Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FESTAS DE SAN XOÁN DE ESMELLE 2014
OS DÍAS 23, 24 E 25 de xuño, Esmelle celebra as Festas de San Xoán.

Nin os máis vellos do lugar lembran que algún ano quedara sin facer a festa patronal, quizais nos anos da Guerra Civil ocorrera, pero non se sabe con certeza. O segredo desta lonxevidade continuada na celebración do Patrón débese principalmente o espíritu colaborador que tivo e ten a parroquia de Esmelle. Mostra disto esta o Local Social, as estradas ou o Proxecto Esmelle, todos símbolos da colaboración e boa convivencia veciñal. Tamén o e a festa, xa que os "funcionarios ou ramistas" que así se chamaba antes os que ían pedir polas casas, son ben recibidos polos veciños que aportan, as veces, máis do que poden. Tamén hai que agradecer a colaboración dos veciños de Papoi e Rajón, que tradicionalmente aportan dende sempre, e dos negocios da zona.

A partir dos anos 80 é a asociación de veciños "Valle" a que se fai cargo da organización das festas, sempre con animo e axustandose ao que da a parroquia. Tamén respetando as costumes da maioria, como que a festa se celebre os "días verdadeiros" ou sexa, que si cadra o 23, 24, 25 por semana, pois se fai por semana. Se fixo anos atrás algún intento por pasala ao fin de semana sen moito éxito.

Ademáis dende o ano pasado tratamos de recuperar unha vella tradición: "Adornar as casas o día 24 de xuño". No libro "Herdanzas dos nosos maiores" recollese a tradición oral de Esmelle que dí o seguinte:

“..Na festa, o día antes de San Xoán facíase a luminaria, adornábanse as eiras con espadana, con flores de San Xoán, póñanse ramos nas véntanas, na porta- E despois, esa noite de San Xoán facíase a luminaria cada un na súa casa ou cos veciños no medio do camiño, alí se facía”.
“Ah, si, poñiamos espadana nos tellados, enriba das portas, e por onde se pasaba. Póñase herba revellida, “
“Adornábase, póñase espadana polo suelo diante da casa, póñase a Reina Luísa polos tellados, amarrada, e romeu, malva de olor. E collían unha tiña de auga botábase herba de San Xoán, reina Luísa e romeu para lavarse ó outro día pola mañá. Deixábase fora.”

Por iso, dende o ano pasado facemos o Concurso de rueiros co fin de recuperar esta bonita tradición.

Comezaremos o lunjs 23 ao mediodia cun pregón a cargo de MARCOS MELLA, cantautor ferrolá. A continuación música a cargo do GRUPO D`MODA. Xa pola noite encenderemos a tradicional luminaria de San Xoán, con algunha sorpresa.

O 24 haberá percorrido dos GAITEIROS DE ESMELLE, misa con procesión e sesión vermú e verbena co GRUPO TRIUNFO e o monologista PEPO SUEVOS..

Na xornada final do 25 teremos as orquestas FANIA BLANCO SHOW E PARIS DE NOIA. Ese día anunciaremos o gañador do concurso de rueiros.

Nas sesións vermú dos 3 días sortearemos un xamón entre os asistentes.

Este ano, fixose de novo, un esforzo importante para traer a mellor orquesta de Galicia, a "Paris de Noia" que esperamos atraia aos mozos e maiores ao campo da festa como o ano pasado, pero o importante é que as Festas Patronais de Esmelle teñan continuidade no tempo, e parece que vamos por bon camiño.

Pasadeo ben.

A COMISIÓN.
Comentarios (0) - Categoría: actos - Publicado o 17-06-2014 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia