Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avv@valledeesmelle.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

V CONCURSO DE RUEIROS, FACHADAS E PORTAIS 16
Bases

1. Poderán concursar todos os veciños/as de Esmelle que o desexen,de forma individual ou colectiva reunidos por lugares ou tramos.

2. Cada participante deberá embelecer a súa fachada e ou seu contorno, tendo en conta que ou xurado valorará preferentemente os seguintes aspectos:
 Incentivárase o coidado e embelecemento dá nosa aldea en xeral.
 Representar o aspecto artístico e o carácter tradicional.
 O uso de elementos autóctonos como signo tradicional do Val de Esmelle. (espadana, flor de San Xoán, etc....)
 Adorno de balcóns, fiestras, reixas, etc… con adornos florais, etc
 Valorarase a sinxeleza.

3. Categorías:
a. Categoría: Fachadas e fiestras
b. Categoría: Rueiros (especificar que casas participan e que zona)
c. Categoría: Portais.

4. A inscrición realizarase no local social de Esmelle antes do día 22 de xuño de 2016. (Nome/s, barrio, categoría na que se inscribe e teléfono e correo de contacto)

5. O premio será unha figura conmemorativa para cada categoría.

6. A visita do xurado para ver os traballos realizarase o venres 24 de xuño pola mañá.

7. O fallo do Concurso será feito público o día 24 de xuño ao mediodia no campo da Festa.

8. Os elementos participantes documentaranse fotográficamente e publicaranse na facebook de Esmelle.

9. O xurado se reserva a posibilidade de declarar deserto algúns dous premios do Concurso.

10. A decisión do xurado calificador será inapelable.

11. O feito de intervir neste Concurso supón, por parte dos participantes, a conformidade absoluta coas presentes Bases e a renuncia a calquera reclamación.

12. O Xurado estará formado por 4 persoas relacionadas co tema do concurso, o periodismo e o movemento asociativo.

13. Na Semana Cultural de Esmelle farase unha exposición fotográfica do Concurso, e a entrega de premios aos gañadores e ao resto de participantes.




Comentarios (0) - Categoría: actos - Publicado o 09-06-2016 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia