Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RUTA GUIADA COA SOCIEDADE CULTURAL "VALLE INCLÁN"
Hoxe fixemos de guías turísticos a un grupo de persoas da Sociedade Cultural "Valle Inclán", asociación que promove entre outros o Premio Esquío de poesía.
Fixemos a ruta dende o local social ata o muíño do Ferreiro e parece que lles gustou moito. Aínda que algúns xa tiñan idade avanzada, todos eran entusiastas e chegaron o seu fin.

Gracias a todos.
Comentarios (0) - Categoría: actos - Publicado o 28-06-2008 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
O PROXECTO ESMELLE NO IV ENCONTRO DE VOLUNTARIADO DO PROXECTO RIOS
Este sábado día 14 de xuño, o proxecto Esmelle fará unha presentación do
seu proxecto no IV Encontro do Voluntariado Ambiental do Proxecto Ríos no Edificio Multiusos do Concello de Melide.
Comentarios (1) - Categoría: actos - Publicado o 12-06-2008 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DA REVISTA
Hoxe, sábado 22 de decembro, fixemoa a presentación da revista do proxecto esmelle no noso local. Asistiron un bo número de veciños que aceptaron con agrado, tanto o deseño coma o contido da revista. Como invitados especiais compartiron a tarde con nós Xoán Rodriguez Silvar e Germán Castro Tomé, ambos colaboradores na revista que se presentaba. Destacaron a importancia do que se estaba a facer, a súa difusión e a calidade da publicación.
Miguel Parra presidente da entidade, agradeceu a colaboración dos patrocinadores, colaboradores, e por suposto, de tódolos voluntarios que traballan no proxecto.

Seguimos adiante.
Descárgate a Revista
Categoría: actos - Publicado o 22-12-2007 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia