Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CRUCEIRO PERDIDO
Dende hai uns anos, o PROXECTO ESMELLE embarcouse na recuperación do patrimonio "material e inmaterial" do Val de Esmelle, proxecto amplamente recoñecido a todos os niveis.
Nesta recuperación contamos a continuación a historia do cruceiro que se ergue a carón do Lavadorio de Río Daneiro.
Contan os máis vellos da parroquia, que desde o século XVIII existía en Esmelle, en Cha da Mariña, no cruzamento do camiño que ía dende a igrexa ó Cha co de Mougá, xusto detrás da Casa de Evarista, un cruceiro de granito de características pouco coñecidas, case seguro pegado a un muro. En 1936 o cruceiro foi derrubado, segundo parece por veciños de ideoloxía de esquerdas, aínda que para evitar represalias, díxose que o fixo un veciño coas facultades mentais diminuídas.
A versión oficial, apoiada polo cura párroco, dicía que o veciño, molesto por entender que o cruceiro se atopaba en terreos da súa propiedade, colocou as vacas no xugo, amarrou unha corda á cruz do cruceiro, e derrubouno.
En 1937 e pola achega de 137 veciños de toda a parroquia, levantouse un novo cruceiro en pedra de Moeche, nun lugar próximo á localización do anterior ( Cha da Mariña), e cunhas características moi parecidas a este que nos ocupa.
Do cruceiro vello pouco ou nada se sabía. O Proxecto Esmelle, a través da súa recuperación do patrimonio, descubriu a través do que contaban algúns veciños que o cruceiro vello estaba nas “Pontes de Días” no lugar do Soído, polo que aproveitando unhas obras na estrada recuperáronse partes do cruceiro vello: a base, o tinteiro e o Varal, que agora lucen no novo cruceiro.
Comentarios (0) - Categoría: patrimonio inmaterial - Publicado o 11-03-2021 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
SAN XOÁN - TRADICIÓN ORAL DE ESMELLE
CARMUCHA
...Na festa, o día antes de San Xoán facíase a luminaria, adornábanse as eiras con espadana, con flores de San Xoán, póñanse ramos nas véntanas, na porta- E despois, esa noite de San Xoán facíase a luminaria cada un na súa casa ou cos veciños no medio do camiño, alí se facía. E esa noite, a noite de San Xoán, despois das doce da noite, es contábano miña madre que eu deso non me acordo.
Poñían un vaso con auga e abrían un ovo e póñano na véntana, e o ovo traballaba durante a noite e entonces pola mañá ían a mirar e vían si, por exemplo, había un barco, pois o marido daquela muller ía a ser mariño ou mercante. Si por exemplo, saía un arado, era un labrador. Si saía un coche, pois sería un mecánico, elas facían iso.
A auga coas herbas si, unha tiña grande enchíase de auga e botabas Reina Luísa, flor de san Xoán, romeu, malvas de olor, e pola mañá con aquela auga lavábase a xente.
Si, o orballo era para as persoas que tiñan cousa da piei, sarna o cousas desas. Eu téñolles oído que si ían á noite de San Xoán, íanse arrolar ao prado, despois das doce da noite, íanse arrolar aos prados e se coñece que ese frío do rocío mataba ese microbio que estaba afectando a piei.

CARMEN DE PEPA
...E cando se collía o maínzo, esfollábamos maínzo, escollíanola folla máis bonita para mudar os xergóns para a véspera de San Xoán. Mudábanse as camas das pulgas, enchíamos aqueles xergóns de folla, porque a folla desfollábamola na cociña polas noites.
....cando viña San Xoán, que non se lavaba máis que o día de San Xoán, os días aqueles lavábanse as mantas, as poucas que había, lavábanse os xergóns e algunhas persoas lavaban as follas porque non tiñan maínzo, e lavaban as do ano pasado.

