Este proxecto iniciouse na parroquia de Esmelle a finais do ano 2003. É un plan que ten como fin a revalorización do Val de Esmelle baseandose na recuperación do seu patrimonio material e inmaterial e no aproveitamento sostible dos recursos, a través da implicación da veciñanza.
Recibimos un accésit no PREMIO AGADER 2005 de embelecemento do medio rural galego da Xunta de Galicia.
A principios do 2008, o Comité Hábitat Español seleccionounos para participar no VII concurso internacional de Boas Prácticas de Nacións Unidas.
Ademáis o noso proxecto participou no foro científico "Tribuna da Auga" da Expo de Zaragoza 2008.
Unha nova xornada de traballo nos nosos muíños. Hoxe traballamos no muíño de Mougá facendo unha ponte de madeira sobre o río e máis no muíño da lavandeira onde restauramos un muro de contención do río.
Hoxe domingo os voluntarios do proxecto Esmelle traballamos en 4 dos muíños existentes na parroquia:
Muíño de Mougá
Muíño da Lavandeira
Muíño do Ferreiro
Muiño de Otero.
Damos a benvida a Manolo e José Ramón que se suman o grupo. Desexamos que continuen.
Os traballos consistiron na contrucción dunha ponte e acceso no de Mougá, na restauración dun muro de contención no da Lavandeira, no cintado das paredes no do Ferreiro e na maquinaria do muíño no de Otero.
O vindeiro domingo será nova xornada de traballo.
Hoxe fomos: Andrés, Sabín, Manolo, Julita, Paulino, Lorenzo, José Ramón, Parra, Lolito, Carneiro, Manel, Melele, Carmen, Tino e Rafa.
Neste último facemos un muro de pedra para protexer o terreo da erosión do río.
En Mougá, aparte de perder un reloj, estropear a furgoneta de Manel e romper unha corda, movimos dous eucaliptos para facer unha ponte e picamos as paredes do muíño.
Asistimos: Carneiro, Lolito, Ramón, Melele, Rafa, Lorenzo, Andrés, Manel, Carmen e Xoán.
Hoxe tivemos bo tempo e aproveitamos para tirar un eucalipto que estaba diante da porta do muíño de Mougá. Tamén fixemos limpeza polas ribeiras do río e polo seu entorno. Xa circula a auga polo cano do muíño. As mulleres dedicaronse a picar as paredes interiores. Tamén selamos os paneis da ruta de senderismo.
Unas cuarenta personas asistieron a las V Xornadas do Proxecto Esmelle, en la que cinco ponentes afrontaron desde diferentes puntos de vista la recuperación del patrimonio etnográfico. Rafael Fernández, uno de los responsables de esta iniciativa vecinal, destacó las aportaciones que el encuentro deja a la asociación para mejorar los trabajos de rehabilitación de los molinos de la zona en la que está inmersa desde hace varios años y por la que ha obtenido reconocimientos de la Xunta, de la Unesco y en la última Expo Universal celebrada en Zaragoza.
Las jornadas, inauguradas por la concejala de Educación, Mercedes Carbajales, contaron con las intervenciones de José López Hermida, Iván Area Carracedo, Begoña Bas López, Xoán Rodríguez Silvar y Fernando Bores. Los voluntarios del Proxecto Esmelle centran en estos momentos sus esfuerzos en la restauración del molino de Lavandeira, y acaban de ampliar su patrimonio al conseguir la cesión por treinta años del de Mougá.