PequenEuropa é o punto de encontro dos Europeístas que pretenden agrandar o proxecto europeo dende as pequena realidades. Galiza non se podía quedar atrás, e por iso nace PequenEuropa: para ofrecer o froito da nosa reflexión. Dende Galiza.
{PEQUENEUROPA non se identifica necesariamente coas opinións dos
seus colaboradores}
Hai que sostén que as guerras modernas se desenvolven por outros medios; os deportes, a competición entre empresas con forte identidade nacional, o control dos organismos internacionais,etc. Que os tipos de xuro,ou o cambio das moedas, poden ser un arma de destrución masiva. E que os bancos con identidades fortes de estado poden ser máis efectivos que a infantería.
Cando chegou o momento de apoiar o sector financeiro países como Holanda ou Gran Bretaña non dubidaron en outorgar axudas directas á banca. Por esa mesma razón o ano pasado Bruxelas someteu a avaliación aos bancos necesitados de axudas, para comprobar a viabilidade dos plans de reestruturación. A verificación que tivo lugar en outubro de 2009, fíxose cunha perspectiva ampla do sector sen entrar en bancos de países individuais e aparentemente probou que o sector podía resistir crises como a acontecida en 2008-2009.
Na recente cimeira europea de xuño, os países da Unión Europea decidiron apoiar unha proposta do presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, para publicar os resultados dos informes sobre os bancos na segunda quincena de xullo, coa finalidade de estimular a confianza dos investidores no sector financeiro. España ten pouco que perder coa publicación de datos bancarios, en vista do bloqueo do mercado financiero interno, e está nestes momentos en plena reestruturación das Caixas.
Pola contra Alermania non parece tan favorable a facer públicos estes resultados, e mesmo Josef Ackermann, o manda mais do Deutsche Bank, avisou a semana pasada de que sería moi perigoso facer públicos os resultados dos bancos de forma individual pois podería levar a unha reacción en cadea e á caída dos prestamistas máis débiles. Non estamos seguros de a quen se refire o Sr. Ackerman co termo prestamistas débiles, nin ao seu número, pois nos informes do mes de xullo non aparecerán as caixas por poñer un exemplo, que son as que maiores dificultades están a pasar en España.
A pesares dos medos xermanos, estes resultados achegarán datos sobre a solvencia pero dificilmente dilucidan o grao de saúde dos bancos. Nalgúns escenarios moitos bancos europeos poderían roldar a bancarrota e ninguén o vai facer publico porque sería pior o remedio que a enfermidade.Amais diso, os ensaios non incluíron escenarios realistas, como por exemplo, unha caída considerable nos prezos dos inmobles nalgúns países europeos. Algo que non é descartable en España se o mercado non é quen de absorber a nova vivenda en realización ou construída. Por outro lado parece ser que as probas non incluíron a considerable perda de valor dos valores inmobiliarios que actualmente posúen os bancos. Santander e BBVA, semellan ou cando menos fan os esforzos necesarios para aparentar ben capitalizados, pero dende Europa sempre son quen de levantar novas dubidas sobre un sistema contable que poida enmascarar débedas en provenencia do sector da construción. O problema español, parece ser as caixas que non forman parte do test europeo (de momento) e están sendo mantidas a flote polo banco central europeo con prestamos por valor do 20% dos seus balances contables segundo o Daily Telegraph.
O outro gran problema español son os traidores ideolóxicos, persoeiros incrustados nos medios de comunicación internacionais que con forte carga ideolóxica, fan fincapé nun suposto descrédito e ridículo do executivo estatal.
Funcionarios da UE anunciaron hai uns días, que o número de bancos que estarían suxeitos a unha proba de esforzo será ampliada a partir dos 22 grandes bancos que participaron o ano pasado, para incluír unha nova fornada de 60-120 bancos. Tal vez isto dea lugar a incluír ás Caixas españolas xa saneadas. Segundo eles, só hai que mirar para o importe de liquidez que o BCE está a dar os bancos para saber que grandes áreas do sector bancario europeo está en risco de insolvencia.
Os bancos que teñen perdas agochadas nos últimos dous anos e poden empezar a descubrilas en breve dado que países como Grecia deben refinanciar a súa débeda a corto prazo, e se as cousas non saen ben haberá reaccións en cadea nos mercados.
De portas afora o FMI e o BCE fixeron ademán de presionar os bancos para divulgar as súas perdas desde o inicio da crise. E lonxe do que se poida pensar os bancos alemáns son dos máis expostos aos malos empréstitos de acordo cun estudo publicado por PricewaterhouseCoopers. Segundo estes datos nas contas dos bancos alemáns hai 213billons de créditos dubidosos, un incremento do 50% respecto do 2008 en vésperas de facer públicos os resultados dos test.
Pola contra no Reino Unido os bancos poderán agochar os resultados destes test de estres detrás da seguridade dunha lei que require o seu consentimento.O supervisor bancario do Reino Unido non pode revelar información confidencial sen o consentimento da persoa de quen o regulador obtén a información segundo marca o Financial Services and Markets Act. Sospeitoso que os dous países de onde agroman rumores especulativos pretendan ser agora os máis secretivos…
En plena controversia sobre a reforma laboral, a UE non ten claro como obter o equilibrio entre as políticas do mercado único e a harmonización dos mercados laborais, mentras prepara unha nova normativa que debe estar lista en 2011. Como case sempre, as realidades e os intereses de tódolos membros da UE son diverxentes, e nesas diferencias aparecen as ocasións para os oportunistas.
O tribunal europeo de xustiza, moitas veces valedor dos sincronismos e da harmonía entre os moitos estados da unión, desta vez, non contribuíu a solventar as diferenzas senón que fomentou o debate e a discusión. A polémica comeza cando en 2007 e 2008, o tribunal en base a liberdade de mercado no espazo da Unión -no contexto da Directiva sobre o desprazamento de traballadores efectuado no marco da prestación de servizos (Directiva 96/71/EC)- emitiu unha sentenza sobre o “caso Viking” na cal os sindicatos non podían acceder ó dereito a folga contra as compañias que efectuaban deslocalizacións dun estado membro a outro, debido ás diferenzas salariais. Mentres noutro caso, o “caso Laval”, suxería que os sindicatos non podían forzar ás compañías foráneas a obrigarse segundo os convenios salariais locais. Constitúe por tanto unha excepción á “Convención sobre a lei aplicable ás obrigas contractuais de 1980”, que normalmente require que os traballadores estean protexidos pola lei do país no que traballan.
O gran debate é unha vez máis, saber se a UE é un clube económico que se pon ao lado do beneficio das compañías facilitándolles o mellor contexto para obter beneficios, o que así parece, ou clube político que garante un mínimo de protección social en tódolos recantos do espazo europeo, sen producir desagravios e dumping social. Ate o momento, percíbese pouca afinidade entre os intereses ca Comisión Europea, e os representantes dos traballadores.
Na base subxacen os contrastes moi importantes de Estado a Estado. Non se trata de que todos teñamos os mesmos salarios nos catro puntos cardinais de Europa a curto prazo, nin o mesma seguridade social, o que por outra banda sería ideal se o grao de protección é cualitativamente positivo. Ben entendemos que os salarios, os niveis de protección, e os graos de competivividade das diferentes economías, depende de factores históricos, culturais e naturais, e que ate o momento non foron tratados de forma honesta para atenuar esas diferenzas, nin polos estados membros nin pola Comisión Europea. Mais ben todo o contrario, elimináronse as barreiras e fiscais para atraer investimentos, e de forma distinta en cada estado membro, sen crear harmonía fiscal. Non obstante non é de recibo deslocalizar exclusivamente por razóns de custes salariais, nin levar os teus traballadores a outro país con custes locais para ser competitivo. O mercado único debe vir acompañada de un mínimo de uniformidade no tocante á protección social e laboral, porque senón só serve de apoio ao racismo e aos listos de quenda que se aproveitan das regras. Sen contribuír ao fortalecemento do proxecto continental.
A Comisión, e as institucións comunitarias seguen aínda máis próximas das grandes corporacións empresariais, que das economías febles de Europa e dos seus traballadores, parecen insistir en propoñer normativas máis próximas aos desexos de BusinessEurope (un lobby empresarial europeo), que en atender ás demandas dos sindicatos que acusan á Comisión de promover dumping social atacando os dereitos sociais. E ese non é o camiño para combinar ambas solucións, a social e a económica. A Comisión antes de que o Tribunal Europeo de xustiza emita novas sentencias que creen precedentes xurídicos, insiste en saír adiante cunha nova directiva que mellore a interpretación da lei Europea no mesmo sentido que ate agora.
En definitiva, o que queda claro é que dereito das empresas a moverse libremente no mercado interior da comunidade parece estar por enriba do dereito á folga, permitindo abusos tales como, compañías que non teñen actividade no país de orixe, pero aproveitan as condicións favorables no seu país natal para extrapolalas ás actividades que realiza noutro estado, o uso de cadeas de subcontratación onde non se coñecen responsables nin normas aplicables, etc. Para solucionar estes problemas disque se agarda unha nova proposta en 2011, que poida mellorar a “economía social de mercado”, que é un dos obxectivos do tratado de Lisboa. Non embargantes parece máis doado dar con solucións favorables para o mercado, que para a protección social.
Nestes últimos tempos a crise económica que levamos padecendo dende finais do 2008, exacerbada polos problemas financeiros da economía grega, está levando ó primeiro plano informativo ás axencias de cualificación ou de nota de crédito (máis coñecidas como axencias de rating).
A constatación da gravidade dos problemas en Grecia veu dada pola rebaixa da cualificación que as compañías crediticias fixeron da súa débeda pública, o que asustou ós investidores e case leva á creba ó país heleno.
Cómpre lembrar que as axencias de rating son empresas que avalían a capacidade dun emisor (de débeda, bonos ou outros produtos financeiros) de responder da devolución dos mesmos. Poden cualificar a outras empresas privadas (tales como os bancos cando emiten produtos de renda fixa privada) ou a entes públicos. Este último é o caso que máis aparece nos medios, sobre todo cando se avalía a solvencia dun Estado que emite débeda para financiarse. En teoría son organismos que pretenden ser obxectivos, independentes e transparentes na información que dan ós mercados.
Actualmente existen 3 firmas de rating cunha posición preponderante: a británica Ficht e as norteamericanas Moody´s e Standard & Poor´s. Ámbalas 3 ofrecen unha escala de cualificacións que van, no caso de Standard & Poor´s, da famosa AAA para aqueles organismos cunha gran solvencia e que contan coa máxima confianza dos investidores, ata a D, que implica incapacidade de afrontalos pagos a curto prazo (payment default).
Unha das críticas que se lle fan a estas compañías é que son empresas privadas que teñen como clientes ós propios organismos que analizan, de forma que estes poden optar por non publicalas notas se non lles conveñen.
Con todo, a pregunta que todos nos facemos é: Quen controla ás axencias? Dende que lles outorgaron a máxima nota a Lehman Brothers (entidade financeira que non tardou moito en caer), así como a Enron ou a Parmalat, casos que se caracterizaron pola súa mala xestión, a súa credibilidade está en cuestión.
Hai unha característica que comparten as 3 firmas antes citadas que as fai sospeitosas: que son anglosaxonas. O que podía ser un feito puntual pode entenderse como unha arma máis ó servizo do centro do sistema capitalista (EEUU, Reino Unido). En moitos casos as rebaixas de cualificación afectaron ós chanzos máis febles do sistema, como ocorre agora con Grecia, e ameazan con selo Portugal, Irlanda e España. Aínda que no país heleno é razoable unha rebaixa da cualificación (xa está no BB+), habería que agardar para comprobar se actúan coa mesma dilixencia nos casos británico e estado-unidense, ámbolos 2 con taxas similares de déficit (en torno ó 12 % do PIB a finais do 2009) e de débeda pública.
No fondo da cuestión están os ataques especulativos contra o euro, que comezaron por Grecia e axiña se estenderán contra o resto da periferia da Eurozona, contando para iso coa valiosa axuda das axencias, que non só sementan dúbidas sobre a solvencia dos países obxecto dos desexos de poderosos investidores (moitas veces con escaso fundamento) senón que atacan directamente á estabilidade e ó prestixio do euro como moeda de referencia.
Neste senso, ante a carencia dun organismo que faga avaliacións “dende dentro do sistema euro” a Unión Europea está cavilando na posibilidade de dotarse dunha axencia de rating propia. Probablemente pretende contrarrestar a existencia das outras empresas de cualificación radicadas no entorno do dólar.
Como conclusión habería que preguntarse se en vez de utilizar ás axencias como arma de destrución financeira masiva ó servizo de especuladores sen escrúpulos, non sería mellor que as autoridades mundiais se centraran en depuralas e en velar pola integridade e transparencia dos seus ditames, que en teoría deberían ser imparciais.
O 6 de maio celebraranse eleccións no Reino Unido. Aínda que David Cameron, o líder dos conservadores, parte con vantaxe de 7 a 11 puntos segundo as enquisas, sobre o primeiro ministro laborista Gordon Brown, non todo está claro. Dende fai case cen anos, a hexemonía de conservadores e laboristas tiña esclarecido o panorama político británico de tal xeito que o bipartidismo británico foi clasificado como o estereotipo ideal de democracia estable, entre outros por políticos tan coñecidos como Manuel Fraga.
O particular desta convocatoria é que se achega o momento en que retoma forza e irrompe no escenario o partido dos Liberal Demócratas, un partido político demócrataliberal, que é o terceiro en representación no parlamento de Westmindster, con 63 membros. Este partido foi fundado en 1988 como fusión do Partido Social Demócrata e o Partido Liberal, aínda que xa tiñan unha alianza electoral dende 1983, actuando como coalición e non como partido. O seu líder actual é Nick Clegg, que foi nomeado despois da dimisión de anterior líder Charles Kennedy en 2006.
A aparición de Nick Clegg -un home novo estereotipo de británico anglosaxón triunfador- nestas eleccións, está descolocando aos conservadores que xogaban a baza da xuventude fronte ao primeiro ministro Gardon Brown, desgastado polas improvisacións na crise, as herdanzas da etapa de Blair, e as incoherencias das intervencións en Iraq e en Afganistán onde o Reino Unido sufriu moitas baixas.
David Cameron xa non parece tan xoven, e os laboristas de Gordon Brown incorporaron a os liberal demócratas na súa estratexia electoral facéndolle as beiras á idea de unha coalición para continuar no goberno. E en cada debate hai alusións e louvanzas ás propostas dos liberaldemócratas.
A primeira semana de campaña, logo do debate entre os tres líderes, deixou unha intención de voto que quedaría en un 29-33% para os laboristas, 35-39% para os conservadores e os liberal demócratas entre o 16-21%. Estas son unhas eleccións complexas porque ningún dos partidos acada a maioría e é altamente probable que se formen coalicións, factor que poría a Nick Glegg no centro de atención. Despois dunha longa etapa de goberno laborista, os conservadores non foron quen de aglutinar o voto do cambio.
Unha das razóns polas que os conservadores non teñen máis éxito é que tanto conservadores como laboristas son percibidos como pouco claros á hora de explicar as súas políticas e non aportan exemplos convincentes, por exemplo, de como se pensa reducir o gasto público, tal e como se desprende dunha enquisa do Sunday Mirror/Independent, onde o 63% concorda con esta opinión de falta de transparencia.
Noutra enquisa previa ao debate do xoves 15 para ComRes/ITV News/Independent, preguntóuselle ao público cal dos tres líderes se esperaba que gañase o debate. O 42% dicía que David Cameron, o 22% Gordon Brown, e o 10% Nick Clegg. A sorpresa saltou cando o último pescando en mar revolto no debate televisado, propuxo unha nova “terceira vía”, que consiste en escapar da monotonía recorrente dos dous vellos partidos que gobernaron ata agora. E obviamente gañou o debate, o que lle dará máis impulso aos liberaldemócratas en detrimento dos dous partidos maioritarios. Estas expectativas acentúan a presión sobre David Cameron, do que se agarda moito máis e non parece ser capaz de ilusionar. Se os conservadores non gañan por maioría, e os laboristas permanecen no poder co apoio dos liberaldemócratas, é altamente posible que se vexa atacado dentro do partido e que teña que facer fronte ás demandas de dimisión.
Non embargantes non hai que esquecer que o nome de Nick Glegg aparecerá tan só nas papeletas do distrito onde se presenta e 60000 persoas de 46 millons poderán votar por el. É tamén a confianza no partido, e non só na persoa, a que debe prevalecer noutros distritos para que os liberaraldemócratas teñan maior representación e poidan ser alternativa e condicionar o novo goberno.
Aos laboristas só lles queda defenderse e agardar o que o futuro lles depara, tentando non perder moito terreo, porque estas son unhas eleccións moi incertas e calquera factor inesperado nos derradeiros días pode alterar o resultado final das eleccións. Agardemos para ver se finalmente temos bipartito, nas illas.
Estudo do Eurobarómetro sobre a prática de exercício físico na União Europeia prova que, na Europa dos 27, corre-se a várias velocidades.
Um estudo estatístico do Eurobarómetro da Comissão Europeia sobre a actividade física dos europeus, demonstra que a prática de exercício físico varia muito consoante o país, as diferentes zonas do continente e o nível socioeconómico dos indivíduos.
Se em média, 40% dos europeus fazem desporto pelo menos uma vez por semana e 65% desenvolvem uma actividade física, 39% dos cidadãos da UE parecem atreitos ao desporto. Os irlandeses são quem mais desporto pratica (23% exercem desenvolvem práticas desportivas pelo menos 5 vezes na semana) e os nórdicos são os mais regulares (pelo menos uma vez por semana). No outro lado da tabela da regularidade encontram-se, com apenas 3% de praticantes regulares, os búlgaros, os gregos e os italianos. 67% dos gregos não praticam, aliás, nenhum desporto. Seguem-se os búlgaros (58%), os portugueses e os italianos (55%). Estes valores baixam para os 6% no caso dos suecos e para os 7% no caso da Finlândia.
Os homens europeus são desportivamente mais activos (42%) do que as mulheres europeias (37%), sobretudo no intervalo de idades entre os 15 e os 24 anos (19% de homens, contra apenas 8% de mulheres). No cômputo geral, as mulheres praticam desporto com maior regularidade do que os homens. É também ponto assente que a prática desportiva decresce com o envelhecimento dos cidadãos da UE.
Existe igualmente uma relação estatisticamente representativa entre a prática de desporto e a origem socioeconómica da população, uma vez que os inquiridos que abandonaram mais cedo o sistema de ensino praticam menos desporto do que aqueles que continuaram até mais tarde os seus estudos. Os 64% dos inquiridos que abandonaram os estudos aos 15 anos não praticam qualquer actividade física. Essa percentagem baixa até aos 24 % no caso daqueles que estudaram até pelo menos aos 20 anos de idade. Os indivíduos com dificuldades económicas têm igualmente tendência a evitar a prática desportiva (56%), contra os 35% de indivíduos com uma situação económica estável.
Se considerarmos a marcha, os passeios de bicicleta, a dança e a jardinagem, a percentagem de indivíduos desenvolvendo uma actividade física aumenta claramente. Tendo em conta todas estas actividades, 65% dos europeus são fisicamente activos. Nesta categoria, encontram-se mais uma vez no topo dos mais activos os nórdicos, com os dinamarqueses (85%) e os suecos (84%), ao lado dos holandeses (84%), mantendo-se mais uma vez na cauda da tabela os países do sul da Europa, como os portugueses (36%), os italianos (33%) e os cipriotas (32%).
No entanto, os 14% de europeus fisicamente “inactivos” e os outros 20% que praticam “raramente” exercício físico preocupam os autores do estudo e os responsáveis pelas políticas de saúde pública na Europa dos 27.
Aqueles que não têm uma actividade física regular apontam como principal razão a “falta de tempo” (45% destes inquiridos). Os 61% dos europeus que praticam uma actividade física dizem fazê-lo por questões de saúde, 41% por questões ligadas à manutenção da forma física e 39% pelo bem-estar que a prática de exercício físico transmite aos praticantes.
O estudo pretende constituir um utensílio de promoção do desporto e de lançamento de medidas para o encorajamento da prática de exercício físico. A comissária europeia Androulla Vassiliou, responsável por este pelouro na Comissão, pretende, aliás, lançar propostas de acção, possivelmente aquando da reunião informal de ministros europeus do desporto que terá lugar em Madrid nos dias 20 e 21 de Abril.
O estudo foi publicado no passado dia 29 de Março de 2010. O inquérito foi realizado entre os dias 2 e 19 de Outubro de 2009 e incidiu sobre uma amostra de 26788 indivíduos nacionais dos Estados membros da UE.
Fonte: Estudo “Sport and Physical Activity”. Special Eurobarometer 334/ Wave 72.3 TNS – Opinion & Social. Março de 2010. Entidade responsável: Comissão Europeia.
Desconhecida de muitos, a “Comissão Ibérica Mista para a Gestão Comum” (CIMGC), criada aquando da XXIIª Cimeira Luso-Espanhola, realizada em Novembro de 2003, em Badajoz, apresentou na passada terça-feira o seu “Relatório Bianual 2008-2009”, em que apresenta as conclusões dos seus primeiros três anos de trabalho discreto, mas intenso.
Aquando da apresentação do relatório, que teve lugar na sede do organismo, em Madrid, o seu presidente, o andaluz Ruy Gomez de Silva, mostrou-se satisfeito com os resultados até agora obtidos e afirmou que “temos – Espanha e Portugal – conseguido ultrapassar as grandes divergências existentes na gestão das bacias hidrográficas comuns aos dois países, desenvolvemos cada vez mais parcerias no domínio da justiça, da saúde e da educação e estabelecemos práticas informais de contacto entre as administrações centrais e regionais dos dois lados da fronteira”.
No entanto, a resolução da Cimeira Luso-Espanhola de 2006 previa sobretudo que a CIMGC encetasse vias de estudo sobre a viabilidade de uma união ibérica. Contrariamente ao que se poderia pensar, o presidente da CIMGC reconheceu uma tremenda colaboração das universidades e dos institutos de investigação, assim como das estruturas de poder e da admnistração pública dos dois países. Tendo esse trabalho sido iniciado em Novembro de 2007, as primeiras conclusões foram apresentadas numa reunião à porta fechada que ocorreu em Agosto de 2009, em Lisboa, e na qual participaram os ministros do interior e dos negócios estrangeiros de Portugal e Espanha, assim como os responsáveis do governo das regiões autónomas dos Açores, da Galiza, de Castela e Leão, da Catalunha, da Extremadura e da Andaluzia.
O Segundo algumas fontes noticiosas, o pré-relatório, mantido em segredo, aponta para um desenvolvimento económico acelerado da Península Ibérica, caso a união seja o caminho seguido pelas autoridades peninsulares e aponta o modelo federal como o ideal para o equílibrio de poder entre as várias regiões, que deveriam formar no futuro os vários Estados ibéricos, baseado numa constituição política única. O documento considera ainda que o adiamento de uma decisão política neste sentido custa já hoje cerca de 220 milhões de euros por dia e aponta para 2016 como a data ideal para a formalização da união, ou da federação ibérica, caso o processo avance já em 2011, com um período de adaptação de 5 anos antes do dia da sua oficialização e de outros 5 anos, depois desse dia.
Entretanto, sem demoras, os ministros espanhóis e portugueses das finanças e dos transportes assinaram em Dezembro de 2009 um convénio para a unificação dos sistemas de impostos e para a coordenação e planeamento comum das redes de transportes e telecomunicações. Estão também previstas, já em 2010, várias equipas mistas ligadas aos ministérios da economia, da justiça, do interior e da administração pública para analisarem projectos e prepararem um possível período transitório. Tudo parece crer que o pontapé de saída para o projecto federal ibérico seja dado na cimeira luso-espanhola de 2011.
Já seriam de esperar as vozes discordantes da ideia, ou da forma como todo este processo tem sido conduzido. O segredo em torno da questão e das reuniões produzidas até então (se é que ele ainda existe) com a participação de algumas regiões em detrimento de outras, que nem sequer foram convidadas, como as Canárias ou a Comunidade Valenciana, tem causado algum ruído desagradável junto do governo espanhol, acusado de nunca ter discutido com as Autonomias sobre este dossiê, considerado fundamental para a soberania de Espanha e para a autonomia e a existência das várias comunidades.
Outra crítica, ligada no fundo a esta última e que envenena as relações entre os poderes centrais e regionais é a acusação feita aos governos de Espanha e de Portugal de liderarem e controlarem quase em exclusivo todas as iniciativas em torno da futura federação ibérica, assim como o facto de estes favorecerem de forma visível alguns governos regionais tidos como simpatizantes e impulsionadores deste modelo de Estado, como é o caso dos Açores, da Galiza ou da Andaluzia, entre outros.
A outros, a ideia não lhes desagrada, mas as exigências são outras, como a de Alberto João Jardim, presidente do governo regional da Madeira, em querer ver o seu arquipélago assumir o estatuto de Estado federal, caso a federação venha a ser uma realidade; ou a exigência feita por nacionalistas do bascos e da Catalunha de referendos comunitários, com várias opções de escolha, nomeadamente a da auto-determinação pela independência.
A capital federal será outro motivo de divergência, com Lisboa e Barcelona certamente pouco interessadas em ver Madrid como a escolhida. Algumas entidades associadas ao trabalho realizado pela CIMGCI propõem novas soluções, como a contrução de uma cidade de raíz junto do centro geográfico exacto da Península Ibérica, ou seja, a cerca de 50 km a sudoeste de Madrid (já em Castela-A Mancha), que concentrasse todas as sedes do poder federal; ou ainda a repartição dos vários poderes de soberania (legislativo, executivo e judicial) por três capitais distintas, à imagem do que acontece na África do Sul, ou na Alemanha, durante o período da unificação. Para adiantar-se à futura disputa, o sempre polémico Alberto João Jardim decidiu assumiu a candidatura da cidade do Funchal a capital da Península Ibérica, como forma de se “acabar com o empecilho do centralismo do cont’nénte e para pararem de gozar com o balhinho da Madeira”. Curiosamente, a União Europeia excusou-se até ao momento a fazer qualquer comentário sobre o assunto. Apenas a UEFA se mostrou interessada em conhecer o modelo de campeonato de futebol a adoptar na Península Ibérica, caso uma federação venha a ser constituída.
Parece, pois, que todo este processo ainda vai ver passar muita polémica até 2015.
Fonte: Diário “O Primeiro de Janeiro”, de 28 de Março de 2010
As eleccións rexionais francesas que tiveron lugar o 14 e o 21 de marzo a dúas voltas, renovaron os 25 consellos rexionais e a Asemblea corsa. Ao fío deste acontecemento, una serie de feitos e consecuencias poden ser extraídas, e van a tomar corpo durante os vindeiros días. En primeiro lugar é remarcable o grao de abstención, ate o punto de que os abstencionistas serían un grupo maioritario de indiferentes o que dá pe a establecer o binomio inacción=protesta.
En segundo lugar, o feito de que exista tanta abstención so pode ser entendido como que ou ben o público non entende a importancia destes comicios, cren que son uns comicios menos relevantes que os estatais e presidenciais, non perciben o rol e a importancia que as rexións pouco a pouco toman na política interna e no artellamento social francés, e en definitiva, non se identifican coa división administrativa do estado francés.
En terceiro lugar, a baixa participación nesta convocatoria, implica unha maior relevancia de forzas extremistas coma a Fronte Nacional de Le Pen, que contaban con menos presenza dende as últimas eleccións.
Por outra banda, e en cuarto lugar, semella que nos patróns que se seguen nas eleccións rexionais e nas europeas, existe un voto de protesta contra a presidencia e o goberno presente. Por iso as taxas de voto para os partidos de esquerda son máis favorables que para UMP, é dicir, partido de centro-dereita sobre o que se asenta a actual presidencia e o goberno.
A UMP fagocitou tódalas alternativas de centro dereita que servían de alternativa para formar unha coalicións nestas rexións, co cal o partido Socialista que controlaba 20 de 22 rexións extende o seu control rexional a 23 de 26 rexións. Polo tanto a esquerda será liderada polo PS en coalición na maioría dos casos coa Fronte de Esquerda (alianza do PCF e do Parti de Gauche) e os ecoloxistas.
En quinto lugar, os resultados da dereita gardando ao seu favor un área metropolitana, Alsacia, lles permitiría aos seguidores de Sarkozy dicir que os resultados son menos malos do que se agardaban. Pero en realidade os resultados son tan pobres, e era unha crónica tan anunciada, que xa antes de coñecer os resultados finais o presidente fixo un amago de reforma do seu equipo para demostrar que escoitaba os descontentos.
Os plans presidenciais para seguir adiante coa reforma do sistema de pensións antes do fin de ano, van ter que esperar. E con esta derrota tamén será máis complicado enfrontarse aos poderosos sindicatos do sector publico, mentras busca reducir o enorme déficit fiscal do 8,2% do PIB.
A participación foi superior na segunda volta, pero de pouco serviu. A remodelación do goberno xa foi publicamente anunciada na maña do luns 22, e os movemento dos descontentos dentro da UMP xa se deixan sentir. A preocupación polo desemprego, a inmigración e a reapertura do debate sobre a identidade nacional, a seguridade, os resentimentos polos rescates bancarios e os altos salarios dos executivos aumentaron as críticas contra Sarkozy. Os chiraquistas, os centristas, e os villepenistas pretenden pasar factura ao presidente. Un presidente que segue mantendo a fama de amigo dos ricos, cunha popularidade en caída no medio do seu mandato o que se suma á crise do centro dereita en xeral.
Dominique de Villepin, de xira por China, despois de toda a revoltura levantada polo “affair Clearstream”, vai dar unha rolda de prensa o xoves 25. É o momento de saldar contas pendentes co presidente e relanzarse na candidatura presidencial para 2012. Para amolalo, na inmediata remodelación do goberno xa se lle propuxo entrar a un próximo de Villepin, Georges Tron.
O antigo primeiro ministro xa viu cómo o distanciaban dun antigo colaborador, Bruno Le Maire, nomeado secretario de Estado para os asuntos europeos antes de ser promovido para ministro de agricultura. A estratexia de contención dos colegas de partido de Sarkozy, deu resultado polo de agora. Trátase dunha estratexia de inclusión dos críticos dentro do equipo de goberno. A cuestión é saber ata cando poderá controlar todo o aparato e coñecer as concesións a cambio.
O ano 2010 non comezou ben para Grecia. Os altos niveis de endebedamento, o 113% do PIB, cuberto masivamente con reiterados déficits presupostarios (12,7% do PIB), catro veces por riba dos límites marcados pola UE no contexto da crise financeira internacional, formaron un coptel mortal que forzan a tomar medidas drásticas de contención do gasto, baixo a presión dos líderes da UE que temen polos investimentos dos seus bancos en Grecia.
En efecto, Europa anda preocupada por que estenda unha nube de impagos de empréstitos, de momento en Grecia, fomentada non tanto pola credibilidade financeira de Grecia como polos rumores nacidos nos edge funds, que auguran efectos dominó na caida das economías, fomentan a especulación monetaria, e ganan diñeiro con rumores a corto prazo.
É certo que as débedas pendentes para este ano en Grecia agárdanse cuantiosas, pois esperase que acaden os 290 millóns de euros. Non nembargantes, o custo da débeda subiu conforme a boa imaxe do país foi deteriorándose, ao igual que eses mesmos rumores pretenden facer con outras economías como Irlanda, Portugal ou España nomeadamente.
O medo a que a bancarrota grega poida danar a credibilidade do Euro e minguar os investimentos dos grandes países europeos na zona, é o mecanismo para tensionar os tipos de cambio de maneira especulativa, polo que obrigou a realizar unha xuntanza dos máximos mandatarios europeos para chegar a un acordo de mínimos que realmente non transcendeu, para acalar temores. E por se había algunha dubida sobre a influencia internacional nos mercados locais, marca as pautas de actuación ao goberno grego para recortar o gasto público e tomar medidas drásticas no tocante á política fiscal.
Os primeiros para os que tocou o pandeiro dos recortes foi para os funcionarios que por moito que se boten á rúa verán o seu poder adquisitivo reducido. En 1990 o emprego publico en Grecia estimábase xa no 30% do total do país incluíndo as empresas controladas polo estado. A idea de reducir e conxelar os soldos, suprimir os bonos adicionais e limitar a contratación de novos funcionarios dos distintos corpos, foi demasiado sobremesa para medio país que vive moi vencellado á función pública, e intenta de paralizar o goberno.
Paradoxalmente, son os gobernos de ideoloxías de esquerda, como o goberno socialista de esquerdas grego dirixido polo primeiro ministro Georgios Papandreou, os que deben tomar as medidas máis radicais para facerlle fronte á crise provocada polas políticas neoliberais, e polos instrumentos oportunistas que estas políticas xeraron e seguen a xerar. Por outro lado o certo é que o caso grego non deixa indiferente a ninguén, pois nun país con menos de cinco millóns de traballadores, o maior dos sindicatos de funcionarios suma 500.000 afiliados, capaces de paralizar as estruturas do estado.
En definitiva, os rumores orixinados nos edge funds atacan os eslavóns débiles da cadea, e en Grecia existen moitas feblezas e incongruencias. As medidas do goberno pretenden reducir o gasto e incrementar os impostos ata chegar a aforrar 800 millóns de euros para fortalecer economía do estado. De momento Europa non pon diñeiro, e “acudirán en rescate no caso de necesidade” escusándose en que Atenas non pediu axuda, entre outros motivos porque esa axuda hai que devolvela. Non obstante Papandreu xa ten axenda configurada: recorte do gasto, loita contra a corrupción e a evasión fiscal, sen descartarse unha rumoreada subida do IVE que pululou polos medios de comunicación gregos. Todo para recuperar a credibilidade dun país que polo que din as estatísticas traballa moito, 1900 horas por ano, seguidos por España (1800 horas). Outro tema é como se traballa nestes países.
Nunca chegaremos a ter a certeza absoluta da existencia dunha pandemia ocasionada polo virus H1N1, e os gobernos deben pagar agora o seu celo de precaución. Os datos son equívocos, parece que non é doado distinguir nas reaccións dos pacientes unha gripe común ou algo distinto, e por outra banda, non existe un impacto tan evidente da epidemia na sociedade. Sen esquecer que nin a Organización Mundial da Saúde (OMS) recoñece erros, nin as industrias farmacéuticas os seus truculentos intereses neste asunto.
Por poñer un exemplo, a xestión da gripe A en Francia foi un desastre. Trátase dun dos países avanzados onde proporcionalmente se mercaron máis doses, non embargantes a taxa de vacinación é feble. Os “datos loxísticos cambiaron” segundo afirma Roselyne Bachelot a ministra de sanidade, o que é o mesmo que dicir, “non era para tanto”. A pandemia, se algún día existiu, vai perdendo gravidade e intensidade (mediática tamén), non só en Francia, senón en tódolos países. No entanto, a xestión administrativa da gripe como en moitos outros países sofre unha forte crítica, bebido aos custes que deixa para o Estado.
Unha vez máis na súa historia, Francia é líder, non do Tour de Francia, senón dos estados que en proporción á súa poboación adquiriu máis de doses de antivirais ás farmacéuticas, sendo de paso un dos países occidentais onde as taxas de vacinación son máis baixos. Se a vacinación é baixa, isto débese non só á desconfianza do público, senón ao modelo do propio país. Como sempre centralizado. Os doutores de cabeceira poden vacinar dende a semana pasada no seu despacho (se son capaces de obter as doses nos centros de inmunización), e a ministra de sanidade, Roselyne Bachelot, asegurou que sempre contou con eles, aínda que a realidade a desminte, pois non houbo un acceso doado dos médicos de cabeceira aos produtos, nin concertación clara sobre os procedementos á hora de tratar co público, e aínda máis, o sistema está como toda Francia totalmente centralizado.
No verán de 2009 propúxose en marcha un « plan pandemia » cargado de alarmismo. Polo visto existía un modelo de loita contra pandemias agardando dende hai anos e con continuas actualizacións, por se acaso… “Un dos mellores” segundo as palabras da Organización Mundial da Saúde (OMS). Pero cun detalle a ter en conta importante. Estaba concibido para loitar contra virus pouco contaxiosos pero mortais. Neste contexto é lóxico que se merquen masivamente o máximo número de máscaras, antivirais e outros equipos de forma urxente, a pesares das críticas que poidan agromar, para protexerse contra a propagación. Habería poucas críticas se a OMC non deixa de mostrar alarmismo, tal e como pasou.
Pero a gripe A non foi tan violenta como se contaba. E en setembro de 2009, todo estaba listo: 94 millóns de doses estaban en camiño a cambio de 869 millóns de euros, amais millóns de máscaras. A estratexia era propoñer a vacinación da poboación ao completo con dúas doses por persoa. En outubro, cando a operación de vacinación comeza, instálase o desorde, horarios mal adaptados, saturación, protestas…. E sobre todo, medra o desinterese entre os profesionais, e logo entre a poboación. Comeza a falarse de que a vacina é banal.
Indemnizacións aos laboratorios.
A día de hoxe, o problema xa non é a Gripe A. O gran problema é cómo facer fronte ao stock esmagante de produtos farmacéuticos que non ten uso. Os deputados da oposición critícanlle ao goberno a falla de mecanismos de cancelación de pedidos nos contratos coas farmacéuticas. As farmacéuticas tralo eco alarmista da OMS -que é o responsable final- e a imposibilidade de facer fronte á demanda de produtos, tendo en conta que moitos países quedaron sen abastecemento (lembremos que en Europa Letonia tivo que agardar polo compromiso de solidariedade por parte dos veciños europeos), fecharon unhas condicións de produción moi favorables e atraparon aos gobernos. Roselyne Bachelot, a ministra de sanidade, recoñeceu que o Estado francés pode pagar unha compensación a industria farmacéutica debido ás cancelacións de pedidos. "As negociacións están en curso”.
En Francia a alternativa foi revender o que se puidera. Pero ninguén merca o que non se necesita. Hoxe por hoxe os medios de comunicación son bastante modernos como para poñer ao día aos países máis incautos á hora de caer no que podemos denominar “estafa da pandemia”. Polo momento Francia, picou, e só conseguiu dous contratos para a venda de 300.000 doses no Qatar e 80.000 doses a Mónaco, e tamén se anunciou por desgraza para o goberno a ruptura doutro que estaba previsto con Exipto. A Ucraína, México e outros países latinoamericanos teñen feito contactos, pero o ministra de dúbida de que "as vendas sexan importantes."
Unha das claves políticas máis relevantes do 2010 enfocase na continuidade da alianza Medveded-Putin que actualmente goberna en Moscova. Fortalecida en 2008, tras dous mandatos do actual primeiro ministro Vladimir Putin (2000-2008), solidificado coa actual presidencia de Dmtri Medveded, a evolución deste tándem político determinará, en gran medida, as variables do futuro político de Rusia, en especial ante as próximas eleccións de 2012.
Se tomamos en conta unha aproximación á radiografía actual da política rusa, poden apreciarse sinais de aparente distanciamento entre Medveded e Putin. En novembro pasado, durante un discurso ante a Duma ou Parlamento, o actual presidente ruso marcou distancias co legado do seu antecesor Putin, defendendo unha serie de reformas estatais que, en gran medida, poden modificar a estrutura de poder instaurada por Putin a partir de 2000.
Estas medidas afectarían, en especial, aos denominados siloviki, as elites burócratas herdeiras da ex KGB soviética actualmente infiltrada na nos servizos secretos de seguridade (FSB) así como noutras altas cúpulas do poder, incluíndo a Igrexa Ortodoxa. Non obstante, e tomando en conta diversas perspectivas, este aparente distanciamento pode igualmente obedecer a unha sutil táctica política destinada a desarmar á debilitada oposición política rusa, fortalecendo a continuidade do tándem Putin-Medveded alén das presidenciais de 2012.
En todo caso, Medveded pretende camiñar polo seu rumbo. Nos últimos meses apreciase unha variación na estrutura de poder dos siloviki, nunha manobra de Medveded aparentemente destinada a afastar a súa permeabilidade no Kremlin a favor de diversos aliados civís cos que contou no pasado, en especial durante a súa estadía na alcaldía de San Petersburgo. Este reacomodo de elites de poder explica unha táctica anteriormente utilizada por Putin, cando este substituíu abruptamente a estrutura dos “oligarcas” do falecido ex presidente Boris Ieltsin nos primeiros anos da Rusia post-soviética a favor dos siloviki.
Paralelamente, nas últimas semanas comezan a manifestarse situacións específicas de inestabilidade dentro de Rusia, a través de atentados e asasinatos políticos, en especial nas repúblicas do Cáucaso Norte.
Pode argumentarse a presunta implicación dos movementos separatistas chechenios ou doutras minorías étnicas nestes episodios de violencia contra a autoridade rusa, así como do yihadismo islamita aínda presente na zona. Non obstante, a proliferación de diversas mafias e grupos de poder nesta rexión, con máis que probables conexións en Moscova, poden igualmente estar manifestando un escenario de inestabilidade destinado a debilitar e confrontar a Putin e Medveded.
En diversos círculos de poder en Moscova comeza a cuestionarse a fortaleza do tándem Putin-Medveded, así como do futuro da política rusa, lastrada pola proliferación de autoritarismo político, xerarquías burocráticas e paternalismo. Síntomas de descontento poden así xurdir entre as diversas elites e nas Forzas Armadas, con posibilidade de “golpes palaciegos” no Kremlin.
Persuadidos a manter a súa autoridade, coa finalidade de evitar fisuras e futuros escenarios de inestabilidade que compliquen os seus intereses alén das eleccións de 2012, Medveded e Putin tentarían afincar as bases de poder nas s
úas respectivas elites dentro do estamento militar, da seguridade nacional e do sector enerxético. Todo isto acrecenta o enigma ruso do que tanto falaba Winston Churchill, que revela a incomprensión occidental cara o que realmente sucede no Kremlin.
A qué obedece o repentino interese de Obama cara Iemen? Alén das últimas tentativas de atentados terroristas en EEUU e Europa, cuxos presuntos orixes apuntan a una célula de Al Qaeda neste país do Golfo Pérsico, a realidade semella considera que Washington e, en especial Obama, necesitan enfocar a súa atención no reforzamento das estruturas de seguridade nacional e de loita antiterrorista, precisamente en momentos de indefinición da crise económica mundial.
Iemen só constituiría un apéndice da renovación do interese estratéxico de Washington cara o Golfo Pérsico, o Corno de África e Sahel africano, sensibles á inestabilidade política e a proliferación de células terroristas. O acceso ao control deste amplo espazo xeoestratéxico colocaría no centro de atención a países inestables como Iemen e Somalia, acusados por Washington e os seus aliados de albergar especies de “santuarios” para Al Qaeda.
Igualmente, isto permitiría á Casa Branca manter baixo a súa óptica a evolución do pulso mantido con Irán e noutros países produtores de cru, como Arabia Saudita e Emiratos Árabes Unidos. Con isto, Obama inaugura o 2010 reforzando os esquemas de seguridade nacional do seu antecesor Bush, aínda que variando moderadamente o epicentro de atención dende Asia Central cara o Golfo Pérsico.
Os casos de Afganistán e Paquistán corren o risco de desencadear maiores problemas para a misión da OTAN e os intereses occidentais, en especial ante o reforzamento de posicións das milicias talibán na fronteira entre ambos países. Paralelamente, Al Qaeda podería estar reorientando as súas forzas cara o Golfo Pérsico e o Sahel africano, coa posibilidade de utilizar a países como Somalia e Iemen como plataformas de actuación e liberación de redes terroristas contra intereses occidentais no Corno de África e, incluso, na área mediterránea.
Non obstante, Al Qaeda afronta un presunto debilitamento das súas células yihadistas no Magreb, que poden reactivarse substancialmente nos próximos meses.
Aínda que presuntamente non semella segura a posibilidade dunha acción militar directa estadounidense en Iemen, todo apunta a un reforzamento da cooperación antiterrorista de Washington co goberno de Sanáa. Iemen que celebrará no 2010 o vixésimo aniversario da súa reunificación, enmarcada nunha difícil conxuntura de convivencia entre as comunidades sunnita e xiíta, aderezado coa persistente actividade das células yihadistas.
Velaí que, ao mesmo tempo que se multiplican os frontes antiterroristas para Washington, refórzanse os sectores dos “falcóns” na Casa Branca, con grandes expectativas de dirixir a política exterior de Obama. Os factores simbólicos tamén contan dentro desta perspectiva, tomando en conta os orixes iemenitas sunnitas do propio Osama ben Laden.
Coa cuestión do atuneiro Alakrana lembrouse á opinión pública que a política pesqueira tamén pertence o ámbito das políticas exteriores e do plano internacional. Coa obrigada e visible inmiscuición do Ministerio de Asuntos de Exteriores e do Ministerio de Defensa porén á xestión do problema ratificouse ainda mais esta idea. Xunto a debate parlamentaria e mediática que suscitou o secuestro, púsose novamente na mesa que a pesca en augas non comunitarias é un asunto de profundo calado no plano da análise da política internacional.
E reberte mais na forma deste traxe si analizamos o seu contexto. E é que as capturas de peixe no Oceáno Índico de Francia e España, foron as únicas capturas feitas por paises membros da Unión Europea que incrementáronse nas distintas rexións onde pescase a través do mundo no período que vai dende 1990 ate 2004. En vista destes intereses, Francia e España teñen desplegadas na zona varios buques da armada, no caso español, baixo a operación Atalanta.
Con España como potencia mundial neste subsector da economía, e sendo Galicia a Comunidade que mais contribue ó mentado estatus (sendo ela mesma por si sóa considerada coma de potencia mundial) cobra así a pesca un estatus de factor decisivo á hora de negociar os asuntos na area política internacional.
Coa presidencia europea de España, Zapatero enfróntase o reto de ter que desenvolver en todos os seus ámbitos o Tratado de Lisboa. En moitos aspectos, dito tratado ten o obxetivo de simplificar a lexislación europea en diversos ramos esenciais. Un destes ramos é a pesca. Que por outra parte ten que integrarse na nova Política Marítima Integrada.
Neste último ano, a Unión Europea ven recoñendo en diversos documentos oficiais o seu fracaso en tres rechamantes liñas en materia de pesca: por un lado, na reducción da explotación de diversas poboacións de peixes, por outro lado, o seu fracaso en materia de xestión do seu control e, finalmente, a dependencia das importacións das que últimamente estamos acaecendo ainda sendo potencias mundiais no sector.
A reducción da explotación de diversas poboacións de peixes
A pesca europea basease na actualidade na captura de peixes xoves e pequenos que extráense maioritáriamente antes de que poidan reproducirse; este é o caso, por exemplo, do 93 % do bacallao que captúrase no Mar do Norte. Este panorama global rexistra considerábeis variacións en función das distintas rexións mariñas e especies. Non obstante, as actividades pesqueiras europeas están erosionando os seus propios fundamentos ecolóxicos e económicos.
As poboacións de peixes europeas estiveron sobreexplotadas durante décadas e as frotas pesqueiras seguen sendo excesívamente grandes en comparación cos recursos dispoñibres. A necesidade da conservación de poboacións de peixe por mor do perigo de desaparición de numerosas especies das que somos tradicionalmente consumidores e a necesidade da xestión de control para a reducción portén esta reducción, obrigou á Unión Europea a crear nos últimos 20 anos diversos mecanismos normativos baixo o paraugas dos tratados da ONU para reducir esta depredación. Non obstante, a UE atopouse con que a solución da problemática non só depende dela, senón que é un asunto de
transcendencia internacional. Por iso, ainda creando estes mecanismos (tales como os TAC ou Totais Admisíbeis de Capturas, ou RMS, ou Rendemento Máximo Sostibre, ou os recentemente aprobados carnet por puntos para barcos), ven apostando cada vez mais nas Organizacións Rexionais de Pesca (ORPs), facendo unha clara e obrigada aposta polos Acordos acadados no seno destas en aras de cumprir coas súas obrigas declaradas de pesca sostibre e, por tanto, conservación destas especies.
O seu Fracaso en materia de Xestión do seu control
A UE acaba de implantar ainda a súa estructura física en materia de xestión do control da pesca que fora xa prevista no Libro Verde sobre a pesca do 2002. A Axencia Europea de Control da Pesca Comunitaria comezou a súa andaina no 2008, e ten previsto uns poucos anos mais coma fase de despegue. Neste senso, este é o organismo competente para lebar a cabo coordinamentos de controis de diversas normativas e Estados membros que só dende hai apenas un par de anos se veñen aprobando no seno das Institucións europeas no referente a control de buques, as súas actividades e os seus medios. Non obstante, a Comisión tamén puxo en letra que existe un fracaso mais que visíbel no asunto do control, por un lado, pola ineficacia da implantación das políticas desenroladas
en chave interna que atópanse baixo o paraugas das prescripcións da Organización para a Agricultura e a Alimentación (FAO, nas súas siglas en inglés) e, por outro lado, pola incapacidade global de coordinar control no marco das relacións con países terceiros. Neste campo, tamén fai un claro apoio ás ORPs e os Acordos tomados no seu seno para sair do paso á problemática global.
A dependencia das importacións
Incríbelmente, ainda sendo potencia pesqueira, nas Institucións da UE vense denunciando co comezo de século o feito de que existe un paradóxico crecemento das importacións cara os países da UE debido a crecente demanda e a decrecente extracción do peixe, e esto é salientabre inclusive para o caso de España. Non obstante, este feito, si ben preocupa, non está en desacorde cos principios de economía mundial que se proclaman nos tratados da Unión.
Como sinalábamos mais arriba, só na rexión marítima pesqueira do Océano Índico incrementouse as capturas da frota da UE (95 % de España e Francia no período que vai de 1990 ate 2004). Non obstante, no resto de fontes pesqueiras do mundo, inclusive os tradicionais caladoiros, disminuiu a extracción do peixe por parte dos países da Unión en claro favorecemento de Noruega e terceiros estados que comezan a súa andaina nas capturas internacionais ou simplesmente xa non conciben licencias para faenar nas súas Zonas Económicas Exclusivas para explotalas eles mesmos. Ainda que preocupante, todo lícito e lexítimo perante a normativa internacional.
Panorama: os deberes de presidencia española en relación á pesca
A presidencia española da Unión ten como tarefa asignada darlle saida a estes problemas. Tras un debate plantexado oficialmente dentro da UE no transcurso do 2009, xa quedaron implantados os tempos límites de toma de decisións destes asuntos pesqueiros da Unión que non poderán transpasar a fronteira temporal do semestre español, asi que, e xa que este é un asunto chave de Galiza como potencia pesqueira, cómprenos ben non perder de vista o desenvolvimento da toma de decisións destes tres problemas no panorama do bombardeo mediático centrado na saida da crise económica
no marco da Unión prevista na axenda política do presidente Zapatero que se presupón farán os medios en relación á presidencia española.
Adrián Moreno Cidrás é Licenciado en Ciencias Políticas pola USC e ten realizado
prácticas no IGADI
A Europa da moderna naceu chea de ilusión e idealismo, como un proxecto contra a guerra e como barreira de contención do mundo capitalista occidental contra a ameaza do comunismo. Gústenos ou non, o que agora interesa é o aspecto económico máis que militar ou político. Europa é agora un bazar onde podes encontrar “oportunidades de negocio”. Canto máis grande o mercado e cantas menores barreiras existan, máis atractivo engadido para os movementos das multinacionais.
Nese sentido, e animados polos lobby’s a crear un espazo tan amplo como posible, os lideres dos diversos estados deben facer equilibrismos para manter a flote un proxecto de tipo ecomomicista naqueles puntos e sectores que lle interesan a economía de cada estado. Nun tira e afrouxa entre o nacionalismo de estado e as oportunidades que ofrece o europeísmo, en constante tensión entre o peto e o corazón, onde un di que vamos a Europa e outro di que non.
Isto provoca, que se desdigan os tribunais constitucionais, existan referendos cíclicos onde conveña, e outros esperpentos ata que finalmente se aprobe a última versión dos pactos europeos: o Tratado de Lisboa, que é un dos moitos tratados que se suman para parchear os problemas loxísticos que vai encontrando ese gran mercado. Non obstante, non todo é malo neste tratado, nin vai contra a democracia, nin deixa de consolidar un europeísmo esperanzador, por máis que é evidente de que se arrastran estruturas e procesos viciados dende o inicio.
Porqué tanta lea neste novo tratado? O que lle doe aos estados mal denominados “nación”é sacrificar o poder de veto (soberanía) nalgunhas materias. Saber que se pode bloquear a toma de decisións de todo o continente ou chantaxear a cambo de certas premisas é un atractivo irrenunciable sobre todo para aqueles que para promocionar a súa imaxe máis nacionalista de estado, soen ter tendencia a deixarse ver, e que non son precisamente os estados máis pequenos. Ao mesmo tempo incrementar a participación do Parlamento Europeo e dos parlamentos dos estados ( a ver para cando se fai cos parlamentos das nacións sen estado), amais da creación da “iniciativa cidadá” é un encordio para os gobernos influídos polos intereses propios,das grandes corporacións internacionais, ou doutras potencias. Mesmo se recolle a posibilidade de retirada da EU se é o que os estados membros desexan. Non se pode dicir que iso non sexa liberdade de elección.
Por outro lado,é preciso adoptar métodos de decisión máis simplificados nunha Unión a 27, que non tivo avances desde o Tratado de Niza, e apuntase unha maior ambición para que a Unión se exprese con claridade no ámbito internacional. Tal vez hai demasiados cociñeiros para a mesma pota. Non obstante, que o vicepresidente da Comisión sexa o responsable dos asuntos exteriores, debe incrementar o crédito e a coherencia da acción exterior de EU, que ademais crea un corpo diplomático, o “servizo europeo de Acción exterior”, para asistilo.
Isto do tratado de Lisboa é un pequeno paso. Non nos leva a unificar posturas cada vez que existe disensión sobre un tema internacional, cousa bastante frecuente, pero axuda a conseguir certa coherencia no tocante á política europea de seguridade e defensa que segue conservando un sistema especial de toma de decisións. Axuda a unificar criterios cun grupo reducido de estados, e o que é máis importante.
En definitiva, o Tratado de Lisboa, tende cara a unificación dos tres piares da UE: a dimensión comunitaria (cidadanía da Unión, políticas comunitarias, unión económica monetaria, etc), a política exterior e de seguridade común (PESC), e a cooperación policial e xudicial en materia penal. É unha aposta máis aló do económico
Aínda que personificando roles en distintos personaxes con maior ou menor grao de credibilidade e imaxe internacional, o que se pretende é dar pasos adiante xa que como se pode ver seguen existindo resistencias e vetos a liñas de traballo, a persoas en determinados cargos, a medidas respecto a determinados países, e vai sendo hora de poñer as bases para loitar pola independencia de acción dende o punto de vista comunitario. Tal vez sexan as ansias idealistas de buscar un ente superior que goberne con xustiza por riba de gobernos parciais e individualistas as que nos moven a este tipo de apreciacións. Pero vai sendo hora de ir acotando e poñendo fin ao descrédito europeo, aínda que se critiquen os déficits democráticos.
A batalha sobre a flexibilidade do horário de trabalho
A cordialidade, o espírito de solidariedade e os valores da família são particularmente lembrados no período das festas de final de ano e no início do novo ano e fazem parte das tradicionais mensagens de natal e de ano novo que as figuras mais proeminentes do Estado e das instituições das nossas sociedades proferem, como é o caso do presidente da República Portuguesa, da presidente do Partido Social Democrata português ou do cardeal patriarca de Lisboa, ou ainda do presidente da Junta da Galiza ou do rei de Espanha.
No entanto, quiseram os sindicatos portugueses afectos ao sector do comércio e da grande distribuição sacudir a época natalícia, com o anúncio de uma greve no passado dia 24 de Dezembro, véspera de natal e derradeiro dia de compras das prendas e dos ingredientes para a festa da consoada e do dia de Natal. É, por consequência óbvia, um dia de grande azáfama no comércio e um dos grandes dias do ano para o sector, em termos de volume de vendas e de negócio.
Esta greve surge como reacção sindical à vontade comunicada publicamente pela Associação Portuguesa de Empresas de Distribuição (APED) de transpor para a Convenção Colectiva de Trabalho sectorial (CCT), assinada em Maio de 2008 pelos parceiros sociais – ou seja, a APED e os vários sindicatos ligados ao comércio e aos serviços –, o artigo 208º do novo Código do Trabalho português, relativo à constituição de bancos de horas, que possibilita o alargamento do tempo de trabalho a 12 horas diárias e a 60 horas semanais, sem que o limite de 200 horas anuais suplementares seja ultrapassado. Considere-se que o tempo normal de trabalho previsto na lei é de 8 horas diárias e de 40 horas semanais.
O novo Código do Trabalho entrou em vigor em 2009. Ele é, pois, contemporâneo da CCT. No que diz respeito à organização do horário de trabalho, a CCT contraria o que o patronato da grande distribuição deseja, pois esta estipula, através da sua cláusula 11ª, que “o período normal de trabalho poderá ser acrescido de 2 (duas) horas diárias, até ao limite de 10 (dez) horas por dia e 50 (cinquenta) horas por semana”. Existe ainda o constrangimento do acréscimo de trabalho ter de ser compensado num período máximo de 8 semanas e por não poder ser efectuado no quadro da realização de trabalhos extraordinários.
O princípio do banco de horas já existe na CCT e nomeadamente na antiga legislação laboral, que data de 2003. No entanto, ao invés das 60 horas semanais e das 4 horas suplementares diárias de trabalho almejadas pela APED, a convenção que liga os parceiros sociais encontra-se a meio caminho entre o período de trabalho de referência de 8 horas diárias e de 40 horas semanais e o que a APED reivindica.
O “banco de horas” de trabalho
Medidas como o banco de horas – que noutros países, como a Bélgica ou a França, é denominado crédito de hora – foram criadas ou publicitadas com o intuito de possibilitar aos trabalhadores – e sobretudo às trabalhadoras – uma melhor gestão entre vida privada e familiar e vida profissional.
Face ao crescente envelhecimento da população europeia, não foi de estranhar que surgissem novos modelos de gestão do horário de trabalho, no sentido de fomentar a natalidade. Os precursores foram as democracias sociais do norte da Europa. No entanto e, no que se refere a iniciativas como os bancos de horas, os resultados são mitigados, senão enviesados, tendo em conta que a emenda poderá também ser pior que o soneto.
Os pressupostos de base do sistema de banco ou de crédito de horas residem num princípio de liberdade do trabalhador em gerir as suas horas, de acordo com as necessidades pessoais, tendo, obviamente, em conta as necessidades organizacionais da actividade da empresa ou da instituição em que trabalha.
Em alguns sectores, principalmente nos serviços, existem algumas áreas de actividade profissional em que um modelo de organização horária de trabalho funciona ou pode funcionar desta forma, sobretudo se falarmos de assalariados que são quadros de empresa. No entanto, não será difícil de adivinhar que os bancos de horas acabam antes por beneficiar o empregador em detrimento do seu assalariado, sendo que este último dificilmente poderá impor as suas necessidades face às prioridades e aos objectivos da empresa. Essa situação deturpada do que deveriam ser os bancos de horas será mais facilmente verificada nos sectores onde os trabalhadores são menos qualificados e as suas carreiras profissionais menos valorizadas, assim como nos países onde as políticas de planeamento familiar e de incentivo à natalidade estarão menos coordenadas com a legislação laboral e os seus mecanismos de autogestão.
Um sistema de banco de horas será igualmente tanto mais impopular quanto menos valorizadas forem as horas prestadas para além do horário normal de trabalho. As horas suplementares até a um máximo de 60 horas semanais, reivindicadas actualmente pela APED, seriam compensadas mediante redução equivalente do tempo de trabalho, ou através do pagamento em dinheiro, de acordo com o previsto no actual código do trabalho português; ou seja, sem qualquer majoração ligada à recuperação ou ao pagamento dessas horas. A não compensação financeira pela realização extraordinária dessas horas (tempo de trabalho retirado do tempo livre do trabalhador em proveito do seu empregador) acaba por reforçar o argumento dos sindicatos para reagir de forma agressiva a tais propostas do patronato. O Sindicato dos Trabalhadores do Comércio, Escritórios e Serviços de Portugal (CESP) considera “desumana” a proposta da APED que, “a ser transformada em norma legal, faria a saúde e vida dos trabalhadores e seus familiares num inferno”. Este sindicato denuncia ainda a intenção da APED de generalizar a comunicação da planificação dos horários dos trabalhadores apenas na véspera da sua entrada em vigor, facto que demonstraria um claro desrespeito pela vida privada e familiar daqueles que trabalham no sector da grande distribuição. *
O lóbi da grande distribuição
Como em todos os países onde as empresas de grande distribuição estão instaladas, em Portugal estas representam um sector estratégico para o mercado interno, movimentando milhares de milhões de euros e empregando milhares de trabalhadores. São associadas da APED as maiores empresas de distribuição presentes em Portugal, como a Sonae Distribuição, a Jerónimo Martins, o grupo Auchan, as cadeias Lidl e Minipreço, o El Corte Inglês, a Fnac, o Ikea, a Staples, a Moviflor, a Aki ou a MediaMarkt, entre outras. Todos os associados da APED representam um volume de negócios de 14.036 milhões de euros, com um aumento de 12% entre 2007 e 2008, uma área total de venda de 2,4 milhões de metros quadrados e empregam 81.267 pessoas. Destes trabalhadores, 67% têm vínculo efectivo com as suas respectivas empresas. Estes dados referem-se a 2008 e só nesse ano o sector criou mais de 5 mil postos de trabalho.*
Um sector desta dimensão não deixa ninguém indiferente; bem pelo contrário, ele influencia a classe dirigente de um país e as suas instituições. É também gerador de movimentos contestatários, dos sindicatos às associações de defesa do consumidor, passando igualmente por movimentos políticos, de agricultores, de defesa do comércio tradicional, etc.
Em Portugal, a discussão em torno da (des)regulamentação dos horários de abertura das grandes superfícies comerciais volta de vez em quando à ordem do dia, ao toque de proposições de debate na Assembleia da República.
De um lado, os partidos mais à esquerda (Partido Comunista e Bloco de Esquerda) pretendem o encerramento aos domingos e feriados ou uma limitação draconiana da abertura do comércio nesses dias, sob pretexto de que as grandes superfícies comerciais estão a aniquilar o comércio tradicional e, por conseguinte, as micro e pequenas empresas do comércio a retalho, assim como a induzir um efeito de esvaziamento dos centros das grandes e médias cidades do país. No norte da Europa, a crise veio trazer novamente a polémica sobre a pressão exercida pela grande distribuição sobre os preços dos produtos agroalimentares junto do produtor. Assistimos nos meses de Outubro, por essa Europa fora, a mediáticas e por vezes violentas manifestações e bloqueios efectuados por agricultores e produtores de leite contra as empresas de grande distribuição que desvalorizam os preços dos seus produtos, para além de imporem prazos de pagamento dos mesmos que se tornam insuportáveis para garantir a perenidade das suas explorações.
Por seu turno, os partidos portugueses politicamente ao centro defendem a continuação actual de uma quase total liberalização dos horários para as grandes superfícies comerciais contínuas, com aberturas que podem ir das 6 horas da manhã até às 24 horas, todos os dias da semana, salvo excepções, como a das grandes superfícies com mais de dois mil metros quadrados nos concelhos com 30 mil habitantes, ou acima dos mil metros quadrados nos concelhos menos povoados, cujo horário de abertura foi limitado, aos domingos e feriados, entre as 8 e as 13 horas, entre os meses de Janeiro e de Outubro. No caso destes partidos, o argumento utilizado é o de que estas unidades comerciais fomentam a criação em massa de postos de trabalho e que estes horários estarão adaptados aos novos estilos de vida dos consumidores.
Estilo de vida dos consumidores versus estilo de vida dos trabalhadores do comércio
Não há dúvida de que as grandes superfícies comerciais são pólos de criação de emprego. Mas, qual é o seu verdadeiro impacto?
Por detrás de um posto de trabalho criado num grande centro comercial da periferia de Lisboa poderá estar o drama do encerramento definitivo de uma loja no centro da capital. Até que ponto não estaremos nós, através de uma política de liberalização de horários de funcionamento e de licenciamento fácil de superfícies comerciais de média e grande dimensão, a destruir, por um lado, dinâmicas urbanas e sociais que, ao desaparecerem, tornar-se-ão porventura irreconstituíveis, ou de manutenção demasiado cara? Tudo isso em troca da criação de zonas comerciais desumanizadas, cuja existência depende de um shopping center.
Os horários de funcionamento das superfícies comerciais são um pouco o espelho das sociedades em que vivemos. Por um lado, temos os países anglo-saxões, onde os códigos, as normas e as práticas liberais são veiculados voluntariamente em todos os sectores e cujo horário de abertura do comércio é ainda mais alargado do que os períodos horários praticados nos países do sul da Europa. No sul do nosso continente, assistimos à inauguração dos maiores centros comerciais da Europa, autênticas catedrais do consumo e da diversão, onde tudo se pode comprar, da alvorada até à madrugada seguinte, sem se ver a luz do sol, astro que ironicamente brilha mais tempo e mais forte no sul do que no norte europeu, dando por isso condições para para se privilegiar o comércio nos centros das cidades, que são desde há séculos os tradicionais pulmões comerciais, sociais e culturais das nossas sociedades.
Muito pelo contrário, nos países do norte e do centro da Europa, onde faz mais frio, os centros das cidades respiram vida, muito graças ao comércio a retalho, que aí mostra vigor. Os centros comerciais também aí existem e estão integrados no tecido urbano, sendo que a sua localização e dimensão são planificadas para não prejudicarem ninguém. Não é raro ouvirmos falar de um grupo de moradores ou de comerciantes, ou de uma câmara municipal que se opõem à abertura de uma grande superfície comercial nas imediações da cidade, pois essa porá em perigo o ténue equilíbrio urbano existente. Muitas vezes, a oposição a esse tipo de empreendimento deve-se única e exclusivamente ao facto de este vir a ser instalado numa zona verde. A participação cívica activa dos indivíduos na vida política e social – tanto a nível local como nacional – e a responsabilização política dos actos dos dirigentes políticos é porventura mais forte nas sociedades da Europa do Norte do que nas da Europa do Sul. O lóbi da grande distribuição exercido nos países do norte europeu, embora intenso, acaba por esbarrar numa maior oposição social e política do que aquela que provavelmente encontra no sul do continente. Quando o Partido Social Democrata português (PSD) defende que a decisão de instalar uma superfície comercial de média ou grande dimensão, assim como a decisão dos horários de funcionamento das mesmas, deve depender das autarquias, uma descentralização dessas responsabilidades seria provavelmente mais valorizada e eficaz em sociedades e comunidades cujos membros da sociedade civil e os seus políticos comungam dos mesmos princípios de uma cidadania participativa; caso contrário, essa situação poderá causar muitos dissabores, como a concorrência entre municípios e um reforço da corrupção junto das estruturas do poder local.
Fazer passar a “directiva das 60 horas” pela porta dos fundos
Por essa Europa fora, são muitas as críticas provindas de vários quadrantes em relação às condições de trabalho e de remuneração nas grandes superfícies.
Também noutros países europeus, a desregulamentação dos horários de funcionamento das superfícies comerciais é utilizada como variável dependente de uma política fomentadora do pleno emprego.
No entanto, as grandes superfícies são também acusadas de não valorizar as carreiras da maioria dos seus assalariados, de praticar salários baixos, de não reconhecer as qualificações técnicas dos seus empregados, para não lhes pagar mais do que o salário mínimo, de abusar dos contratos a tempo parcial e de manipular a seu belo prazer os horários de trabalho sem consulta prévia, nem acordo dos assalariados.
Se tivermos em conta que a maior parte dos trabalhadores do comércio são mulheres, cujo salário é muitas vezes a única fonte de sustento da família, um assalariado que tem de sobreviver nessas condições, com uma remuneração mensal resultante de um contrato de 28 horas semanais e que, ainda por mais, não poderá organizar a sua vida familiar e profissional, pois não conhece o horário de trabalho da semana seguinte, fruto de uma flexibilidade explorada para lá dos limites toleráveis, estaremos então diante do paradigma da desumanização do mercado de trabalho.
Alguém que trabalha a tempo parcial fá-lo porque necessita do tempo livre para a família ou para uma outra actividade, profissional ou não. A flexibilidade de tempo que o sector do comércio exige dos seus trabalhadores não permite em muitos casos a acumulação de um segundo emprego, fundamental para reequilibrar as contas do agregado familiar e deita por terra uma política de harmonização entre vida profissional e vida familiar.
A proposta da APED de incorporar na CCT da grande distribuição o que prevê o artigo 208º do Código do Trabalho português – o alargamento do tempo de trabalho até às 12 horas diárias e às 60 horas semanais (num máximo de 200 horas suplementares anuais), com a gestão das mesmas sob um formato de banco de horas – não será mais do que aquilo que foi apresentado pela Comissão Europeia na sua proposta de directiva sobre o tempo de trabalho. A directiva em vigor até agora data de 1993 e obriga a um limite semanal de 48 horas de trabalho e a um período diário de descanso de 11 horas. Ela comporta, no entanto, uma cláusula de não-participação, ou cláusula opt-out, exigida então pelo Reino Unido e que permite ao empregador e ao assalariado de acordarem um opt-out, ou seja, um período de trabalho semanal superior a 48 horas. Esta directiva deveria ser revista passados 10 anos após a sua implementação, mas o consenso esteve sempre longe de ser atingido, desde que as discussões em torno desta matéria começaram em 2004.
A 17 de Dezembro de 2009, depois de manifestações em Bruxelas e Estrasburgo na véspera da votação, convocadas pelo movimento sindical europeu, o Parlamento Europeu chumba a proposta da Comissão Europeia, adoptada em Conselho de Ministros do Emprego, de integrar a cláusula de não-participação na directiva, elevando a 60 ou a 65 horas o tempo de trabalho por semana (a cláusula opt-out adoptada em 1993 não fazia nenhuma referência a um limite de horas). A proposta previa ainda a possibilidade do assalariado abandonar uma situação de opt-out, para restabelecer o seu tempo de trabalho máximo de 48 horas por semana. Contudo, os britânicos insistem para que nenhum limite seja imposto no caso dos contratos de curta duração (três meses).
Por seu turno, o Parlamento Europeu, que mantém desde há anos uma aversão à existência de uma situação de opt-out nesta matéria, acabou por colocar em xeque-mate as intenções da Comissão Europeia e dos partidários do “pró-alargamento” do tempo de trabalho, maioritários no Conselho Europeu, votando contra a integração de um opt-out na nova directiva.
Apesar de tudo, o novo Código do Trabalho português, que entrou em vigor em Fevereiro de 2009, permite que um empregador ocupe um seu trabalhador 60 horas por semana; se bem que o enquadramento legal obrigue a um tecto máximo de 200 horas durante o ano, acumuladas sob a forma de crédito que reverte para o assalariado. Sendo que o chumbo do Parlamento Europeu ao projecto de directiva sobre o tempo de trabalho data de Dezembro 2008 e o novo código do trabalho português foi implementado logo a seguir, em Fevereiro de 2009, estaremos nós diante de uma tentativa de forçar a passagem de uma directiva impopular por intermédio dos parlamentos nacionais, contornando assim a oposição do Parlamento Europeu? Relembre-se que Portugal, embora se tenha colocado no início ao lado de países como a Espanha e a Bélgica contra a integração do opt-out na futura directiva – porque isso seria incentivar outros países a seguirem o exemplo britânico de derrogar sistematicamente para além do tempo de trabalho semanal legalmente estabelecido; a verdade é que o Estado português furtou-se finalmente a integrar com esses países um documento crítico da proposta.
Apesar de tudo, o que a APED pretende não será, à primeira vista, mais do que aquilo que a legislação permite.
Existem contudo nuances em relação àquilo que um texto legal encerra e à realidade no terreno, onde a implementação desse texto é frequentemente contrariada pelo desequilíbrio de forças entre o trabalhador, tido como o elo mais fraco das relações profissionais e o empregador, que, no caso das empresas de grande distribuição, possui a força mais do que suficiente para impor a sua vontade a quem depende do seu curto salário para sobreviver.
O pré-aviso de greve foi entretanto retirado pelo movimento sindical português e o Natal e o negócio que dele se alimenta seguiram o seu rumo sem sobressaltos de maior, exceptuando os estragos que as tempestades que assolaram Portugal durante a quadra natalícia terão originado. Quanto a essas “prendas” amargas que a Natureza ou a força divina nos ofertam, pouco haverá a fazer para evitá-las.
* As informações e os dados quantitativos relativos à APED foram obtidos no sítio Internet dessa associação. A Convenção Colectiva de Trabalho para o sector da grande distribuição encontra-se igualmente disponível no sítio Internet da APED. As citações referentes ao sindicato CESP foram retiradas do sítio Internet desta organização sindical.
Hernani Gomes é analista colaborador de PequenEuropa
Vinte e dous dos 27 países da Unión Europea achegáronse o xoves 10 de decembro, ao que foi denominado como unha chamada "de París" para estudar reformas na política agrícola e alimentaria común ao son da frauta francesa. Detrás de todo isto está o presuposto agrícola de 2013 a 2020 que se debería traducir nunha nova baixa dos gastos agrícolas que os gobernos pretenden atenuar. O presuposto da PAC representa nestes momentos o 42% do total da UE. Oficialmente, tres son os obxectivos: a defensa dos ingresos dos produtores, defender unha alimentación diversificada e ter en conta os aspectos ambientais.
Extraoficialmente, o problema non está na produción, xa que o que no fondo se promove é a concentración da produción en explotacións eficientes e modernizadas, é dicir altamente tecnificadas e de produción intensivas en detrimento da pequena agricultura tradicional, e o medio ambiente é un factor periférico pero non un factor central á hora de deseñar a política agraria. Ninguén fala da influencia da distribución a nivel global e os efectos perniciosos que ocasionan tanto a nivel interno, é dicir, comunitario, como externo, internacional.
As tradicionais subvencións á produción e á exportación, non serven finalmente para promover explotacións agrarias sostibles senón para promocionar explotacións intensivas de gran tamaño con marxes de beneficio nas unidades de produción pequenas, e cada vez máis concentradas nalgunhas rexións estratéxicas (perto dos grandes centros transformadores e de transporte) para que as grandes empresas da distribución poidan aproveitar a reestruturación para obter materia prima barata nos mercados comunitarios e internacionais. Todo isto afecta directamente na periferia, onde a dispersión xeográfica e o tratamento tradicional da agricultura, como é no caso galego, nos colocan nunha posición comprometedora de cara ao futuro.
Algúns dos estados presentes, nomeadamente Italia, síntese orgullosos e dan boa proba coas declaracións nas que afirman que forman parte dun núcleo duro ao abeiro de Francia. A maior beneficiaria dos fondos da política agraria comunitaria e por tanto a máis interesada en que o sistema continúe, xa que ademais conta con grandes empresas receptoras dos beneficios comunitarios, directa ou indirectamente, a través do sector da produción e da distribución.
Aínda que se fala de recortes nos presupostos da política agrícola europea, esta opción encontra moitas resistencias e enfróntase ás mobilizacións que esta reforma poida causar no sector. Outra escusa para impedir o recorte dos recursos é o medo á autosuficiencia de produtos alimentarios, que estivo na orixe da política agrícola común da posguerra europea. Este temor que nos levaría a converternos no silo mundial, ten a súa orixe no rápido incremento da poboación do planeta. Non obstante, comeza a facerse visible a visión estratéxica da agricultura como moeda de cambio e contrapeso sobre todo con Asia, ao mesmo tempo que se aposta por engadir valor aos produtos do agro dende unha perspectiva da máxima eficiencia económica na explotación e na comercialización dos produtos do sector primario .
Existe moito interese por gañar tempo e facer modificacións lentas e progresivas. O orzamento da PAC representa o 42% do orzamento total da UE, 56 millares de euros en 2008. Neste senso o ministro de Agricultura francés Bruno Le Maire, que presidiu a reunión, afirmou que na xuntanza sempre se estivo en contra de calquera recorte drástico no orzamento agrícola da Unión Europea proposto nos documentos de traballo elaborados pola Comisión Europea. Parece ser que a Comisión está a pensar en concentrar os investimentos comunitarios en innovación e enerxía. España xa cualificou de inaceptable a postura dunha comisión en funcións que non defende abertamente ao sector da agricultura como estratéxico.
Como se trata dunha primeira reunión para achegar consenso, oficialmente non se falou das cifras para a vindeira reforma da PAC, e cinco países estiveron ausentes nesta xuntanza. Reino Unido, Holanda, Dinamarca, Suecia e Malta. Os novos encontros prométense intensos e interesantes, porque mais que un debate sobre presupostos é unha confrontación de modelos de economía para o futuro.
A finais de outubro pasado estiven de viaxe por Italia, completando un volta de Sur a Norte do país que me fixo reflexionar sobre a realidade e a existencia da Padania.
Cómpre lembrar que Padania é o territorio (real ou imaxinario) que se sitúa ó norte do río Po. De feito o seu nome deriva de Padus, isto é, o nome do Po en latín, palabra emparentada, por exemplo, coa localidade de Padua. Ese suposto territorio abranguería as actuais rexións italianas de Liguria (Xénova), Piamonte (Turín), Lombardía (Milán), Emilia Romaña (Bolonia), Véneto (Venecia), Trentino-Alto Adigio (Trento), Val d´Aosta e Friul Venezia (Trieste), aínda que tamén hai quen inclúe á Toscana dentro desta enumeración.
A Padania tivo certa relevancia mediática nos anos 90 do século pasado a través de Umberto Bossi e o seu partido Liga Norte, que propugnaban a separación do devandito territorio do resto de Italia. As razóns que esgrimían eran basicamente de carácter económico, aínda que tamén había certo compoñente étnico. Consideraban que a Padania, independente, sería o estado máis rico de Europa en termos per cápita ó prescindiren do “lastre” das rexións do Sur de Italia, moito menos desenvolvidas e cunha economía menos dinámica cá do Norte. Neste movemento, ademais, estaba inserto un sentimento anticentralista contra as políticas exercidas dende Roma, á vez que reclamaban unha nova estrutura do Estado italiano onde a soberanía fiscal da Padania sería un elemento innegociable.
As diferencias que atopei entre ámbolos 2 territorios agruparíaas en 2 tipos de factores:
-Obxectivos (ou cuantitativos), que xorden da simple comparación de datos estatísticos de carácter socio-económico, tales como que nas rexións setentrionais a renda per capita era duns 28.000 € de media no 2005, mentres que no Sur estaba nuns 15.600€. Outro indicador bastante clarificador é o do desemprego, que nas rexións meridionais de Italia se dispara ata un 20% de media no 2008 en tanto que na "Padania" non chega a un 8%. Ademais destes indicadores poderíanse empregar moitos outros que reflicten as diferencias no mesmo sentido.
-Subxectivos (percibidos in situ). O dato do desemprego no Sur resulta ben crible se un dá un paseo por Nápoles ou calquera vila da Campania pola mañá. Moitos homes en idade de traballar merodean os principais puntos da cidade sen un roteiro claro. Isto, unido ás grandes cantidades de lixo que se atopan pola rúa e a aparente despreocupación dos seus habitantes confire unha sensación de inseguridade e deixadez certamente preocupantes. No aspecto estético vese en moitos edificios, antano señoriais, e actualmente faltos de calquera reforma ou obra de mantemento. Tamén os medios de transporte, tanto autobuses coma trens, necesitan unha urxente renovación.
Nas cidades do Norte, pola contra, a apariencia é bastante diferente, tanto no tocante á sensación de limpeza e seguridade coma nos aspectos socio-económicos que se poñen de relevo ó escrutala súa realidade durante uns días. Ver xente lendo no transporte público é unha imaxe moito máis habitual ca no Sur.
O clima é outro factor diferenciador do Norte e do Sur de Italia que determina profundamente os distintos modos de ser nun sitio e no outro. O calor meridional fomenta a espontaneidade e o carácter ruidoso e festeiro dos seus habitantes, o que quizais lles reste vigor para ser tan competitivos coma os seus compatriotas do Norte, máis centroeuropeos na maneira de ser.
Con todo, a diferente evolución histórica dun país que non chegou a ser un ata fai menos de 150 anos tamén explica que as diferencias se manteñan na actualidade. Na Padania, dende a Alta Idade Media floreceron as cidades-estado, fomentando o comercio e a competencia entre elas, o que constituíu unha das bases para o seu desenvolvemento económico e industrial posterior.
No Sur, porén, os grandes señores latifundistas e a Igrexa exerceron o seu dominio dende antigo, socavando a potencialidade económica que podía ter unha zona moi ben comunicada con todo o Mar Mediterráneo. Esta situación de pre-capitalismo permanente foi fomentada polas potencias estranxeiras que ocuparon o territorio, nomeadamente a Coroa española. E cando a unificación italiana se concluíu, a Mafia pasou a ser o gran poder na sombra que se interpuxo entre o desenvolvemento do Sur de Italia e o atraso secular que levaba padecendo, de maneira que as relacións clientelares e de “proximidade” pasaron a converterse nun elemento básico da economía e sociedade do Sur de Italia.
En definitiva, sexa por un motivo ou outro pode parecer comprensible que exista un certo “desafecto” da Italia do Norte pola do Sur (e viceversa), pero sen admitir que unha lexítima defensa do propio territorio xustifique políticas xenófobas nin anti-inmigratorias.
Alberte García Nespereira, é responsable de aduanas e impostos na empresa galega Pescapuerta
Aínda que a situación nos mercados financeiros parece estar a mellorar, o impacto da crise sobre a economía real está a ser aínda moi sentido porque a crise financeira converteuse en crise comercial. A baixa liquidez dos bancos e a falla de confianza dos inversores está levando a unha forte escaseza de crédito no día a día dos particulares e das empresas.
A pesares de que a Unión europea recoñece a necesidade de intervención dos Estados membros, a autoridade de competencia da UE está en negociacións cos bancos para controlar as axudas estatais e os plans de reestruturación. Témese que exista trato de favor para os bancos nacionais á hora de acceder ás axudas dos estados membros.
A estas alturas da crise, e tendo en conta a mala prensa que supón subsidiar a certos sectores privilexiados da economía (culpables directos de colaborar no furado financeiro), agárdase que os bancos reduzan o volume dos seus activos e se desprendan daquelas partes “toxicas”. Ou que cando menos, se comprometan a devolver as axudas estatais nun futuro próximo, non descartándose unha combinación de ámbalas medidas.
Polo tanto, a Comisión Europea coa intención de moldear o perfil das entidades financeiras adoptou un marco temporal flexible para dar aos estados membros oportunidades adicionais para combater os efectos do deterioro do crédito na economía real sen perder de vista posibles tratos de favor. Cantidades limitadas de axuda, garantías e empréstitos bonificados están entre as medidas dispoñibles para os bancos.
A crise financeira creou a necesidade dunha mellor supervisión das institucións financeiras europeas de maneira imparcial, o que non é doado, pois as axudas e as intervencións son xestionadas polas autoridades estatais, e este sector estratéxico para a economía está cada vez máis implicado en actividades transfronteirizas difícilmente controlables.
De acordo con datos da Comisión Europea, existen máis de 8.000 bancos en Europa, pero máis de dous terzos dos seus activos totais están en mans de corenta institucións multinacionais. Para botar un ollo a esta rede a Comisión creou un grupo de supervisión financeiro “Ad hoc” en outubro de 2008. Non sabemos aínda o éxito que terá nas súas propostas.
Polo momento o grupo, liderado por Jacques de Larosière, ex-director do Fondo Monetario Internacional, presentou un informe en febreiro de 2009 que foi aprobado en maio pola Comisión, onde se propoñía un plan de reforzamento do rol de supervisión do risco por parte do Banco Central Europeo (BCE), impulsando a vixilancia dos grupos financeiros internacionais dentro dos estados membros.
En xuño de 2009, os líderes da UE chegaron a un acordo de mínimos sobre os principais temas e deuse un mandato á Comisión para propoñer unha solucións compartidas no caso de rescates de bancos con actividades trasnacionais. Asunto que a Comisión non pasou por alto. O ING foi o primeiro banco intervido a nivel europeo “por ser demasiado grande para fallar”. O banco holandés desprenderase do seu negocio en seguros e xestión de investimentos, valorado en 12 ou 15 billóns de Euros, e a cousa non vai quedar aquí. Lloyds Banking Group en Royal Bank of Scotland serán os seguintes en ser intervidos. Está claro que a opacidade no tratamento das contas dos bancos foi moi variable de estado a estado, e os anglosaxóns foron os primeiros en afrontar os saneamentos necesarios.
Pero o gran problema pode vir cando a combinación das 3 variables: o tamaño, número de intervencións por estado e o lugar onde se apague o lume, non sexa tan favorable. Como no caso Islandés os pequenos estados poder ter menos garantías. Que pasaría se se dispara o número de intervencións en bancos máis pequenos, e en estados menos relevantes? Serán capaces os estados europeos de crear fondos de compensación e garantía a nivel europeo? Ata onde pode chegar a solidariedade de Europa?
Despois da polémica adhesión dos irlandeses ao tratado de Lisboa no referendo da semana pasada, falta aínda un último chanzo para concretar completamente os procesos de ratificación dun tratado que, guste ou non, debe facilitar obxectivamente a toma de decisións nunha unión con 27 membros.
Durante a vindeira semana agárdase que o presidente polaco Lech Kaczyński complete o proceso de ratificación de Polonia, é dicir, asinar o documento de adhesión despois de pasar polo parlamento local que é o que realmente ten a lexitimidade para ser logo ratificado por parte do xefe do estado.
O último obstáculo será a República Checa, onde o tribunal constitucional checo debe pronunciarse sobre unha moción presentada por un grupo de senadores que cuestionaron a conformidade do tratado de Lisboa coa carta magna checa. O presidente checo ten tempo logo para refusar asinar un tratado que tradicionalmente en obstaculizando ata que o tribunal constitucional se pronuncie.
Aproveitando a circunstancia, e o feito de que está de moda poñer paus nos radios da bicicleta europea, Klaus buscou unha nova condición para poñer a súa sinatura no papel. Unha nota a pe de páxina no que se indique que o capítulo sobre os dereitos fundamentais non sexa aplicado para a república checa porque podería dar lugar a reclamacións alemanas en territorio checo previas á segunda guerra mundial.
Trátase de reinventar as regras de xogo e crear unha dificultade engadida, logo da ratificación do tratado polo parlamento e o senado checos. Algo así como se o rei de España se negase a rubricar as normas do noso parlamento.É certo que os irlandeses conseguiron garantías no ámbito dos dereitos humanos, ou soberanía e taxas, pero é evidente que o tratado de Lisboa non vai crear un superestado só polo simple feito de que algunhas materias deixen de ser gobernadas polo criterio da unanimidade. É posible que se dilate o proceso ate as eleccións en Gran Bretaña do ano que ven, onde se espera que gañen os conservadores e se pronuncien sobre o tratado de Lisboa se este aínda non fose aínda totalmente ratificado.
En calquera caso, calquera declaración política non pode levar a renegociar o tratado. Ten que ser o goberno checo, e non o presidente, o que demande a “declaración política” solicitada por Klaus nunha reunión que terá lugar o vindeiro mes e que podería dar lugar a un documento adxunto ao tratado. Este sería similar ás garantías legais outorgadas a Irlanda despois de rexeitar o tratado en xuño de 2008.
Porqué tanta lea en contra do tratado de Lisboa? Gañamos algo con este tratado? Teoricamente si. Saímos do impasse e do estancamento actual, que sempre é noticia, e conseguimos avances por veces contraditorios ao perder a capacidade de veto dos estados membros nalgunhas materias e ao mesmo tempo incrementar a participación do Parlamento Europeo e dos parlamentos dos estados (para cando dos parlamentos das nacións sen estado?), amais da creación da “iniciativa cidadá” para pedir que a comisión teña en conta as propostas emanadas directamente do pobo. Mesmo se recolle a posibilidade de retirada da EU se é que Klaus e os seus correlixionarios así o desexan.
É preciso por outro lado adoptar métodos de decisión máis simplificados nunha Unión a 27, que non tivo avances desde o Tratado de Niza. Probablemente un dos capítulos máis polémico é o da protección dos dereitos dos cidadáns que serviu para resistirse á ratificación do tratado aos países anglosaxóns e e aos euroescépticos do leste, aos que non lles gusta nada a regulación nestas materias.
E finalmente, apuntase unha maior ambición para que a Unión se exprese con claridade no ámbito internacional. Que o vicepresidente da Comisión sexa o responsable dos asuntos exteriores, debe incrementar o crédito e a coherencia da acción exterior de EU, que ademais crea un corpo diplomático, o “servizo europeo de Acción exterior”, para asistilo. Iso non significa que a Comisión Europea poida impoñer a súa visión sobre os estados membros no tocante á política europea de seguridade e defensa que segue conservando un sistema especial de toma de decisións, pero axuda a unificar criterios cun grupo reducido de estados, e o que é máis importante, o Tratado de Lisboa, tende cara a unificación dos tres piares da UE: a dimensión comunitaria (cidadanía de la Unión, políticas comunitarias, unión económica y monetaria, etc), a política exterior e de seguridade común (PESC), e a cooperación policial e xudicial en materia penal. É dicir, retomar o vieiro da coherencia e da credibilidade institucional.
O Mercado do leite deteriorouse significativamente nos derradeiros 15 meses. A caída dos prezos do leite afecta de forma severa aos ingresos dos produtores, perturbando a estabilidade social en toda Europa, ata o punto de que os granxeiros enfadados bloquearon as rúas en Bruxelas cos seus tractores no mes de xullo.
De acordo coas cifras da Comisión, os prezos para os produtores de leite caeron dende 30-40 céntimos de media por litro en toda Europa, e nalgúns casos o litro de leite xa se paga por debaixo dos 20 céntimos.
Nun contexto de limitación das axudas aos gandeiros por parte da UE nos dous anos a vir, a atención parece centrarse agora en coñecer as malas prácticas da industria da distribución. É dicir, se os supermercados usan o seu poder de compra para condicionar os prezos dos produtores.
Un segredo a voces, porque a Comisión Europea xa estaba examinando o as práctica anticompetitivas na cadea de produción alimentaria o pasado 21 de xullo, e declaraba que a competición non estaba funcionando e non dubidaría en actuar se era necesario. Agora mesmo o marxe de beneficio dos produtores comparado cos beneficios dos envasadores e distribuidores é moi desigual. Mentres algúns produtores están producindo sen marxe de beneficio, as industrias da distribución móvense no 40 ou 60% de beneficio. As ganancias están mal repartidas e o leite é amais dun produto básico de alimentación, un reclamo para os clientes dos grandes supermercados que chegan a vender o litro por debaixo dos 50 céntimos. So falta agora saber porqué se dá esta situación.
Todos os produtores de leite independentemente da súa nacionalidade, celebran a decisión de manter un ollo sobre os supermercados. Pero aos produtores galegos hai algo que os fai máis vulnerables que os produtores franceses por exemplo. A produción está fragmentada e dispersa, e a liberalización que se propón en Europa contribuirá á concentración da produción é a desaparición dos pequenos produtores. O que plantea ademais serios problemas de equilibrio no rural.
En parte a culpa é nosa xa que se aceptou una cota moi inferior en parte debido a que os gandeiros ocultaban produción real para evitar cargas impositivas. Unha práctica herdada da época franquista cando se intentaba colar a “leite negra” por toda España. Tamén é posible que o goberno español que negociou a entrada na CEE,nos anos 80, aceptase unha cota de produción que permitía a entrada dos excedentes europeos en España.
A fin de contas a leite que se consume en España supera os nove millóns de toneladas de leite, cando non se pode producir máis de seis, e debemos importar de Francia ou outros países resto do consumo estatal por enriba da cota que nos corresponde. Isto provocou que se demandara na UE un aumento de cotas, pero non se agardaba que o aumento fose para tódolos países.
Asía as cousas, pode parecer que este aumento permitiría aos produtores cubrir os tres millóns de toneladas, pero en realidade o que ocorrerá é que o mercado se abrirá de tal maneira que os grandes produtores de outros países entrarán con forza para vender as sobreproducións tal e como están facendo agora, creando unha forte competencia e baixada de prezos para expulsar do mercado os produtores menos competitivos. E este é escenario previo á desaparición das cotas do leite en 2015.
Ademais a recente iniciativa franco-alemana apoiada por 16 países, demanda maior liberdade para axudar aos propios agricultores sen pedir permiso a Bruxelas. É dicir, proponse unha vez máis a aposta por un modelo de produción intensiva en grandes granxas, o que supón a desaparición da pequena produción que xoga un papel fundamental no mantemento do medio rural. O efecto expulsión ven dado polo prezo do leite en orixe que sendo tan baixo fará que moitos produtores vendan a perda ata que finalmente sexan expulsados do mercado promovendo a concentración das producións. O “contrato homologado” en España sona ben, pero non ten ningún mecanismo que garanta a caída de prezos en orixe, nin que obrigue ás industrias a uns prezos estables. Pero o que vai marcar o destino dos produtores galegos van ser os prezos que se negocien nos países veciños.
O GERB un partido de centro-dereita búlgaro, fundado baixo o liderado de Boiko Borissov, o actual alcalde de Sofia, gañou as eleccións parlamentarias do 5 de xullo, e Borissov será o novo primeiro ministro dun goberno en formación nos vindeiros días co apoio doutros partidos de dereita.
Por outra banda, Bulgaria que está no epicentro de moitos dos proxectos de gasoductos con procedencia caucásica, afirmou apoiar un proxecto denominado “Nabucco” que conta co apoio financeiro da EU, para abastecer Europa con gas caucásico, deixando de lado a súa participación nun proxecto de Gazprom, o que pode irritar a Rusia, que se chama South Stream e que é rival do proxecto Nabucco.
Bulgaria é unha peza clave no proxecto gasístico South Stream, que planea percorrer toda a costa do Mar Negro polo norte dende o Cáucaso ata a cidade de Varna. O proxecto South Steam é unha iniciativa de Gazprom e da empresa italiana ENI. Mentres que o proxecto Nabucco é anterior, do 2002, e está participado por empresas de Austria, Hungary, Romania, Bulgargaz, Bulgaria, Turquía e Alemaña. Amais diso transportaría o gas polo sur do Mar Negro abastecendo todos os países participantes.
Recentemente Rusia asinou un acordo con Italia, Bulgaria, Grecia, Serbia e Eslovenia, para comezar a construír o gasoducto de South Stream, anunciando que tería máis do dobre de capacidade, é dicir dende 31 billóns de metros cúbicos a 63 billóns. Ata entón os dous proxectos Nabucco e South Stream eran considerados similares, pero o incremento de capacidade faría o South Stream máis interesante. Unha gaia do planeado conducto South Stream percorría Serbia e Hungría, ata Austria, finalizando na planta de almacenamento de Baumgarten. En xaneiro a compañía austríaca de enerxía OMV e Gazprom, chegaron a un acordo para converter Baumgarten nun centro de comercialización mixto ao 50%, e non parecía haber problemas alí por onde South Stream pasaba. Todo iba sobre rodas.
Non obstante os Rusos están a ser sorprendidos polo cambio de postura con respecto a South Stream despois da chegada do novo presidente Búlgaro que solicitou conxelar todos os asuntos enerxéticos ata a súa toma de posesión. Xa se sabía que Borissov non era moi proruso. Pero este obstáculo pode dificultar e retrasar a chegada do gas de Gazprom.
Nunha carta ao actual ministro de enerxía Petar Dimitrov, publicada na páxina web do GERB, Borissov solicita ao actual goberno paralizar temporalmente as negociacións que implican ao país no proxecto South Stream amais da construcción dunha nova planta nuclear na localidade de Belene.
A decisión non sorprende, tendo en conta as posicións pro-atlantistas de Borissov que sempre defendeu as posturas pro-occidentais, compartindo a estratexia europea de seguridade enerxética de reducir a dependencia do gas ruso. Bosrissov mesmo foi acusado de ser espía da CIA.
Polo tanto a actitude de Borissov non é nova para Rusia onde o líder búlgaro marca distancias, e de vagar, ralentiza e dificulta o proxecto Ruso probablemente a cambio de renegociar a participación búlgara no proxecto. Se South Stream non vai adiante, Gazprom perdería parte do seu mercado e Rusia perde influencia no caso de que o proxecto Nabucco tome vantaxe.
Neste contexto de augas revoltas Bulgaria vai saír de pesca, faille unha chiscadela á UE e mellorará as condicións para participación búlgara nun proxecto que diversifica as entradas enerxéticas de gas no centro e no leste de Europa. Pero que en principio Rusia non parece moi disposta a negociar e menos mal que non é inverno...
A União Europeia nasceu enquanto projecto há mais de 50 anos, aquando do renascimento de uma Europa de impérios de natureza hegemónica, politicamente centralistas e centralizadores dos recursos e das decisões. Era uma Europa de Estados que entremeavam à la légère a diplomacia e a guerra para controlarem territórios e populações, para melhor acumularem capital ou, inversamente, como forma de controlarem os sistemas de acumulação de capital para assim alargarem o seu poder sobre territórios e populações.
O fim das grandes guerras ditou o aparecimento de novas potências e de uma nova ordem mundial. Mas a nova geopolítica, que teve como consequência uma revisão da influência dos Estados europeus no mundo face aos novos centros de poder, constituiu finalmente uma alavanca para a criação sucessiva da CECA, da CEE e da União Europeia, ou seja, os Estados que antes se degladiavam entre si criaram plataformas de entendimento das quais dependeria o seu crescimento económico. Percebemos então que, apesar das nossa diferenças serem muitas, as nossas semelhanças ainda são mais numerosas, a começar na nossa herança civilizacional comum, e acabando naturalmente nos valores sociais e politicos e nos interesses económicos.
A prevalência dos Estados europeus no concerto das grandes potências mundiais depende – na óptica da economia de mercado global em que vivemos – da capacidade em funcionar enquanto bloco. Não é opaca a intenção dos Estados da UE em tranformar a Europa na maior e mais competitiva economia do conhecimento do mundo (ponto central da « Estratégia de Lisboa »). Os velhos e pesados impérios coloniais deram lugar a outros blocos não menos espectaculares pela sua capacidade de influência política, militar e sobretudo económica aos quais nenhum canto do planeta escapa (veja-se a internacionalização da política e da economia dos Estados Unidos da América, em boa parte conseguida pela capacidade de atracção de capital externo para a sua economia interna, nomeadamente de potências como o Japão, que, aliás, poucas ou nenhumas vantagens daí retiraram).
Na esfera económica e financeira a União Europeia é um bloco agregador e acumulador do capital circulante no planeta. Essa esfera desenvolveu-se rapidamente, com tudo o que de bom e de mau pode transparecer do modelo de desenvolvimento económico liberal. Já a Europa política e social avança muito mais lentamente.
Mas, se muitos avanços se deram pelo interesse no desenvolvimento de um mercado transnacional forte e sem restrições de natureza burocrática, essa supressão de barreiras, sobretudo fronteiriças, possibilitou não só aos europeus de alargarem os seus horizontes pessoais e profissionais, mas igualmente às regiões de se descobrirem, de verificarem que, de forma ainda mais profunda do que os Estados nacionais, o rio, a montanha ou a língua oficial que as separam das regiões vizinhas não constituem finalmente barreiras suficientes para que as dinâmicas de desenvolvimento transregional se criem.
Já anteriormente, mesmo em períodos mais conturbados da história da Europa, existiam relações comerciais e culturais entre comunidades fronteiriças, embora em escalas diferenciadas, com maiores ou menores dificuldades impostas pelas autoridades de um ou do outro lado, ou de ambos. Veja-se o contrabando que se realizou durante séculos entre populações de cá e de lá da raia luso-espanhola.
Fundou-se entretanto a Europa das regiões, ou melhor, institucionalizou-se a relação entre as mesmas e a ligação entre estas e os orgãos de decisão da UE. Criou-se em 1988 o Conselho Consultivo das Colectividades Regionais, embrião do Comité das Regiões, que por sua vez foi formalizado em 1992 pelo Tratado de Maastricht e que tem sede em Bruxelas. Este tratado, assim como o de Amesterdão que se lhe seguiu, fixam as áreas nas quais este orgão consultivo tem capacidade de acção, já que a Comissão Europeia e o Conselho Europeu são obrigados a submeter projectos ao parecer do Comité das Regiões sempre que o interesse local e regional esteja em jogo. Falamos pois de projectos de directivas que dizem respeito à coesão territorial, económica e social e às políticas de emprego, da saúde pública, da cultura, da educação, dos transportes e do ambiente.
Se no plano nacional o poder central encetou o processo político de descentralização do Estado por via da regionalização – numa panóplia diversificada de modelos de descentralização políticos e administrativos existentes por essa Europa fora – no plano transnacional, a informalização secular das relações fronteiriças constitui a premissa para uma regionalização da Europa, bem antes de se conceber a sua federalização, se é que um dia esse sonho – ou pesadelo para muitos – se realizará.
Contudo, a muita « carolice » da cooperação interregional acaba muitas vezes por impeçar no ainda grande centralismo das instituições políticas nacionais. Afinal, o jacobinismo ainda estará muito presente na mentalidade e na acção política dos nossos tempos. Outro entrave consiste na não aplicação do princípio de subsidiaridade, que deveria passar pela generalização da gestão directa pelas instituições regionais dos fundos estruturais e de coesão europeus, quer ao nível da decisão de investimento, quer ao nível da distribuição dos mesmos (ex. programas LEADER, AGRIS), tendo sempre presente que a estratégia de desenvolvimento deverá ser delíneada com as regiões do outro lado da fronteira.
O trabalho conjunto das diversas administrações de uma « euroregião » permitirá delínear estratégias comuns de desenvolvimento sustentável, projectar infraestruturas de comunicação estruturantes para essas regiões, influenciar e promover as relações exteriores dos Estados e reforçar o lobi junto dos organismos de financiamento da União Europeia.
Por enquanto, uma mudança de paradigma geopolítico e socioeconómico baseado na « transregionalização » da Europa mostra-se ainda vaga. Vejamos alguns casos mais recentes, como o desenvolvimento da rede de caminhos-de-ferro de alta velocidade na Península Ibérica, em que Portugal, com um projecto com avanços e recuos, teve de adaptar o trajecto das suas linhas às contingências impostas pelos projectos espanhóis já em implementação. No fundo, neste caso preciso, a solução é apenas uma, ou seja, o lado português terá de construir as linhas em direcção à região onde o Estado espanhol pretende que passe o comboio de alta velocidade. Outro exemplo será o apoio dado pelo Estado espanhol à construção de uma refinaria pertolífera na região espanhola da Estremadura, não fosse a oposição acérrima de movimentos de populações e de ecologistas espanhóis e portugueses, à qual se juntou a grande preocupação das autoridades regionais vizinhas do Alentejo e do governo português face à implementação de um projecto que colocaria em risco a viabilidade turística de uma parte da região portuguesa.
Temos contudo no nosso continente vários casos em que a Europa das regiões se fará sentir de uma forma mais construtiva. A « Grande Região », região à primeira vista virtual, constituída por regiões vizinhas de quatro Estados europeus – a região da Lorena (França), o Grão-Ducado do Luxemburgo, o Estado da Renânia-Palatinado (Alemanha), o Estado do Sarre (Alemanha) e a região da Valónia (Bélgica) – mas cuja história e geografia as ligam em várias áreas, nomeadamente através dos intercâmbios culturais seculares e dos fortes laços económicos potenciados pela interdependência dos mercados de trabalho, do comércio e da indústria.
No passado dia 3 de Abril, foi assinada uma Carta de Cooperação e criado um grupo de trabalho envolvendo as universidades públicas da Grande Região. Para Jean-Pierre Moinaux, vice-presidente delegado para o ensino superior da Lorena, « a Grande Região é um microcosmo europeu que pode servir de exemplo para a integração europeia. No quadro da nossa acção, trata-se de valorizar as mais-valias e os talentos das nossas regiões ». As reuniões sectoriais interministeriais marcam também esta nova realidade desse território. Segundo o ministro luxemburguês para o ensino superior e para a investigação científica, « a vontade e a interacção política são necessárias para fazer avançar a Grande Região. Acábamos de dar um novo passo em frente para a construção de centros de competências regionais ». (excertos retirados do jornal quotidiano luxemburguês « Le Jeudi », de 9 de Abril de 2009)
De igual modo, quatro cidades da Grande Região – Luxemburgo, Metz, Sarrebrücken e Trier –decidiram trabalhar em torno da ideia de uma « metrópole europeia virtual », como contribuição para o paradigma de uma « Europa integrada » (ver sítio internet em http://www.quattropole.deepweb.de/). Esse objectivo passa pelo desenvolvimento de projectos em vários domínios, como o das tecnologias da comunicação, através da criação de redes transfronteiriças de transmissão de informação de alto débito e da disponibilização de serviços administrativos via internet. Fazem parte do projecto outras áreas como o desporto, o desenvolvimento urbano sustentável, os intercâmbios escolares, a mobilidade das pessoas e dos trabalhadores (promovendo estágios e transferências de competências), a cultura e o turismo, a comunicação (criando estruturas de divulgação de eventos e de promoção das cidades em causa) e as plataformas e-learning, nomeadamente através de programas informáticos de aprendizagem das línguas da região.
Estes são dois exemplos de como as autoridades de diferentes países podem melhorar em conjunto a atractividade económica das suas regiões e a qualidade de vida das suas populações. Estamos a falar de uma zona do continente das mais densamente povoadas e industrializadas e que tira proveito dos programas de coesão da União Europeia para o reforço da cooperação transfronteiriça, como é o caso do programa-quadro INTERREG (consultar sítio institucional da Grande Região em http://www.granderegion.net/).
Outras regiões debatem-se com realidades opostas; ligadas à ruralidade e ao despovoamento dos seus territórios. A transregionalização acaba por ser uma arma em prole da valorização dos trunfos dessas regiões, nomeadamente na área do turismo.
Muitos projectos são desenvolvidos com o apoio de fundos estruturais europeus de fomento das economias locais e da coesão social, em domínios tão variados como a formação de quadros para a administração e para os sectores-chave da economia regional, o fomento do turismo ligado ao desenvolvimento rural e à protecção do ambiente, a valorização dos produtos regionais, nomeadamente através da criação de estruturas de comercialização dos produtos ligados ao sector primário, a promoção da cultura e do património local e o apoio à juventude e à igualdade de oportunidades.
Podemos considerar que, mesmo que a ritmos diferentes e seguindo modelos diversos e muitas vezes divergentes, a Europa acaba por forjar o seu projecto no plano micro, através da implicação directa das instituições e das populações locais e regionais. O federalismo enquanto modelo de gestão política do continente poderá nunca ser adoptado pelos governos nacionais dos Estados membros da União Europeia, mas, na verdade, a Europa das regiões poderá ser a verdadeira ponta de lança para o aprofundamento do projecto europeu. Pelo menos, e no que toca às regiões, essa já é uma realidade.
Hernani Gomes 1(1) 270 é o número de regiões que fazem parte da Assembleia das Regiões da Europa (consultar sítio oficial desta organização independente em http://www.aer.eu/). A lista dos membros não é exaustiva das regiões europeias, muitas delas não estando representadas neste organismo. Parte das regiões-membros pertencem a Estados extra-comunitários que são no entanto membros do Conselho da Europa. ^
Vemos nestes días que as eleccións ao Parlamento Europeo son o esperpento que permite á oposición erosionar, ou cando menos cuestionar a lexitimidade do goberno español, e nesta atitude pervive unha das moitas crises que afectan á política europea e á Unión Europea, como proxecto común.
Non é lóxico usar unhas elección ao parlamento Europeo para depoñer un goberno local porque ese non é o fin deses comicios, e aínda que en política parece que todo vale, non estaría de menos recordar que xa que logo habería que empezar a falar de depoñer un goberno “rexional” xa que se utiliza a forza dos votos nunha circunscripción para intertar cambiar o seu equipo de goberno nun espazo xeográfico menor. Isto amosa que Europa sufre unha crise de consolidación en parte por aquelo que algúns estados denuncian como maligno de portas a dentro, e que moitos deles mesmo chegan a negar: o rexionalismo.
Neste caso o rexionalismo dos estados impide que se poida falar do que interesa realmente no contexto da política europea, é dicir, por poñer algúns exemplos: da representación dos intereses dos cidadáns da circunscrición nese foro continental; de cales serán as súas posturas á hora de confrontar problemáticas comúns como a enerxética, a reforma da Política Agraria Común que tanto afecta ós nosos gandeiros, a política pesqueira e a protección do medio ou mesmo a importancia de poñer en valor a codecisión que o Parlamento Europeo ten en determinadas materias e que tanto incordia ós gobernantes estatais; e por se fora pouco, evita unha valoración efectiva do traballo desempeñado polos anteriores representantes na antiga lexislatura. Pola contra o debate convértese nunha sorte de crónica negra cos detalles macabros de curas pervertidos en Irlanda, os casos caseiros de corrupción, ou para variar, ábrese o debate do círculo antiabortista.
Ao final o discurso dos grandes partidos que controlan os medios de comunicación en tódolos estados non difire moito do que dende o punto de vista europeo se considera rexional. Polo tanto a caste política mesma se denuncia mentres se recriminan mutuamente problemas locais. É dicir, confunden o touciño e a velocidade, e no pecado vai a penitencia. Porque mentres esto ocorre, a reacción conxunta ante ameazas como a crise financieira é descoordinada. Mellor non pensar qué ocorrería en caso de agresión militar externa. E todo grazas ao rexionalismo.
Non cabe a sorpresa. Parece que na UE ninguén contaba cuns resultados tan chamativos onde a dereita é masivamente apoiada. Pero a realidade hai que mirala dende a óptica do compromiso e da participación. Os votantes de esquerda sentiron de menor grao a obriga de achegarse ás urnas. E como os votantes de dereita son verdadeiros militantes disciplinados, a balanza escorou incluso máis do agardado cara os partidos conservadores.
Porqué razón ocorre isto? Fálase dende hai tempo da crise de Europa. En realidade a crise, de aceptala como un feito consumado, non é única. Estamos a falar de tres crises, a económica que disque afecta os resultados dos partidos que gobernan, e que ven ser desmentido polos resultados da dereita en Alemania, Francia e mesmo en Italia, pero que si afecta a visión de futuro a curto prazo dos cidadáns amedrentados a maioría deles, que saen a votar e que probablemente se mobilicen cara o voto á dereita.
Por outro lado crise europea que dende hai tempo afecta á credibilidade dunha hipotética unión europea, e que se entende como crise de liderado, de ideais, e de modelo político e institucional de cara ao futuro. Esta segunda crise xunto coa falla de resposta á primeira é probablemente o que fai diminuír a participación dos votantes de esquerda e doutros partidos neste tipo de comicios que parece que non serven para nada.
Probablemente non existen os incentivos para facer ver a importancia do que no Parlamento Europeo ocorre, e que por desinterese deixa as portas abertas ás iniciativas contrariantes para o público, que contribúen ao descrédito desa institución como a directiva das 65 horas de traballo semanal. O que está na base deste descrédito, non é a falla de competencias do parlamento europeo, que se queda curto nas súas funcións, senón o modelo de Europa dos estados sobre o que se construíu o proxecto europeo. En base a isto Europa converteu no día de hoxe parte do seu parlamento nun conglomerado de grupos que teñen por obxectivo a súa destrucción, e que pretenden gardar os intereses “nacionais”.
En Bruxelas non hai lei antipartidos nin ningún tribunal que penalice as súas declaracións e ideais por extremas que poidan parecer. E aínda máis, estes partidos antieuropeos non teñen rubor en usar os recursos que lle son concedidos para loitar contra calquera ideal internacionalista. A fin de contas, morder a man de quen lles dá de comer. En todo caso, na orixe do problema están os nacionalismos institucionalizados de estado que impiden a transparencia na información, e que non falan do que corresponde nunhas eleccións europeas de maneira provinciana.
Por último, existe unha crise moral que afecta a grande parte da sociedade en diversos países en Europa, e que contribúe a fechar filas con candidatos de criticable condición no máis puro sentido acrítico. A confirmación disto son as mesmas declaracións dos seus responsables, que afirman que as urnas os “exculpan” dos casos de corrupción, nunha nova forma de indulto popular moderno, ou ben dos casos nos que o electorado avala a conducta irresponsable dos dirixentes que colocan nas listas non importa a quen, unha modelo, un can, ou unha vaca, tanto ten.
Na Grecia clásica xa se falaba de “areas de influencia” en Europa. Dende entón ata hoxe, o análise das políticas de areas de expansión neste continente converteuse nun dos tirapuxas máis apaixonantes da historia.
O último exemplo é a“asociación oriental” que Bruxelas ven de fomentar esta semana, e que volveu acordar unha vez máis a vella retórica de potencia en decadencia de Rusia. A UE quere evitar que aparezan novos conflitos embarazosos con envolvemento do xigante do leste, tal como aconteceu en Xeorxia no ano 2008.
Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Xeorxia, Moldavia e Ucraína, todos eles países febles entre Europa e os países do entorno do Mar Caspio na esfera Rusa, padecen o impacto da crise que ameaza a súa estabilidade e a estabilidade da rexión por onde pasa gas e petróleo para a UE.
Esta é por tanto unha boa razón para poñer 600 millóns de euros sobre a mesa, e promover reformas democráticas e económicas que os leven a integrarse nas redes da UE. Trátase por tanto dun plan para promover maior cooperación económica e política entre as seis ex-repúblicas soviéticas, e persuadir a Rusia de que non se pretende erosionar a esfera de influencia que Rusia se atribúe con descaro.
Obviamente, Rusia reaccionou airada, porque ademais estas medidas tómanse unha semana despois da expulsión de dous representantes rusos da se da Alianza Atlántica en Bruxelas. E no mesmo día do nacemento da “asociación oriental”, o ministro de defensa ruso, Anatoly Serdyukov, anunciou a suspensión da segunda reunión a manter coa UE, Xeorxia e Osetia do Sur, que Rusia considera territorio independente despois da breve guerra con Xeorxia.
A UE con todo o seu peso económico, non é ninguén para poder afirmarse nunha propia zona de influencia coa ameaza d forza, como fai Rusia abertamente, e tal vez se se deran as circunstancias idóneas algún dirixente europeo tería máis que tentacións de facelo. Non obstante, impídese que Rusia constrúa o seu espazo vital.
A persuasión dos “600” (millóns), que poderíamos dicir, non é tampouco arroupada con igual encanto por todos os dirixentes europeos. O feito de que destacados líderes de países de Europa Occidental cancelaran a presencia en Praga nos actos de presentación do proxecto, é significativo. Máis se cabe, porque en Europa as estratexias non teñen definición clara e estratexia a logo prazo, e amais diso, dependen da combinación de líderes de quenda en cada estado e do entendemento entre eles.
Hoxe falamos de estratexia cara o leste, porque lle convén os líderes que estiveron presentes en Praga, onte falouse de estratexia euro-mediterranea porque lle conviña a algúns países coma Francia, a mañá entra na axenda unha estratexia noutro lugar por calquera razón que se cole na axenda...Sempre sen cavar fondo.
Seguimos cos problemas endémicos de sempre. E a Europa a dúas velocidades non é que non exista, senón que xa tivo una existencia efémera cando se creou a Europa do euro. Agora xa existe unha Europa a non se sabe cantas velocidades; a do euro, a de Schenguen, a Europa dos que están fora de Schenguen, a Europa das asociacións económicas e estratéxicas... e as Europas que virán.
Ninguén ten claro que quere de Europa senón os cartos. A mellor definición de Europa é: unha asociación con ánimo de lucro, sen liderado, e vivindo nun xogo de suma cero para ver quen colle o mellor anaco da tarta. A crise económica e financeira, vai agudizar esa sensación amarga, que ven dende o fracaso da constitución europea, á espera do que pase cos reiterados referendos irlandeses.
En definitiva, vai sendo hora e revisar postulados. En primeiro lugar, sen entrar no tema do liderado e da representatividade democrática das institucións, temos que ver a realidade do uso dos fondos estruturais e de cohesión, así como das axudas económicas na periferia europea, porque se ve que o crecemento de España por poñer un exemplo, foi en certa medida ficticio ao igual que en Europa do leste. Unha gran parte do crecemento destes anos é de tipo especulativo. E na política exterior da Unión as cousas non se fan con intelixencia e visión de futuro, senón por intereses particulares dalgún membros. E dicir, Europa sempre aparece dividida, sen unha soa voz, movéndose por intereses primarios e con atraso.
Pero sobre todo, temos que cavar fondo na integración máis que en novas adhesións abertas ou encubertas. A Europa sen cabeza, en tódolos sentidos, nunca existirá por moito que nos enganemos.
Esta semana unha boa nova chegou a Vigo. Disipáronse os temores de que desapareceran as quendas nocturnas en Citroen debido a unha decisión do goberno de Angela Merkel en Alemania. 24000 unidades de automóbiles deben ser producidos en Vigo, para este país grazas ao incremento da demanda de pequenos turismos.
Cando a gran coalición entre a Unión Cristiano Democrata CDU e o Partidio Socialdemócrata SPD, decidiron premiar aos alemáns con 2500€ por entregar o vello coche a cambio dun novo, probablemente non fosen conscientes da repercusión que iso ía ter noutras partes remotas do planeta. Ou tal vez si.
En calquera caso o goberno alemán apartou 1,5 billóns de euros con este motivo, como parte do paquete de 50 billóns anunciado en febreiro para saír da crise que nos molla a todos. E a popularidade do plan renove alemán, non deixou lugar a dúbidas. A comezos do mes de abril xa se dobraban as previsións. A demanda destas axudas xa era o dobre do previsto a comezos de mes. Todo un éxito tendo en conta que en setembro hai eleccións e nin o CDU de Merkel, nin o SPD do ministro de asuntos exteriores Frank-Walter Steinmeier, queren defraudar ao electorado. Unha vez detectada a demanda de medidas deste tipo, ambos partidos decidiron ampliar o montante financeiro adicado a este concepto en 3,5 billóns de euros, para poder chegar a 2 millóns de compradores de coches.
O incremento en ventas de coches medrou un 40% dende marzal de 2008, e afectou ao sector ou á gama de carrozarías máis modestas, con vellos coches de máis de unha década a recambiar ou a compradores de coche novo por vez primeira.
Pero cómo afecta isto á industria automobilistica alemana, tendo en conta que a demanda de coches reactiva a unha empresa francesa, Citroen, e á economía de Vigo? As críticas aos plan da gran coalición, non tardaron en chegar cando se deu o feito de que os constructores foráneos comezaron a ser os grandes beneficiados en comparación cos productores locais. Estímase que os productores domésticos só alcanzan o 36% das axudas aínda que a súa cuota de mercado é do 60%. Tampouco sería aceptable subsidiar só no caso de que se merquen coches alemáns. Polo tanto, a fin de contas mais ben parece un plan de estímulo europeo onde os beneficiarios son os pequenos coches de Fiat, Renault, Citroen ou Dacia, mentres Mercedes ou BMW case non se benefician. Tal vez estea cambiando a percepción da relación prezo calidade dos productos “made in Germany”, cousa que non parece. Non obstante se o diñeiro público se gasta en subvencións directas a estimular a renovación do parque automobilístico, tamén outras industrias teñen dereito a axudas que faciliten a compra dos seus productos.
É importante tamén ver os efectos a longo prazo destas medidas. Seguindo exemplos pasados, Francia subvencionou desta maneira a compra de coches nos anos 90, e logo o efecto resaca fixo que se producira a caída da venta nun 20% ao ano seguinte, unha vez que desapareceu a subvención. Probablemente en Alemaña xa teñan pensado niso.
Os recortes fiscais en tempo de crise incrementan o aforro en bancos que ninguén parece saber da súa fortaleza. Nonembargantes, si existe un compromiso do estado para garantir depósitos de ata 100000 € por persoa, os alemáns son os mellores aforradores... Dar incentivos para comprar é un bo instrumento para recuperar a confianza en tempo de crise, sumado a que se reactiva o mercado do crédito ao consumo (2500 non chegan para mercar un coche) e probablemente en moitos casos é mellor pagalo a prazos. Sen obviar as externalidades creadas; carrocerias modernas de menos consumo e menos dano medioambiental. En calquera caso, a industria automobilística pode considerarse un sector estratéxico ou emblemático en Alemaña. Mellor crear a sensación de que a vida continua e non agardar sen tomar medidas unha morte prematura.
Co frío da crise acentúase a insolidariedade e os ideais veñen a menos. Non vai ser menos en Europa, onde pasamos da tradicional crise política e institucional, do feble crecemento sempre inferior aos EUA e Asia, e do consabido e infinito debate sobre as fronteiras da propia existencia, á profunda crise financeira que levou á bancarrota a Islandia por poñer un exemplo. Da crise política real xa ninguén fala. É un asunto asumido dende fai varios anos.
Non obstante no caldo da crise financeira, e por conseguinte económica na que se atopa agora o continente, acentúase o proteccionismo daqueles países máis fortes notablemente Francia e Alemaña, adobando de paso o temor ao esgazamento de Europa do leste, que é o espazo natural de expansión destes países. As chamadas a protexer os empregos da automoción de Sarkozy, ou do ministro de emprego alemán Olaf Scholz, que pretenden manter a producción na casa e vender fora, non axudan reflexionar con calma sobre as posibilidades de saída da crise nunhas economías veciñas nas que o rigor dos tempos difíciles aínda non se fixo notar de forma aguda nos seus cidadáns.
O temor a unha fractura no continente radica nos investimentos masivos que se levaron a cabo durante os últimos anos no que se deu chamar a Nova Europa, e que nun bienio adoptou os peores patróns de consumo do capitalismo moderno. Máis aló dos investimentos de empresas occidentais en distintos sectores, os bancos de Austria, Italia, e Suecia, prestaron masivamente diñeiro en Europa do leste, e moitos deses créditos fixéronse en euros, o que xunto co investimento xeneralizado dos países occidentais noutras moedas, provocou a perda de valor da moeda nacional e venta de divisas para mantela. A fortaleza do euro e a caída das moedas locais fai que se baralle a posibilidade de que Islandia non sexa o último estado incapaz de facer fronte aos malos tempos. É máis, o derrube nos países do leste levaría a cuestionar o futuro da Unión Europea, que combinando elementos de proteccionismo co impago dos créditos nestes países nos conduciría ao descrédito total do mercado único, que é un dos poucos fitos parcialmente acabados.
Aínda que se fala dos países do leste como unha unidade, cada país na rexión é diferente. Existen tres tipos de países en Europa do leste. Países lonxe da adhesión como Ucraína; o grupo dos países bálticos como Estonia, Letonia e Lituania amais de Bulgaria que teñen a moeda vencellada con tipos de cambio fixo ao euro; e o grupo de países con tipos de cambio fluctuante como Polonia, Hungría, Romanía ou a República Checa. E en moitos casos estes países están moi lonxe de reunir os criterios de Maastricht para compartir o espacio euro, e en termos xerais son países pequenos e inestables que crearían un mal precedente se adoptaran o euro creando segundo apuntan os expertos certa “falla de credibilidade” . Amais diso trátase dunha idea á que se opoñen frontalmente o Banco Central Europeo e a Comisión Europea.
Un grupo de particular é o composto, de países grandes con tipos de cambio flutuante, como a república Checa, Hungría, Polonia e Romanía, países que aínda non están preparados para disciplina da moeda única que impide as devaluacións monetarias. Por tanto, a prioridade para estes países é controlar a caída do valor das súas moedas. O Zloty polaco perdeu un 28% de valor dende novembro de 2008.
A vulnerabilidade de polacos, húngaros e rumanos radica nos empréstitos das compañías e dos particulares en moeda estranxeira chegada a través dos bancos foráneos, que venderon sobre todo euros a tipos de xuro máis competitivos que os ofrecidos na moeda nacional depreciándose o valor destas moedas, o que pode levar á ruína ás empresas e particulares que teñan adquirido créditos en euros cando, por exemplo o Zloty, perde valor. Iso sen ter en conta que os investimentos destes bancos que están asentados no leste e que agora poden necesitar repatriar o capital, corren o risco de perderse, xa que realmente o valor destes investimentos non é outro que o da compañía subsidiaria nos países do leste.
Se a isto se lle suma a caída do investimento en tempos difíciles, máis acentuada aínda polo feito de que foron os estados e os mercados máis atractivos para o investimento estranxeiro, e as sempre inacabadas reformas estruturais, compréndese os temores dos inversores internacionais de que a crise os leve por diante e tamén é doada de entender a reunión para que os estados do leste poidan acelerar a chegada dos fondos estruturais. Van todos “ à bout de souffle” que diría Sarkozy, sen alento que diríamos nós.
Naqueles lugares onde se comparte a función de goberno por varios partidos –Galiza é un bo exemplo - o público non entende ben o reparto de poder e de roles politico-administrativos. É habitual escoitar o comentario de que existen "varios gobernos", como se fose un mal conxénito ou endémico. Noutra banda, os cidadáns parecen máis favorables aos gobernos con maioría absoluta que con outros defectos deixan moito que desexar no tocante ao diálogo, o control democrático nas asembleas ou nos órganos de decisión.
Para isto non hai mellor exemplo que observar o día a día do goberno tripartito búlgaro que sofre máis que nunca a crítica dos seus cidadáns que afirman a existencia, non de dous senón de tres gobernos. A coalición tripartita, sopesa a posibilidade de sobrevivir uns días máis no poder que de seguro abandonara durante o verán. O pobo búlgaro, carece de partidos políticos consolidados e sólidos, e son moi dependentes da imaxe dalgúns líderes oportunistas, das divisións étnicas, e de determinados xestores con apoio suficiente e capaces de probar sorte como por exemplo o alcalde de Sofia, Boyco Borisov, que suspira por acadar unha maioría necesaria de goberno. A combinación de factores non é boa de inicio, pero non perden a esperanza de atopar ese home que ten "o país na cabeza".
Como se puido comprobar durante o conflito do gas e as manifestacións cidadáns das últimas semanas, todo nos conduce cara un clima de precampaña electoral durante cinco meses. Circunstancia que podería ter unha influencia negativa na adopción de medidas indispensables para facer fronte á crise económica internacional. Algunhas destas medidas son a aprobación dun paquete de axudas para as empresas e familias afectadas pola crise, apurar a reforma da lei de investimentos estranxeiros, ou por en marcha os grandes proxectos de infraestruturas previstos.
As axencias do goberno extreman as condicións nas que realizan os concursos públicos e as licitacións, mentres o executivo busca fórmulas de lavar os vencellos coa imaxe corrupta do país a través de acordos cos medios de comunicación estranxeiros. Dende ningún partido no goberno desexan que estale unha nova crise por motivos de corrupción. Xa houbo bastante espectáculo e administración vive nun clima de semiespionaxe constante, onde todo o mundo desconfía dos compañeiros, e as sospeitas de corrupción ou suposto amiguismo están ao orde do día en tódalas concesións e licitacións.
Trátase da parálise constante da administración debido ao celo administrativo, malia as presas por gastar os cartiños europeos. Non obstante, logo de tan extremas medidas de seguridade, cal é a nosa sorpresa cando a OLAF, a Oficina Europea Antifraude, ven de dar unha nova campanada. En 64 dos 71 proxectos probados para a industria alimenticia comprobouse que os prezos da maquinaria adquirida grazas aos fondos SAPARD, foron falseados. Ante as dúbidas en moitas das candidaturas abriuse unha investigación en profundidade que deu cun balance de irregularidades no 90% dos casos sospeitosos.
Malia todo, na rúa a poboación parece indiferente afeita a esta situación e ocupada nas causas comúns de tódolos días. Os centro comerciais están ateigados, e a civilización, aparentemente composta de febriles consumistas, ateigan os modernas mecas do capitalismo capaces de competir coas máis chamativas construcións comerciais de vidro e aceiro de Europa, alleos á crise financeira internacional.
A fin de contas, con corrupción, con coalición de goberno, e de cando en vez sin gas, a economía búlgara medra e segue a recibir investimento estranxeiro. Se cadra cun crecemento máis lento do que se contaba, pero medran que é o que finalmente conta, mentres os demais están enxangados no sarillo do mundo das finanzas e das recesións.
Xosé Manuel Figueiras
(En A Nosa Terra o 12/02/2009)