CESAREO
Ah, si, poñiamos espadana nos tellados, enriba das portas, e por onde se pasaba. Póñase herba revellida,

CARMEN E BERNARDINO
Adornábase, póñase espadana polo suelo diante da casa, póñase a Reina Luísa polos tellados, amarrada, e romeu, malva de olor. E collían unha tiña de auga botábase herba de San Xoán, reina Luísa e romeu para lavarse ó outro día pola mañá. Deixábase fora.
Categoría: patrimonio inmaterial - Publicado o 02-05-2008 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
ESTRADA CHA-CASTIÑEIRA - anos 60
O día 4 de novembro de 1966 xuntanse na tenda da Paloma os vecinos da Castiñeira e do Cha da Mariña e deciden facer unha estrada que una o Cha coa praia a través da Castiñeira. A fórmula deseñada para costear a súa construcción será por prestacións persoais e con axudas do Concello, na que daquela era concelleiro Victoriano Rodriguez que prometeu todo o seu apoio.
Para xestionar e coordinar os traballos nomeouse unha comisión de veciños:
PRESIDENTE: Victoriano Rodríguez Barros
SECRETARIO: Manuel Lorenzo Ramos
VOCAIS: Higinio González López, Angel Díaz Lorenzo e Manuel Otero Díaz.

Os oito vecinos da Castiñeira tamén acordaron de forma voluntaria pagar unha cota mensual de 100 pesetas.

Traballaríase os domingos pola mañá.

As xestións co Concello diron resultado, xa que aportou a maquinaria necesaria (palas, camións, etc...) e os veciños pagaron aos conductores e manipuladores, así como o material necesario da canteira. Ademais, da oficina de Extensión Agraria conseguiuse unha axuda de 70000 pesetas que se pagaron en 2 anos (25000 no ano 68 e 45000 no ano 69).
As obras duraron dende o 6 de novembro de 1966 ata o 13 de agosto de 1969, e se traballou todos os domingos cunha media de 10 / 12 persoas. Para traballar na entrada da Castiñeira foi necesario utilizar voladuras con dinamita, para o que se necesitou un compresor que cedeu o Estado durante as vacacións do ano 67, na que se traballou 9 tardes. As voladuras realizounas un técnico das canteiras próximas.
Para realizar as obras necesitouse que os donos das fincas colindantes co antigo camiño cederan o terreo para darlle o ancho necesario. O principio as xestións foron dificiles porque había desconfianza en que a obra non se rematara, pero a medida que se avanzaba as cousas melloraron.
Recaudaronse 101272 pesetas, das que 14000 pesetas as aportaron os veciños, 17272 foron donativos varios e 70000 pesetas de Extensión Agraria. Estes cartos emplearonse en pagarlle os conductores, manipuladores, algúns xornais e ferramentas.
En resume, podemos afirmar que se traballaron 156 días.
Rematada a obra fíxose a inauguración o 27 de agosto de 1969, cunha comida no monte á sombra dos piñeiros. Degustouse empanada, sardiñas, viño, etc... todo amenizado por un grupo de gaitas. Participaron todos os veciños e as autoridades (O alcalde, os concelleiros e colaboradores).
Sirvan estas liñas de recoñecemento a todos os que co seu traballo e esforzo fixeron un deseo realidade, e así poder vivir mellor.


Extraído da Revista "Festas patronais Esmelle 97"
Autor: Manuel Lorenzo Ramos
Categoría: patrimonio inmaterial - Publicado o 10-03-2008 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Recuperación do patrimonio inmaterial
"En África, un anciano que muere es una biblioteca que desaparece..." Hampaté Bâ



Definese o patrimonio inmaterial ou intanxible pola UNESCO como o conxunto de formas de cultura tradicional e popular ou folclórica, e dicir, as obras colectivas que emanan dunha cultura e baseanse na tradición. Estas tradicións transmitense oralmente ou mediante xestos e modificanse co transcurso do tempo a través dun proceso de recreación colectiva. Inclúense as tradicións orais, as costumes, as linguas, a música, os bailes, os rituais, as fiestas, a medicina tradicional e a farmacopea, as artes culinarias e tódalas habilidades especiais relacionadas cos aspectos materiais da cultura, como as ferramientas e o hábitat.

No proxecto Esmelle estamos a recuperar este patrimonio inmaterial. Durante o ano 2006 estamos a realizar entrevistas grabadas en audio cos maiores da parroquia, nas que nos contan as súas experiencias en tódolos ambitos da vida. Ata o de agora levamos entrevistadas a 5 persoas e seguiremos co traballo.

Engade ás tuas ideas.....
UNESCO - patrimonio inmaterial
Comentarios (0) - Categoría: patrimonio inmaterial - Publicado o 01-06-2006 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0