PERDELOTEMPO
<language>ga</language> 
GUANMORTIME
   <description><![CDATA[Boas xente de interne, levo unha semaniña sen dar pau a auga neste blog, debido en parte a que ando traballando de aquí para ala, facendo kilómetros por esos mundos de Dios. Pero hoxe cain nun sitio mais ou menos tranquilo e  podo dedicarvos uns minutos de reflexión. Últimamente o mundo anda un pouquiño loco, que si terremotos, que si tormentas explosivas, que si o Depor non da marcado, cousas que nos dan pe a preocuparnos e pornos serios. Pero hoxe non vou a falar en absoluto de eses temas, inda que me valen de introducción, pois son cousas que o longo da historia vanse repetindo e volvendo a pasar, sempre igual pero sempre distinto, e deso vou falar hoxe, das relecturas.
Hai pelis e libros que son bos ou nos gustaron pero con unha vez basta, en cambio hai certas obras que merecen ou nalguns casos precisan unha relectura, unha segunda volta, para apreciar todos os detalles. Algunhas so son por puro placer mentras que outras e debido a mesma complexidade da obra para dar entendido todos os matices. Cando lees algo por segunda vez o final xa e coñecido, o efecto sorpresa non existe e enton xa non o esperamos, non hai incertidumbre, polo que a nosa atención centrase neutros aspectos, que cando unha obra e boa de verda valen moito a pena, pois disfrutase o dobre. E como levo tempo sin dar a brasa hai vai unha serie de obras que acabei rellendo ou revisionando e o que atopei de novo en elas:
_O Principiño (Antoine de Saint-Exupéry, 1943). Un puto clasico que se lee nunha patada. Pasa un pouco como o Quixote, que todo dios oiu falar del pero que o final poucos leen. Eso a verda e un pouco o que me pasaba a min, pois sendo unha obra en principio para un publico infantil eu non dei chegado a ela ata ben pasados os vinte anos, pero cada vez que lle dou unha volta quedo acojonada con como se pode decir tanto con tan pouco. Un libro moi recomendable e repito, leese nunca patada e trae dibuxiños, que non vos de vergonza leer un libro para nenos.
_O señor dos Aneis (J.R.R. Tolkien  1954-55). Tamen un clasico moi recomendable, pero este si que non se lee dunha patada.  Vos teño falado del no blog e por suposto grazas a peli todo dios a coñece. A verda e que nunca cansa e en breve creo que vou afrontar a terceira volta a esta obra. Postos a ser frikis, polo menos facelo bem.
_Watchmen (Alan Moore/Dave Gibbons 1986-87) Aquí xa nos metemos no terreo comic, e deste tamen fixeron película, o que pasa e que esta formalmente moi ben feita pero non reflexa en absoluto a sensación que che deixa a lectura do libro. A verda e que o estou a releer neste momento e estou tan fascinado con el como a primeira vez. Estame a encantar darme conta de cómo consiguen darlle unha profundidade os persoaxes acojonante, aparte da maneira que consigue darlle veracidade o texto mezclando narradores, creando obras para darlle fondo a historia, informes policiais,etc. Por ejemplo, para contarnos que os heroes actuales tiñeron antes uns predecesores non o din e ounto, tes que ir sacando das conversas e das imaxes. Encantame como vai dando información case sen dala. Nunca din Nixon vai polo tercer mandato e “vai caer probablemente o cuarto”, eso haino que ir sacando de titulares de periodico, imaxes nas tv que hai no fondo e conversas da xente. O dito e unha obra cunha complexidade a altura das grandes novelas. Ah, respecto o de nixon e que a novela publicouse no 86 e a acción esta situada neses anos, en plena guerra fria, ca salvedade de que aquí os EUA gañaron a guerra do Vietnam grazas a unha nova “arma”, polo que todo cambiou, non houbo watergate por exemplo e os coches son electricos, bueno un mundo exactamente igual pero totalmente distinto. Altamente recomendable…
Bueno, tiña pensado seguir ahora cas películas, pero creo que vouno deixar aquí e asi colovos unha segunda parte outro día, que non e bo abusar….
Vemonos nos bares jóvenes…
INVITACION
   <description><![CDATA[Despois dun cambio de pareceres en canto a maneira de contar os dias parece ser que inda non levo un ano traballando asi que continuo na carretera, ganandome a vida e levantando o pais. Pero non vos alarmedes, xa collin un contrato para a semana que ven dun sitio decente que fai festivo local o martes de entroido, un sitio serio... Polo tanto so cabe emplazarvos como cada luns de entroido a pasalo conmigo e Roberto na tremenda festa que se monta en Guimarei (A Estrada). Sí, vai facer frio;sí, esta no medio do monte; pero o final sempre o pasamos de puta madre. A quen xa veu non teño que contarlle nada e a quen inda non se pasou pois so dicir que a primeira e a mellor, por que nin de broma esperas o que vas atopar ali. 
Bueno chavales, dende aqui quedades formalmente invitados...]]></description>
ALQUIMIA E BULSEIROS
   <description><![CDATA[E curioso como as veces acabamos relacionando cousas que en principio non teñen que ver unhas cas outras, asi me pasa a min cos Dire Straits, sempre que escoito o disco en directo "Alchemy" e por ende, calquera das cancións que ali se conten a miña mente voa cara a Terra Media sen remedio, "un anillo para gobernarlos" e toda esa parafernalía... A verda e que esto suceda ten facil explicación,  pois a primeira vez que lein o libro de Tolkien (por certo, bastante antes de que se fixera a pelicula) douseme por facelo co xa mencionado disco de fondo. Bueno, non todo o tempo pero si cando a lectura era pola tarde...
E xa que estamos e fai moito que non escribo vouvos dar leria co tema dos aneis...Si, antes dixen "a primeira vez que o lein", e non falaba en broma, pois tempo despois caeulle unha relectura, esta vez facilmente situable no tempo, pois foi tras a estrea da primeira das pelis. Nesta segunda relectura evidentemente perdin o factor sorpresa, pero sen embargo penso que a disfrutei máis, deixei de lado un pouco a historia principal e funme máis hacia os detalles, cara toda esa mitoloxia que Tolkien levanta da nada para darlle veracidad e forza a Historia... Tamén compre dicir que estaba a traballar cunha nova traducción do texto, esta vez en galego, e teño que dicir que non me disgustou en absoluto, o contrario, penso que se adapta moi ben o tipo de linguaxe que se usa na obra, sobre todo a eses tremendos parrafos cando esta a describir un novo escenario na novela. E máis, se coma min non vos atrevedes ca versión orixinal, recomendovos a traducción galega, idela disfrutar...
Outra cousa que me veu chamando a atención estos dias da versión cinematografica e un pequeno detalle que me fai respetar se cabe un pouco máis a Peter Jackson (quen non pode respetar a alguen que fixo un puto clasico como "Braindead" titulado en español como "Tu madre se a comido a mi perro",[o dos titulos en español comparados co orixinal tamen lle ten telita]), é a cuestión do tabaco. Se lichedes o libro sabedes que esta presente por toda a novela. A cuestión e que ultimamente parece que é un puto crimen fumar nunha pelicula, e máis, sabese quen e o malo porque e o único que fuma. Na pelicula dos aneis podias suprimir toda ou case toda referencia o tabaco e o que ven sendo a pelicula non cambiaria, non seria necesario, so uns poucos frikis o botariamos en falta, pero tiveron o acerto de respetar o autor e a sua forma de contar as cousas...
Bueno, pois eu creo que por hoxe imos servidos, mañan remato o contrato que me vincula o "Jranconcellodefrades", acabase a boa vida (tamen os madrugons), e si teño tempo dedicaremoslle unhas liñas...
Vemonos jovenes!]]></description>
BUSCANDO A FELICIDADE
VIDA SEDENTARIA (I)
MECA, RUA E CINE DOS OITENTA
   <description><![CDATA[Boas jovenes, volvemos despois do lapso de reis a darlle algo de vidilla a esto. Este pasado dia cinco ocurreu algo que me fixo cambiar a maneira de ver as cousas, bueno, o mellor non foi tanto, pero o que si fixo foi deixarme a pensar... Non pensedes que me estou a referir a David Meca, que home estar estivo ben, pero que te me veñas queixando do frio cando te tiras o rio en enero. Estas na Arousa en pleno inverno, non e Xinzo pero tampouco Mallorca. Resulta que o chaval xa o ano pasado fixo unha destas o día cinco e xa tivera daquela problemas de Hipotermia, todo eso nadando no Mediterraneo. Supoño que tera dous dedos de frente para saber que aqui lle iba arrear máis...
Bueno, o conto, estando eu na Rua a eso das tres e dezasete da mañan do xa por aquelas horas día seis {aqui vou facer un inciso, pois a hora exacta non sei cal era, supoño que entre tres menos cuarto e catro, o que pasa e que dando un dato concreto a historia collo un toque máis veraz, máis creible, asi que eran as 3:17}, cando fixo a miña mirada na tv. Estaba sen volume pois coomo e habitual a esa hora soaba rocanrol, pero non era necesario, estaban a botar unha reportaxe sobre Nikole Kidman en Canal +, supoño que co gallo da estrea nesa canle da peli Australia. O caso e que facian unha retrospectiva da carreira da actriz en imaxes. Supoño que debeu de rodar tres ou catro partes de Eyes wide shut porque esceas desa peli nas que sae espida caeron bastantes...Pois foi nesas imaxes cando ocurreu o feito que me descolocou, concretamente foi a sorpresa de vela nunha das suas primeiras pelis en Australia, ala polo 1983 na peli "BMX Bandits".
