Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Proxecto Esmelle insistirá na solicitude á Xunta e Concello da limpeza e eliminación de eucaliptus no Castro de Esmelle.

O proxecto de limpeza foi elaborado pola Concelleria de Urbanismo do Concello de Ferrol no ano 2006 co obxecto de frear a degradación que sufre o Castro como consecuencia da vexetación arborea.
A Asociación de veciños de Esmelle, a través do seu plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial do Val de Esmelle (Proxecto Esmelle) solicitará ao Concello e a Xunta de Galicia unha actuación no Castro de Esmelle para preservar a conservación dos restos e evitar a súa degradación pola acción dos eucaliptus principalmente.
Na actualidade a maior parte do recinto castrexo atopase con abundante vexetación arbórea, sobre todo de eucalipto, que afecta de forma negativa, non só as propias estructuras arqueolóxicas, senón tamén a percepción do elemento desde o seu entorno, e polo tanto a o seu disfrute pola sociedade.
O xacemento é coñecido dende o século XIX e ao longo da segunda metade do século XX aparece reseñado en diversas publicacións, dada a importancia que todos os investigadosres lle dan ao mesmo.
Actualmente co proceso de Concentración parcelaria o xacemento encontrase dentro dunha masa común polo que a actuación que se pretende non tería o inconveniente de ter que negociar cos propietarios. Aínda así dende o Proxecto Esmelle estarían dispostos a entablar negociacións con propietarios colindantes que quixeran eliminar os eucaliptos, sempre que se cumplan as normas especificadas no proxecto arqueolóxico existente.
O proxecto fai especial fincapé en que non se dañen as estructuras do xacemento á hora de retirar a madeira cortada e os seus restos.
Dende o Proxecto Esmelle insisten en que o proxecto e asumible, tanto polo Concello de Ferrol como pola Xunta de Galicia, xa que a propia retirada da madeira axudaría a financiar a limpeza e eliminación de eucaliptos, asi como o posterior tratamento para evitar rebrotes.
Sería importante evitar a perda definitiva dun dos Castros máis importantes do Concello que podería ser visitable
Comentarios (0) - Categoría: prensa - Publicado o 19-08-2013 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0