Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

«Cando lles quitas o mel sempre atopan un oco para meterse»
LA VOZ DE GALICIA 09/05/2012 FERROL

«Un día estaba limpando a finca da miña tía e me rodeou un enxame». Así comezou a historia de Manuel Ángel Fernández Beceiro (Ferrol, 1966) coas abellas. Fai disto cinco anos e dende fai tres vende o néctar coa etiqueta Mel de Esmelle. É o único apicultor que o fai.
-¿Onde se pode atopar a súa mel?
-No local social de Esmelle, nalgunhas tendas do mercado central, de Amboage e tamén a vendo a particulares.
-¿Que cantidade produce?
-O ano pasado, 800 kilos, pero este, a metade.
-¿E logo?
-Me quedan oito de dezaoito colmeas. Morreron, non se sabe ben por que, pero os pesticidas lles afectan bastante ás abellas. Disque están preparando unha fumigación aérea cun pesticida que estará prohibido pola Unión Europea o ano que ven.
-Vaia pau á produción apícola.
-Si. Ademais a comercialización está bastante complicada, porque están vindo meles de China, Arxentina... que non se sabe de que estarán feitas.
-Pero seguro que non está nisto para facerse rico.
-Non, dende logo. É por afición, por ver como traballan as abellas. É incrible que eses bichiños saquen entre corenta e cincuenta kilos de mel. Da gusto velas traballar.
-¿Cantas veces lle picaron?
-Moitas.
-Pero irá preparado.
-Claro, pero cando lles quitas o mel sempre atopan un oco por onde meterse.
Comentarios (0) - Categoría: prensa - Publicado o 09-05-2012 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0