Este dato o mellor non aporta moito, pero se vos digo que en España se traduceu o titulo como "Los bicivoladores" a cousa cambia, verda? Cal foi a miña sorpresa o comprobar que a chavalita dos bicivoadores era Nicole Kidman!!!,debin de ver esa peli unhas cinco veces e nunca me decatara dese dato. A verda e que me deixou un cacho a pensar, pero a partir de agora respeto moito máis a Nicole, ter participado en tremendo peliculon da para perdoar ata "Dias de trueno".
Bueno, deixovos que teño que ir a baixar de interne "os bicivoadores" e xa de paso "Os goonnies"...]]></description>
I WOULD PREFER NOT TO
   <description><![CDATA[Chove, chove e venta. Un complemento perfecto para unha mañan que foi tranquila, incluso monotona, que me aburrin como unha ostra vamos. Pero hobo un par de incidentes que salvarón un pouco o día, por unha banda atopei un blog que tiña unha traducción o galego de Bartleby o escribinte de Herman Mellville que xa me mantivo media mañan entretido. Un bo relato curto sobre o existencialismo anima a calquera, quedoume o corpo perfecto para meterme O extranxeiro de Camus. Se sodes tan vagos como para non usar a wikipedia decir solo que mellville e o que escribeu Mody Dick e que as duas obras son máis ben pesimistas, poderiase falar largo e tendido delas pero "preferiria no hacerlo".
Por outra banda chegoume o novo calendario oficial do "Jranconcellodefrades", no que figuran os festivos locais e fotos das festas máis importantes do ano, nada fora do normal agas unha celebración que me deixou intrigado, e ca cal me sentin totalmente identificado. O día primeiro de abril celebrase a festa de Santa Resaca, a cal lle teño especial devoción. E máis, animo a todos os concellos de Galiza dende aquí a que apoien esta marabillosa celebración!!!]]></description>
CRONICA DUN TORNEO
   <description><![CDATA[Como xa sabedes este pasado sabado celebrouse en Santa Baia un torneo de poker, e como ben sabedes participei, acadando un creo que meritorio septimo posto. Moi pouca xente en Santa Baia pode decir o mesmo... A verda e que se cumpliron as expectativas, a participación foi grande (cubrironse as 90 prazas), a xente aproveitou a primeira hora con reenganches para tratar de dobrarse, co que se chegaron a uns cincuenta reenganches, polo que a cuantia do premio se elevou. Cada un ten as suas anecdotas do torneo, pero eu so sei as miñas, contovos que tal me foi.
Na primeira hora eu excusei de xogar, so fun a un par de mans, perdinas, reenganchei e entrei na segunda hora de torneo cas fichas iniciais, nin máis nin menos, 2500. Pero a partir de ahi cando xoguei o meu mellor poker, atacando ciegas e xogando con confiaanza. A verda e que fun a poucas mans, non me entraron mans decentes, pero o que me veu aproveiteino ben. No seguinte descanso xa tiña o doble de fichas e dende ahi ata que se parou para xuntar a todos en duas mesas ata me permitin o luxo de chimpar fora a uns cuantos. Foi o meu mellor momento sen dubida, logo ata a mesa final apenas entrei en xogo, non me metin en fregados e cando me quixen dar conta xa so quedabamos nove. O que pasa e que nesa mesa entrei corto de fichas e largo de güisqui, as cegas xa eran unha lousa moi pesada e practicamente so tiña un movemento...a cousa foi rapida, Bartez foi con todo en cp e eu en cg vin con A10 de diamantes,  baixoume A6 e no flop saeu o seis e o dez, vino facil, mais no turn doblouse o seis e xa ala foi o camopeonato, cubriame por pouquiño, e na seguinte man tamen el se foi fora...Estivo ben, pasouse un rato divertido e inda que se alargou non chegou a cousa os extremos dos campionatos de truco.
E para rematar parabens para Diego, o campion do torneo, que mantivo o honor do Bar Luis Poker Team, mais conocido no mundo do poker como Diego "me encanta como juegas".
Vemonos jovenes.]]></description>
ESPECIAL DE NADAL
   <description><![CDATA[Onte nun programa de televisión constataban a diferencia entre os menus da cea de nadal entre familias ricas e familias obreiras(obreiras non pobres que soa mal...). Evidentemente as diferencias eran máis que notables, cunhas diferencias que se facian maiores cando pasabamos a datos puramente economicos, tantos euros por cabeza. O resultado da unhas diferencias enormes, pero si fixeramos a mesma operación nun dia da semana calquera estou por asegurar que as diferencias serian maiores que as destas datas. Bueno, pois todo esto foi unha introducción para ter un motivo para falar das ceas de noiteboa, que asi en seco queda como que moi soso...
En principio son ceas fora do normal, con ese puntiño de exceso que nos gusta os galegos, sempre un plato máis do que fai falla en realidad. Todo aderezado cuns postres tipicos en donde o punto de exceso xa supera limites insospechados. Que si turrón (duro, blando, de chocolate, con avellanas, con pasas,...), que si frutos secos (figos chumbos, noces, avellanas, datiles?, etc.), algo de mazapan, uns polvorons, variedades de bonbons e chocolates (algun con licor of course), e no meu caso sempre algo de queixo do pais con membrillo que lle gusta a meu abuelo... De beber viño, auga e refrescos, o mesmo que un dia normal, pero si lle cadra aumentandolle un pouco no tema calidad, e, imprescindible, o cava (eu nin o toco pero non pode faltar).
A min as ceas de noiteboa caenme ben, para que mentirvos, as ceas caenme ben. O que de verdad me gusta e a reunion ca familia e esas conversas que van por un lado repasando todo o ano (vodas,bautisos,comuniones,decesos,...), que te vas enterando das cousas que pasan no outro lado da familia; pero que por outra banda nunca sabes cara onde van derivar, sempre hai un tema sorpresa que vai a levar gran parte da conversa da cea (algo que este de moda). E esa é a parte bonita, porque ca mezca de viño, cava e azucar a mansaalva os corpos templanse e as discusdions avanzan a bo ritmo entre chanzas, bromas e risas. E algo que me encanta do nadal, falar de temas que non nos abranguen en absoluto como o se fose o máis normal.
Por outra banda, e como xa deberiades saber a comisión de festas de Oeste organiza este sabado 26 un campionato de poker, "el deporte de moda". Entre a tele e internet conseguiron que nos bares escoitar algo como esto sexa normal:
_Perdin con KK contra 74, no me jodas!
_Home claro, vas a pesca, non lle subes nada antes do flop e el e ciega grande, saeulle 568 e xa te ten fodido.
_inda por riba voteille olin, limpome pero ben...
Esta claro que ou moi mal se da a cousa ou gañareino eu, pero non e eso o que me veu a mente, senon unha cousa relaccionada con esto. Non sei se vichedes algunha vez "The west wing", a serie do presidente dos EEUU. Pois se non o fixestes deberiades. Outro dia dedicareime a gabar esta fenomenal producción (encantame, vin un par de veces as sete tempadas!), pero o que saltou a miña mente foi un comentario de josh liman coa sua secretaria sobre o poker. E durante a 5ª tempada, no capitulo que creo que se titula en castelan "Cierre" (shortbus en ingles), no que se fantasea cun caso que se pode dar nos EEUU, que e que non se aproben os presupostos nin unha moción continuista que deixe os anteriores en vigor. Esto en españa non pasaria, pois se non se aproban uns presupostos en prazo automaticamente siguen vixentes os do anterior, no Pais Vasco estiveron tres anos ou asi sen aprovalos... Pois por un berrinche entre o presi e o lider da oposición(con maioria na camara), non aproban nada diso e o governo queda sin presupostos, ergo non ten cartos, polo que todo empleado do goberno non imprescindible vai para acasiña ata novo aviso. E asi, neste clima de tensión josh fai un comentario sobre o poker, referindose a como os xogadores profesionais acabaron co xogo, e algo asi:
Josh: Recordas cando fun a Atlantic city?
Secretaria (Donna): Si, perdeches
J: non me refiro a iso, senon os xoadores profesionais.
D:Xa, cargaronse o xogo (con ironia)
J:Si, xa non hai puros nen copas, eses so van cando teñen unha boa man e xoganso todo, so che dan duas opcións, ou te tiras, ou xe sigues o xogo ata o final...
D:Como e de bo este(polo lider da maioria)
J:O mellor o que nos enfrentamos ata agora
D:Que crees que fara o Presidente
J:Seguir ata o final
Pois eso, esa xente cargouse o xogo, asi que eu, en  nome de todos eses xogadores a antiga usanza penso pasar o torneo enteiro (o que dure para min) cun bo puro na boca, enchendo de fume a mesa na que xogue, e si dios quere, e corpo da, tamen lle a de caer un bo copazo...
E ata aqui o programa especial de nadal, vemonos nos bares e BO NADAL PARA TODOS!!!!