Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ACTIVIDADE VOZ NATURA - 2014-2015
Título: Xardín de Pepa
O Xardín de Pepa e unha finca de propiedade privada (2 propietarios) cedida en custodia durante 30 anos a asociación de veciños “Valle de Esmelle” para o seu coidado e conservación. Ten 10.000 m2 aproximadamente, esta atravesada polo rego do Roxedoiro conservando aínda o bosque de ribeira.
ANTECEDENTES
Nos anos 50 a finca estaba poblada de especies autóctonas coma cerdeiras, castiñeiros, carballos, bidueiros, etc… Nos anos da dictadura eliminaronse estas especies e fixeronse prantacións masivas de especies alóctonas coma o eucalipto. Esto provocou a perda progresiva das especies autóctonas.
PLANTACIÓN DE ESPECIES AUTÓCTONAS
Coa cesión da finca a asociación de veciños “Valle de Esmelle” propoñemos recuperar as especies primitivas da finca. A través do programa “Planta O2” do laboratorio farmaceutico Boerinher conseguimos que a finca sexa seleccionada para realizar a plantación na provincia de A Coruña. Médicos de toda a provincia prantarán árbores autóctonas na finca. Para isto colabora o Concello de Ferrol na limpeza previa da finca. Prantanse Carballos, Cerdeiras, Freixos, Bidueiros (800 pies) e colocase un panel interpretativo para explicar a actuación.
ACTUALIDADE
Na actualidade a finca serve de aula didáctica na naturaza onde os nenos coñecen as especies autóctonas, a súa estructura, o seu aproveitamento, etc… Tamén podese ver un apiario onde as abellas fan mel.


ACTIVIDADE REALIZADA
Arredor de 20 persoas entre nenos e nenas de Esmelle acompañados dos voluntarios visitan a finca onde se fai unha plantación de 10 carballos, explicanselle os diferentes tipos de árbores e as súas características, entre eles poden recoñecerse cerdeiras, carballos, bidueiros, freixos, castaños, acivros, etc… e o proceso do traballo das abellas onde un apicultor da zona explicalles o proceso de fabricación do mel, as labouras de cada tipo de abella etc..
Ao final rematamos no local social cunha merenda e un pequeno agasallo.

Comentarios (0) - Categoría: actos - Publicado o 28-04-2015 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia