Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RECUPERACIÓN DA MOENDA - MUIÑO DO FERREIRO
TRADICIÓN ORAL - Carmucha
"Íbamos ao muíño Vello, que era de pareceiros. Por ejemplo, éramos sete pareceiros e repartíanos por días. Había quen, por ejemplo, viña o día e a noite enteiro para moer e había quen tiña un día nada máis, ou non sei se algún mediodía, eso estaba así repartido.
O muíño era pequeno, pois tiña unha capa soa, pero arreglábanse as casas con ese muíño. Ás veces íbaselle botar, cargarse de noite mismo e a outro día pola mañá, íbase recoller a fariña.
E con eso, bueno, con eso íbamos arreglando e tamén e tamén había as moas, as moas nas casas. Había unhas moas que se moía a má, había que darlle. E entonces, por ejemplo, ou porque non había a leña se chovía moito, non se foran coller os toxos para cocer, ou non había así leña adecuada para cocer, pois moíase mismo na casa, moíase para facer bolas na sartén, para facer incluso papas, que tamén se facían unhas papas que se comían con leite. E entonces pois arreglábase así, a moa así todo era moi pesada para movela había que ter forza e había que ser novo, unha persona mayor xa non valía para eso. Pero as moas eu non sei, quizá inda haiba alguna, quizá inda haiba algunha na nosa casa, quizá que no; pero na casa de Aurelio, na Curuxa, alí había unha sendo eu moza, eu recórdome de ir alí, de ir alí moer, si a esa casa. E na casa de José de Lucas tamén había outra; despois nas demais casas non me dou conta, pero José de Lucás a lo mellor inda a ten hoxe, porque a tiña alí naquela bodeguita que ten fora no corral.
E bueno, arreglábase un así, porque non eran os tempos de ahora, non muller, había pan de trigo, había fornos, había,… pero a xentiña comía do que tiña na casa. Traballábase, sembrábase maíz, cebada, algún trigo, trigo pouco, cebada, centeo tamén, algún centeo, que era o que se mezclaba…"
Comentarios (0) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 21-03-2019 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia