Recuperación do patrimonio
Proxecto Esmelle

Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da veciñanza.

avvvalledeesmelle@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RECUPERACIÓN DA MOENDA - MUIÑO DO FERREIRO
TRADICIÓN ORAL - Carmucha
"Íbamos ao muíño Vello, que era de pareceiros. Por ejemplo, éramos sete pareceiros e repartíanos por días. Había quen, por ejemplo, viña o día e a noite enteiro para moer e había quen tiña un día nada máis, ou non sei se algún mediodía, eso estaba así repartido.
O muíño era pequeno, pois tiña unha capa soa, pero arreglábanse as casas con ese muíño. Ás veces íbaselle botar, cargarse de noite mismo e a outro día pola mañá, íbase recoller a fariña.
E con eso, bueno, con eso íbamos arreglando e tamén e tamén había as moas, as moas nas casas. Había unhas moas que se moía a má, había que darlle. E entonces, por ejemplo, ou porque non había a leña se chovía moito, non se foran coller os toxos para cocer, ou non había así leña adecuada para cocer, pois moíase mismo na casa, moíase para facer bolas na sartén, para facer incluso papas, que tamén se facían unhas papas que se comían con leite. E entonces pois arreglábase así, a moa así todo era moi pesada para movela había que ter forza e había que ser novo, unha persona mayor xa non valía para eso. Pero as moas eu non sei, quizá inda haiba alguna, quizá inda haiba algunha na nosa casa, quizá que no; pero na casa de Aurelio, na Curuxa, alí había unha sendo eu moza, eu recórdome de ir alí, de ir alí moer, si a esa casa. E na casa de José de Lucas tamén había outra; despois nas demais casas non me dou conta, pero José de Lucás a lo mellor inda a ten hoxe, porque a tiña alí naquela bodeguita que ten fora no corral.
E bueno, arreglábase un así, porque non eran os tempos de ahora, non muller, había pan de trigo, había fornos, había,? pero a xentiña comía do que tiña na casa. Traballábase, sembrábase maíz, cebada, algún trigo, trigo pouco, cebada, centeo tamén, algún centeo, que era o que se mezclaba?"
Comentarios (0) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 21-03-2019 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
RESTAURANDO A MALLADORA
A recuperación da malladora vai por bo camiño. Parece que este verano xa a imos utilizar para a malla tradicional.

Manel, Guillermo, Pablo, Luis, Lolo, Juan e Francisco son os artistas e a empresa Maderas José Pérez nos facilita as instalacións e a maquinaria.

Comentarios (0) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 27-01-2016 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA OPINIÓN SOBRE NÓS
http://alucenzadoabade.wordpress.com/category/herdeiros-pola-forza/

Estes labregos incultos mobilízanse a día de hoxe a prol do patrimonio. Hoxe mesmo recibín as propostas para presentar comunicacións nun congreso internacional sobre socialización do patrimonio que vai ter lugar en Malpartida de Cáceres en setembro deste ano. Entre tanta ponencia firmada por arquitectos, arqueólogos, catedráticos e técnicos topei cunha marabillosa proposta firmada por dous veciños das Asociación Val de Esmelle, Rafael e Manuel. Titúlase: Recuperación del Patrimonio material e inmaterial del valle de Esmelle (Ferrol, España) (Fernández e Lorenzo 2013). No resumo da comunicación atopamos frases como as que seguen: El proyecto Esmelle se concibe para intentar no perder definitivamente un patrimonio etnográfico que se encontraba sumido en el olvido. [?] Nuestro fin es que este proyecto ayude al desarrollo de Esmelle de cara al futuro; pero si no es así, por lo hemos habremos salvado nuestro patrimonio. Este no es un proyecto excluyente, sino que su máxima es la unión y cooperación de todos. En él participan mujeres con las mismas responsabilidades y tareas que los hombres.

Estes homes e mulleres recuperan voluntariamente o patrimonio local, dende muíños, pasando por bosques autóctonos e acuíferos, até lavadoiros, castros e cruceiros. Un destes cruceiros era o de Cruceiro, que rematou os seus días escangallado servindo de cachote nunha pontella. O asociacionismo de base acadou recuperar este elemento etnográfico e reconstruír a súa microhistoria (Gasalla 2010, 87-8):

Desde o século XVIII existía en Esmelle, en Chá da Mariña, no lugar do Cruceiro, un cruceiro de granito, de características pouco coñecidas, case seguro encostado a un muro. En 1936 o cruceiro foi derrubado, segundo parece por veciños de ideoloxía de esquerdas, aínda que para evitar represalias, díxose que o fixo un veciño coas facultades mentais diminuídas. A versión oficial, apoiada polo cura párroco, dicía que o veciño, molesto por entender que o cruceiro se atopaba en terreos da súa propiedade, colocou as vacas no xugo, amarrou unha corda á cruz do cruceiro, e derrubouno. En 1937, e pola achega de 137 veciños de toda a parroquia, levantouse outro cruceiro, que é o que existe actualmente, nun lugar próximo á localización do anterior. Foi construido en pedra de Moeche.

Nós cremos firmemente nos valores das comunidades locais deste país, educadas consuetudinariamente nunha tradición asemblearia de reunión en adros e concellos, nunha cultura de resolución de conflitos baseada na procura do consenso. Dende estes presupostos pódese acadar unha socialización real do patrimonio en Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 30-08-2013 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
REANUDACIÓN DOS TRABALLOS VOLUNTARIOS
DIAS DE TRABALLO

23 e 30 de setembro
14 e 21 de outubro

9.30 horas no local social

Comentarios (0) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 16-09-2007 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
MESA DE IDEAS

LOCAL SOCIAL DE ESMELLE
DIA: 3 de febreiro de 2007
Hora: 9.30 a 13.00 horas


Temas a falar:

Usos do patrimonio restaurado
Prantexamentos para a interpretación do patrimonio
Ideas para o fomento das especies autoctonas
Novas iniciativas para o proxecto


Poden participar todas as persoas que o desexen. Trátase de intercambiar ideas sobre os temas mencionados e facer propostas para mellorar o proxecto.

Podedes facer as vosas propostas a traves do blog,
Comentarios (0) - Categoría: patrimonio etnográfico - Publicado o 11-01-2007 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Proxecto Esmelle
AVV "Valle de Esmelle"
Ferrol (A Coruña)- Galicia

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0