PERDELOTEMPO


UN PASEO POLOS MEUS ADENTROS SEN MAIS PRETENSION QUE PERDELOTEMPO
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 O QUE ALGO BUSCA
 
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TOUR QUENTE
Sucede que este pasado finde celebrouse en Caldas o Cultura Quente e claro, a xente quentouse, alguns máis que outros, acabando nun clasico mañaneo. Pero hoxe non vou falar de eso, para falar de eso xa estan as vellas… Resulta que onte atacou Contador cando a Andy se lle desmontou a cadea. Foi unha acción un tanto rara pois Andy acababa de saltar do grupo e Contador quedara un pouco cerrado e viña dende atrás, inda que tiña a Vino para facer de puente. O caso e que o estaba a coller e xusto saeselle a cade e el sigue e colle uns segundiños (el e Menchov e Samu), que o final foron case 40 en meta polo que se puxo lider. O conto e que logo declarou que non se percatara do que pasara ca cadea, que son problemas mecánicos, etc. E x atemos polémica, pero que se lle vai facer. Eu vendo as imaxes penso que si que veu claramente como se lle ia a cadea e atacou máis a muerte, pero creo que esta ben, eso e ciclismo e punto. Non so e estar en forma, tamén hai que ter sorte cas caidas e os pinchazos, veñenseme mil ejemplos a cabeza… O que pasa e que todos temos en mente os tours de amstrong nos que era pecado atacar ou os de Indurain que iba moi sobrado e nunca se preocupou de gañar etapas e sempre as regalaba. Estes tours son un punto máis tolos e sobre todo máis cabróns, máis clasicos. Antes atacabase nos avituallamentos, cando se paraba a mexar, etc. Lemond nos primeiros tours de Indurain xa o tentaba na primeira etaba llana, eso e ciclismo ostia!! Apretando os juevos!!
Que dice la gente? (0) - Categoría: Cousas miñas - Dixoo Demilio 20-07-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OE, OE, OE!
Non por moito madrugar se acostumbra un. Eso e o que me pasa a min últimamente. Levo unha semana e pico tratando de coller ritmo e non hai manera chico! As cousas son así, e si inda por enriza a selección se lle da por ganar un mundial a ver quen é o listote que se vai cedo para a cama estos días… A verda e que ganar un mundial deixalle a un a sensación de que xa se pode morrer tranquilo, como si xa plantaramos un arbol e todo eso, unha cousa curiosa pois a miña aportación o xogo da selección (como a de tantos outros), basouse prácticamente en beber ingentes cantidades de cerveza…
E o que ten, solemos complicar moito as cousas cando en realidade suelen ser do máis facil. Por exmplo, o tema de volar. Danselle moitas voltas a este tema, que si ingenieria aeronautica, que si diseño, calcular corrientes de aire,etc. Non e tan complicado, xa o di na “Guía do autostopista galáctico”, volar e tirarse contra o chan e fallar. Pois o de gañar un mundial e algo parecido, andamos co de si doble pibote, alimentación controlada, que si psicología deportiva,que si tal que si cual, etc. Nada de eso, ti chegate a Sudáfrica e pon a 11 tipos que sepan xogar o futbol, remexelo ben con 12 suplentes a mayores (tamen que sepan xogar a ser posible) e deixalo macerar ben durante un mesiño…
Que dice la gente? (0) - Categoría: Birras cubalibres e o sentido da vida - Dixoo Demilio 13-07-2010 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
RESUCITANDO
Retomo a vida laboral, e retomo de paso a vida virtual. Para levar un blog actualizado fai falla tempo, pero non un tempo calquera. Ten que ser un que non teñas oportunidade de gastar noutra cousa calquera tipo durmir, ir o bar ou xogar en pokeRstars... Si señores, estoume a referir a clase de tempo que che ofrece o sergas cando che manda a dar nuMeros o medio do monte...
Pois aqui estou eu, a unha hora da casa, a unha hora da praia, a des minutos de curtis...A volta os madrugons despois de levar unha rutina basada na certeza de levantarse pasadas as 12 e certamente dura, non de inmediato, por que mentras dura o efecto ducha a cousa vai rodada, pero cando xa levo aqui media mañan e cando empezo a notar os ollos a caerse. Esto require momento café...
Bueno, o pasado sabado celebramos o que vai camiño de convertirse nunha tradición, o cumpleanos de Rober, Rusito e Eloi. A cousa fixose como dios manda:desayunocomidaycena. Cada vez somos máis e esta vez a paella case se quedou corta (David ten moita man co salsafran...) A festa discurreu polos camiños previstos con culmen na festa en Vilar, pero eu quedome cas leccions aprendidas polo camiño, e de esas leccions este gran consello: "Non abras as cervezas ca chave do coche que se acaba desincronizando"
Sabiduria popular amigos...Vou estar un par de semans por estes lares e xa vos contarei máis cousas, como por exemplo: ¿que facer con 50€ e unha tarxeta do DIA?

Vemonos jovenes
Que dice la gente? (2) - Categoría: Cousas miñas - Dixoo Demilio 01-07-2010 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GUANMORTIME
Boas xente de interne, levo unha semaniña sen dar pau a auga neste blog, debido en parte a que ando traballando de aquí para ala, facendo kilómetros por esos mundos de Dios. Pero hoxe cain nun sitio mais ou menos tranquilo e podo dedicarvos uns minutos de reflexión. Últimamente o mundo anda un pouquiño loco, que si terremotos, que si tormentas explosivas, que si o Depor non da marcado, cousas que nos dan pe a preocuparnos e pornos serios. Pero hoxe non vou a falar en absoluto de eses temas, inda que me valen de introducción, pois son cousas que o longo da historia vanse repetindo e volvendo a pasar, sempre igual pero sempre distinto, e deso vou falar hoxe, das relecturas.
Hai pelis e libros que son bos ou nos gustaron pero con unha vez basta, en cambio hai certas obras que merecen ou nalguns casos precisan unha relectura, unha segunda volta, para apreciar todos os detalles. Algunhas so son por puro placer mentras que outras e debido a mesma complexidade da obra para dar entendido todos os matices. Cando lees algo por segunda vez o final xa e coñecido, o efecto sorpresa non existe e enton xa non o esperamos, non hai incertidumbre, polo que a nosa atención centrase neutros aspectos, que cando unha obra e boa de verda valen moito a pena, pois disfrutase o dobre. E como levo tempo sin dar a brasa hai vai unha serie de obras que acabei rellendo ou revisionando e o que atopei de novo en elas:


_O Principiño (Antoine de Saint-Exupéry, 1943). Un puto clasico que se lee nunha patada. Pasa un pouco como o Quixote, que todo dios oiu falar del pero que o final poucos leen. Eso a verda e un pouco o que me pasaba a min, pois sendo unha obra en principio para un publico infantil eu non dei chegado a ela ata ben pasados os vinte anos, pero cada vez que lle dou unha volta quedo acojonada con como se pode decir tanto con tan pouco. Un libro moi recomendable e repito, leese nunca patada e trae dibuxiños, que non vos de vergonza leer un libro para nenos.

_O señor dos Aneis (J.R.R. Tolkien 1954-55). Tamen un clasico moi recomendable, pero este si que non se lee dunha patada. Vos teño falado del no blog e por suposto grazas a peli todo dios a coñece. A verda e que nunca cansa e en breve creo que vou afrontar a terceira volta a esta obra. Postos a ser frikis, polo menos facelo bem.

_Watchmen (Alan Moore/Dave Gibbons 1986-87) Aquí xa nos metemos no terreo comic, e deste tamen fixeron película, o que pasa e que esta formalmente moi ben feita pero non reflexa en absoluto a sensación que che deixa a lectura do libro. A verda e que o estou a releer neste momento e estou tan fascinado con el como a primeira vez. Estame a encantar darme conta de cómo consiguen darlle unha profundidade os persoaxes acojonante, aparte da maneira que consigue darlle veracidade o texto mezclando narradores, creando obras para darlle fondo a historia, informes policiais,etc. Por ejemplo, para contarnos que os heroes actuales tiñeron antes uns predecesores non o din e ounto, tes que ir sacando das conversas e das imaxes. Encantame como vai dando información case sen dala. Nunca din Nixon vai polo tercer mandato e “vai caer probablemente o cuarto”, eso haino que ir sacando de titulares de periodico, imaxes nas tv que hai no fondo e conversas da xente. O dito e unha obra cunha complexidade a altura das grandes novelas. Ah, respecto o de nixon e que a novela publicouse no 86 e a acción esta situada neses anos, en plena guerra fria, ca salvedade de que aquí os EUA gañaron a guerra do Vietnam grazas a unha nova “arma”, polo que todo cambiou, non houbo watergate por exemplo e os coches son electricos, bueno un mundo exactamente igual pero totalmente distinto. Altamente recomendable…


Bueno, tiña pensado seguir ahora cas películas, pero creo que vouno deixar aquí e asi colovos unha segunda parte outro día, que non e bo abusar….

Vemonos nos bares jóvenes…
Que dice la gente? (2) - Categoría: Cousas miñas - Dixoo Demilio 01-03-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
INVITACION
Despois dun cambio de pareceres en canto a maneira de contar os dias parece ser que inda non levo un ano traballando asi que continuo na carretera, ganandome a vida e levantando o pais. Pero non vos alarmedes, xa collin un contrato para a semana que ven dun sitio decente que fai festivo local o martes de entroido, un sitio serio... Polo tanto so cabe emplazarvos como cada luns de entroido a pasalo conmigo e Roberto na tremenda festa que se monta en Guimarei (A Estrada). Sí, vai facer frio;sí, esta no medio do monte; pero o final sempre o pasamos de puta madre. A quen xa veu non teño que contarlle nada e a quen inda non se pasou pois so dicir que a primeira e a mellor, por que nin de broma esperas o que vas atopar ali.
Bueno chavales, dende aqui quedades formalmente invitados...
Que dice la gente? (0) - Categoría: Musica,concertos e festas en xeral - Dixoo Demilio 11-02-2010 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ALQUIMIA E BULSEIROS
E curioso como as veces acabamos relacionando cousas que en principio non teñen que ver unhas cas outras, asi me pasa a min cos Dire Straits, sempre que escoito o disco en directo "Alchemy" e por ende, calquera das cancións que ali se conten a miña mente voa cara a Terra Media sen remedio, "un anillo para gobernarlos" e toda esa parafernalía... A verda e que esto suceda ten facil explicación, pois a primeira vez que lein o libro de Tolkien (por certo, bastante antes de que se fixera a pelicula) douseme por facelo co xa mencionado disco de fondo. Bueno, non todo o tempo pero si cando a lectura era pola tarde...
E xa que estamos e fai moito que non escribo vouvos dar leria co tema dos aneis...Si, antes dixen "a primeira vez que o lein", e non falaba en broma, pois tempo despois caeulle unha relectura, esta vez facilmente situable no tempo, pois foi tras a estrea da primeira das pelis. Nesta segunda relectura evidentemente perdin o factor sorpresa, pero sen embargo penso que a disfrutei máis, deixei de lado un pouco a historia principal e funme máis hacia os detalles, cara toda esa mitoloxia que Tolkien levanta da nada para darlle veracidad e forza a Historia... Tamén compre dicir que estaba a traballar cunha nova traducción do texto, esta vez en galego, e teño que dicir que non me disgustou en absoluto, o contrario, penso que se adapta moi ben o tipo de linguaxe que se usa na obra, sobre todo a eses tremendos parrafos cando esta a describir un novo escenario na novela. E máis, se coma min non vos atrevedes ca versión orixinal, recomendovos a traducción galega, idela disfrutar...
Outra cousa que me veu chamando a atención estos dias da versión cinematografica e un pequeno detalle que me fai respetar se cabe un pouco máis a Peter Jackson (quen non pode respetar a alguen que fixo un puto clasico como "Braindead" titulado en español como "Tu madre se a comido a mi perro",[o dos titulos en español comparados co orixinal tamen lle ten telita]), é a cuestión do tabaco. Se lichedes o libro sabedes que esta presente por toda a novela. A cuestión e que ultimamente parece que é un puto crimen fumar nunha pelicula, e máis, sabese quen e o malo porque e o único que fuma. Na pelicula dos aneis podias suprimir toda ou case toda referencia o tabaco e o que ven sendo a pelicula non cambiaria, non seria necesario, so uns poucos frikis o botariamos en falta, pero tiveron o acerto de respetar o autor e a sua forma de contar as cousas...
Bueno, pois eu creo que por hoxe imos servidos, mañan remato o contrato que me vincula o "Jranconcellodefrades", acabase a boa vida (tamen os madrugons), e si teño tempo dedicaremoslle unhas liñas...
Vemonos jovenes!
Que dice la gente? (2) - Categoría: Cousas miñas - Dixoo Demilio 09-02-2010 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342 4815162342
Que dice la gente? (2) - Categoría: Peliculas e cousas de ver na TV - Dixoo Demilio 03-02-2010 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
BUSCANDO A FELICIDADE
Dende hai unhas semanas as mañas aqui no "Jrancocellodefrades" pasaban distintas o habitual,atopabame raro, faltabame algo, notabame como vacio... Asi que puxenme a buscar a perdida felicidade e gracias o denostado capitalismo e a seu sistema de consumismo atopeina polo modico precio de dezasete con trinta e cinco. Si amigos, teño cafetera nova e xa volvo a ter café quentiño cada mañan, que pouco costa facerme feliz...
Que dice la gente? (6) - Categoría: Cousas miñas - Dixoo Demilio 20-01-2010 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VIDA SEDENTARIA (I)
Non se lembraba de todo o que pasara na noite anterior, máis tiña a sensación de que o pasara ben, buscaba e buscaba na sua cabeza pero non atopaba o momento exacto en que chegara a casa, nin con quen, nin en que...Detalles, detalles sen moita importancia. Sacou a man de debaixo da manta e alcanzou a carteira, comprobou o efectivo e nun esforzo mental fixo contas para saber o que gastara, non se lembraba ben como pero marcharan uns cuantos dolares europeos, que máis daba, pasarao ben. Non recordaba a cantidade pero si recordaba con precisión a marca "Ballantines", e mais na sua mente rondaba unha frase "un balantainscola juapisisma" que coincideu ca primeira arcada da mañan, peaxe habitual das noites longas. Mirou para o despertador enriba da mesa, "12:57", pensou para si "A unha,hoxe paso de madrugar..." Dou volta cara o outro lado, puxose en posición fetal e pechou os ollos debaixo das mantas. Inda era cedo e a oscuridade volveu a sua mente...
Que dice la gente? (2) - Categoría: Historias - Dixoo Demilio 19-01-2010 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MECA, RUA E CINE DOS OITENTA
Boas jovenes, volvemos despois do lapso de reis a darlle algo de vidilla a esto. Este pasado dia cinco ocurreu algo que me fixo cambiar a maneira de ver as cousas, bueno, o mellor non foi tanto, pero o que si fixo foi deixarme a pensar... Non pensedes que me estou a referir a David Meca, que home estar estivo ben, pero que te me veñas queixando do frio cando te tiras o rio en enero. Estas na Arousa en pleno inverno, non e Xinzo pero tampouco Mallorca. Resulta que o chaval xa o ano pasado fixo unha destas o día cinco e xa tivera daquela problemas de Hipotermia, todo eso nadando no Mediterraneo. Supoño que tera dous dedos de frente para saber que aqui lle iba arrear máis...
Bueno, o conto, estando eu na Rua a eso das tres e dezasete da mañan do xa por aquelas horas día seis {aqui vou facer un inciso, pois a hora exacta non sei cal era, supoño que entre tres menos cuarto e catro, o que pasa e que dando un dato concreto a historia collo un toque máis veraz, máis creible, asi que eran as 3:17}, cando fixo a miña mirada na tv. Estaba sen volume pois coomo e habitual a esa hora soaba rocanrol, pero non era necesario, estaban a botar unha reportaxe sobre Nikole Kidman en Canal +, supoño que co gallo da estrea nesa canle da peli Australia. O caso e que facian unha retrospectiva da carreira da actriz en imaxes. Supoño que debeu de rodar tres ou catro partes de Eyes wide shut porque esceas desa peli nas que sae espida caeron bastantes...Pois foi nesas imaxes cando ocurreu o feito que me descolocou, concretamente foi a sorpresa de vela nunha das suas primeiras pelis en Australia, ala polo 1983 na peli "BMX Bandits".
Este dato o mellor non aporta moito, pero se vos digo que en España se traduceu o titulo como "Los bicivoladores" a cousa cambia, verda? Cal foi a miña sorpresa o comprobar que a chavalita dos bicivoadores era Nicole Kidman!!!,debin de ver esa peli unhas cinco veces e nunca me decatara dese dato. A verda e que me deixou un cacho a pensar, pero a partir de agora respeto moito máis a Nicole, ter participado en tremendo peliculon da para perdoar ata "Dias de trueno".
Bueno, deixovos que teño que ir a baixar de interne "os bicivoadores" e xa de paso "Os goonnies"...
Que dice la gente? (1) - Categoría: Birras cubalibres e o sentido da vida - Dixoo Demilio 07-01-2010 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
Demilio`s blog