Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

III XORNADAS PROXECTO ESMELLE

Comentarios (0) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 06-10-2006 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
III XORNADAS PROXECTO ESMELLE
PROGRAMA

LOCAL SOCIAL DE ESMELLE
Sábado, 30 de setembro de 2006


10.00 h Inauguración das xornadas e da exposición fotográfica

10.15 h Tema: “Desenvolvemento sostible”
Relator: Manuel Tajes - Delegado provincial de Medio ambiente

11.15 h Tema: “Memorias da vida cotián”
Relator: Guillermo Llorca - Historiador

12.15 h DESCANSO

12.45 H Tema: “Muíños, Costumes e tradición oral”
Relator: Xesus Torres - Licenciado en Humanidades.

14.00 h Descanso para xantar

16.00 h Tema: “Fauna de Esmelle”
Relator: Juan Ignacio Diaz Dasilva - Sociedade galega de historia natural.

17.00 h Tema: “Rexeneración de solos queimados, prevención”
Relator: Pedro Garcia – Xerente de Trafoga (transformacións forestais).

18.00 h Clausura.

Comentarios (0) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 23-09-2006 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA A EXEMPLOS DE RECUPERACIÓN ETNOGRAFICA
EXCURSIÓN Ó CONCELLO DE ALLARÍZ
Dia 7 de outubro


Saída do local social: 8.00 horas
Chegada a Allaríz: 12.00 horas

Visita ó parque etnografico: (Museo do Coiro, Museo dos Tecidos, Muíño do Burato).
Aberto ó publico de 12 a 14 horas (1 €)

Támen se pode visitar en allaríz o museo do xoguete galego, casa-museo de Vicente risco, Museo de arte sacra...

Comida: 14.30 horas Restaurante Porta da Vila

Tarde: Tempo libre na cidade de Ourense

Prezo: 25 euros persoa / comida incluida. Apúntate no local social ata o 4 de outubro
Horario local de 17 a 23h – 981 36 53 90

Organizan: Asociación de veciños “Valle” e asociación mulleres “Rio daneiro”


Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 12-09-2006 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO PATRIMONIO
Lavadoiros públicos
Fixeron unha función moi importante nos anos nos que non había auga corrente nas vivendas, ademais de ser lugar de encontro dos veciños, sobre todo das mulleres.
Fontes
Complementarias dos lavadoiros tiveron grande importancia noutras épocas.
22 muíños de auga
Movidos pola súa forza, os muíños servían de sustento noutras épocas a moitas familias que neles transformaban o gra en fariña para facer o pan. Tamén servían para a xerar enerxía eléctrica alá polos anos 50 coa que se abastecían as parroquias de San Xurxo, Covas e Esmelle.
Igrexa do século XVII
Centro das parroquias veciñas foi parroquia matriz en séculos pasados.
Hórreos
Xunto coa parroquia de mandiá, o val de Esmelle e o que contén un maior número de hórreos en bo estado de conservación. Destacan dous hórreos en forma de “L” un deles cun pozo no seu pé.
Casas rústicas
Aínda conservamos en Esmelle gran cantidade de casas de pedra que fan a paisaxe mais agradable.
Un castro celta
Restos dunha vila romana
Un cruceiro
Mámoas
A praia
Numerosos ríos e regatos
Paisaxe verde...
Comentarios (1) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 04-05-2006 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia