Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS RECIBIDOS
RECOÑECEMENTOS

2005.- Accésit no PREMIO AGADER 2005

2008.- O Comité Hábitat Español seleccionounos para participar no VII concurso internacional de Boas Prácticas de Nacións Unidas onde a nosa práctica obtivo a calificación de GOOD.

2008.- Vicepresidencia da Xunta de Galicia concedeunos unha mención honorífica nos PREMIOS SOLIDARIEDADE DE GALICIA

2008.- Invitados como expertos no foro científico "Tribuna da Auga" da Expo de Zaragoza 2008

2008.- Premio á Entidade do ano da Asociación Cultural "Lefre de Caldereta" de Ferrol

2009.- Insignia de Ouro do Concello de Ferrol.

2009.- 5º mellor valoración no Premio Nacional de Medio ambiente do Ministerio de Medio ambiente

2009.- Boa práctica publicada no VII CATÁLOGO ESPAÑOL DE BOAS PRÁCTICAS do Comité Hábitat Español

2011.- Finalista del Premio Nacional "Macario Asenjo" de Desarrollo Rural

2012.- Accésit no Premio Aproema Medio ambiente 2012 da Confederación Galega de Empresarios.

2013.- Finalista del Premio Nacional "Macario Asenjo" de Desarrollo Rural

2014.- Premio nacional "Macario Asenjo Ponce" al desarrollo rural.

2015.- Premio Fundación Luis Tilve "Defensa do medio ambiente e dos bens comúns"

2017.- Medalla de bronce al mérito social penitenciario. Ministerio del interior.
Comentarios (1) - Categoría: Premios - Publicado o 19-11-2012 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
O CONCELLO CONCEDE A INSIGNIA DE OURO DA CIDADE AO PROXECTO ESMELLE
Gabinete de comunicación - Alcaldía 11-12-2008

O Concello nomeará Ferrolán do Ano ao director xeral de Caixanova, José Luis Pego Alonso
?
O proxecto de recuperación e posta en valor do patrimonio histórico de Esmelle recibirá a Insignia de Ouro da cidade?

O pleno da corporación deberá agora ratificar unha decisión que acordaba a Xunta de Voceiros por unanimidade

Ferrol, 11 de decembro de 2008.-


...................

Insignia de Ouro

Respecto da Insignia de Ouro, o Concello concédeas como recoñecemento público das persoas ou entidades que durante o tempo viñeron desenvolvendo unha actividade altruísta en favor dos demáis ou que teñen un labor ou mérito merecente de premio pola súa utilidade pública e social.

Este ano, a Insignia de Ouro do Concello de Ferrol será imposta ao ?Proxecto Esmelle?, un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial desta parroquia ferrolá posto en marcha no ano 2003 pola Asociación de Veciños ?Val de Esmelle?. O obxectivo pasa por recuperar o patrimonio e dotalo de determinados servizos cara ao turismo, pero sempre respectando a súa arquitectura e a función primitiva.

O Proxecto Esmelle desenvolve xornadas de traballo de rehabilitación e limpeza de xeito voluntario dous domingos ao mes, nos que participan voluntarios, todos eles veciños, e contando co asesoramento de técnicos. Así, durante o último ano traballouse na recuperación dos muíños de Otero, Ferreiro, Lavandeira e Mougá; na sinalización de varias rutas de sendeirismo, e en tarefas de mantemento xeral.

Dende o seu nacemento, o Proxecto Esmelle leva recibido numerosos premios e recoñecementos, entre eles a práctica catalogada como Good no VII Concurso Internacional de Boas Prácticas das Nacións Unidas ou a mención honorífica nos premios Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.


Comentarios (0) - Categoría: Premios - Publicado o 11-12-2008 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
VII CONCURSO DE BUENAS PRÁCTICAS 2008
Comentarios (0) - Categoría: Premios - Publicado o 04-12-2008 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
MENCIÓN HONORÍFICA - PREMIOS SOLIDARIOS
Comentarios (0) - Categoría: Premios - Publicado o 04-12-2008 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0