frores e prantas aromáticas,
VISTA: As cores das árbores, arbustos e prantas, a posta de sol, ollar as estrelas
TACTO: O tacto das cortizas e follaxes, toca-las rochas e as pedras, a auga.
OIDO: O son dos animais, da auga, dos muíños e do vento.
GUSTO: O gusto dalgunhas froitas comestibles que ofrecerá a ruta.
A estes sentidos podemos engadir a ?Imaxinación?, que será posta polo propio visitante.
Todo isto enriquecido polo paso das estacións e do día e da noite, combinando ruta diúrnas con ruta nocturnas xogando así coas distintas percepcións das cousas. Se trata de combinar ocio con educación ambiental para nenos e maiores.
Este deseño realizouse mediante as aportacións realizadas na MESA DE IDEAS que se desenvolveu no local social de Esmelle o pasado mes de febreiro.
Pretendemos que as administracións publicas axuden a executar este proxecto, polo que presentaremos o proxecto ante elas.

PROXECTO VOZ NATURA
Colaboramos co Colexio de Esmelle na elaboración dun proxecto medio-ambiental para presentar a ?Voz Natura?
Con este proxecto pretendemos que o colexio de Esmelle e con iso os seus rapaces se impliquen no ?proxecto Esmelle?. Para iso programamos unha serie de actuacións encamiñadas á recuperación das especies autóctonas cos nenos como protagonistas, no que tamén se implicarán as familias e as entidades asociativas de Esmelle.
Trátase de aproveitar fincas de titularidade municipal para recuperar especies autóctonas, arbores frutais, prantas medicinais, etc... todo isto coa colaboración activa dos alumnos e os pais do colexio de Esmelle.

NOVO PROXECTO DE VOLUNTARIADO
Imos traballar no ano 2007 con novos métodos para fomentar o traballo voluntario. Trátase de estimular á xente, principalmente á xente nova para que participen no proxecto mediante unha serie de contrapartidas sociais, culturais e de ocio. En definitiva sería que a cambio do seu traballo voluntario facilitariamos gratuitamente ou con grandes ventaxas o acceso a actividades de estas áreas.

SOLICITOUSE UN CURSO A CONSELLERIA DO MEDIO RURAL
O tema é o USO SUSTENTABLE DO MONTE, dentro de esto a conservación e valorización do monte, o papel productivo, ambiental e de mecer do monte galego.
Mediante esta acción formativa darase a coñecer a triple función do monte: social, económica e medioambiental.

GRAZAS
Os voluntarios, polo seu traballo
Os propietarios que nos cederon as súas propiedades
A Maderas José Pérez que colaborou con nos prestando maquinaria
A Trafoga que nos doou roupa de traballo
A Beatriz Santiago e Susana Blanco polo seu traballo técnico

CARA O FUTURO
Seguiremos traballando na recuperación do patrimonio.
Remataremos a sinalización da Ruta de Sendeirismo que percorrera os muíños.

PRENSA
O longo desta tempada a repercusión do proxecto na prensa foi importante, cunha expecial mencion ó DIARIO DE FERROL que realizou unha cobertura ampla.
Tamén se ocuparon do proxecto a VOZ DE GALICIA, COPE, CADENA DIAL, RADIOVOZ, LOCALIA, TV FERROL, RADIO GALEGA, LA OPINION, EL CORREO GALLEGO, ETC...
Comentarios (0) - Categoría: fins - Publicado o 09-07-2007 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0