Recuperación do patrimonio |
|
Proxecto Esmelle
Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza. |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CALENDARIO TRABALLOS 2015 |
|
Estimado veciño
Como ven sabes dende finais do ano 2004 facemos traballos voluntarios de limpeza e restauración do patrimonio existente na parroquia (muíños, fontes, lavadoiros...), tamén mantemos limpas e sinalizadas as rutas de sendeirismo e BTT, co fin de que o noso patrimonio se poida visitar e disfrutar nas mellores condicións posibles.
Coa chegada da primaveira comezamos unha nova tempada de traballos voluntarios que chegará ata o mes de outubro. Por iso pedimos a túa colaboración co teu traballo.
Elaboramos un calendario de xornadas de traballo para toda a tempada que implica traballar 2 domingos ao mes, dende as 9.30 horas ata as 12.00 horas aproximadamente.
Dende o ano 2004 o número de voluntarios oscilou en positivo ou en negativo ao longo dos anos. Agora necesitamos a vosa axuda. Por iso, nos diriximos a vós, porque cremos neste proxecto e pensamos que é de vital importancia para o desenvolvemento da nosa parroquia. Tamén porque pensamos que debemos ser nós os que demos exemplo co noso traballo, sen esperar que nadie nolo faga.
Si estas disposto a participar ponte en contacto con nós por whatsapp, correo, facebook, teléfono, etc....
A comisión do PROXECTO ESMELLE
CALENDARIO ? DÍAS DE TRABALLO 2015 (domingos)
MAIO: 17 e 24 ? traballos preferentes: DESBROCE E SINALIZACION
XUÑO: 7 e 14 - traballos preferentes: DESBROCE E SINALIZACION
XULLO: 5 e 12 ? traballos preferentes: REHABILITACION E LIMPEZA
AGOSTO: 9 e 16 ? traballos preferentes: REHABILITACION E LIMPEZA
SETEMBRO: 13 e 20 ? traballos preferentes: REHABILITACION E LIMPEZA
OUTUBRO: 4 e 11 ? traballos preferentes: REHABILITACION E LIMPEZA |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|