Mentres a vida acontece,
-co repertorio de ausencias
que o tempo administra-
este poema acolle
un esquema de novela
-unha saga familiar-
sobre como unha estirpe
de raíces labregas
deriva socialmente
da leira minifundista
ao chalet adosado,
da horta das nabizas
ao xardín con barbacoa.
A biografia de Carlos Negro:
Nacín na vila de Lalín, terras de Deza, en outubro de 1970; da infancia, lembro a rúa da Cacharela, a casa dos avós (Avenida de Buenos Aires, nº 1), a droguería con louza Duralex e pintura Titanlux (antes da invasión dos supermercados), os caramelos de nata (a peseta a unidade), os debuxos de Mazinguer Zeta (¡fuego de pecho!), os partidos de fútbol nas leiras (previos á especulación urbanística), o cheiro concentrado a laca na perruquería "Romero" (onde miña nai lles facía a manicura ás señoritas).
Eu nunca fun un neno de aldea, mais a aldea entrou en min a través da casa de Agolada, avós paternos, estirpe de terra negra, muíño de fariña albeira, maquías e millo, tréqueles da Singer, a mesa de carpinteiro, as espadas de madeira, o banco comunal da cociña, a zorza e as filloas de sangue, o manto da chuvia na follaxe das parras, no tambor das uralitas... Desa memoria tamén procedo, aínda que eu falaba castellano, porque era un niño bueno.
A finais dos setenta, nas paredes do colexio "Sagrado Corazón", aínda seguía pendurada unha reproducción do derradeiro discurso de Franco e do primeiro do rei de España; entre ambos textos, o fulgor obrigatorio dun crucifixo católico; daquela, sempre se rezaba pola saúde do Papa de Roma, sempre se cantaba no maio florido en honor a María Purísima, sen pecado concebida. E nós, coro de querubíns, carne de Primeira Comuñón, netos da dictadura, fillos da transición, qué felices marineritos na igrexa.
Do restrollo ideolóxico do nacional-catolicismo aprendín a fuxir a través da pantalla do televisor en branco e negro (indios e vaqueiros, piratas e corsarios, polis e gánsters...), a través dos libros (clásicos ilustrados de Bruguera, os Hollister, os Cinco...) e, por suposto, dos tebeos (Mortadelo e Filemón, Capitán Trueno, Ásterix...); ós poucos, nun milagre introspectivo, fun descubrindo que a lectura me permitía medrar máis rápido e máis lonxe ca ninguén do meu redor. Así abrín os ollos e volvín nacer.
Nos oitenta, fixen o Bacharelato no Instituto Público de Lalín; daquela lembro que eu era tímido, máis ben calado, retraído, atento e sixiloso. Eu estudiaba moito porque non era quen de ser rebelde, mentres os chicos malos fumaban descarados e ligaban coas mozas máis feitas (lei de vida). Daquela era o esplendor das discotecas: por exemplo, Krakatoa. E na banda sonora da adolescencia soaban Golpes Bajos, Alaska, Siniestro Total, Duncan Dhu, Radio Futura, Queen, Pink Floyd, The Cure...
Do Instituto recordo a influencia de dous profesores: Luz Marina e Mario; eles foron responsables de que eu aceptase cánto me gustaba a literatura, a pesar de min mesmo, a pesar do meu apoucamento, a pesar de que eu, de maior, aínda non quería ser nada. Eles botaron a semente que me animou a estudiar Filoloxía en Santiago de Compostela. E aí comezou outra xeira.
Carlos Negro e un poeta que escribe as cousas
que a el lle gustan. Coma cando era pequeno e andaba pola casa de seus avós e pola drogueria.
La segunda guerra mundial fue un conflicto armado a escala mundial que duro del 1 de setienbre de 1939 al 2 de setiembre de 1945.O ejercito que inicio la guerra fue el ejercito alemán derijido por Adolf Hitler. Tras seis años de dura lucha, el 14 de agosto de 1945, se declara el final de la guerra con la victoria de los Aliados. El tiempo ha transcurrido, ha caído el Muro de Berlín, Europa del Este ha abierto sus fronteras... A pesar de todo esto, en plena era de Internet, la Segunda Guerra Mundial sigue muy presente y en la Red se ha convertido en un nuevo archivo histórico.
Desde hai ben de tempo en Galicia houbo sempre disputas polos marcos das leiras,en algúns casos estas disputas acabaron en mortes. Un exemplo claro destes acontecementos foi nos anos noventa en chantada un veciño foi asesinado por outro cunha motoserra xa que lle pasou pola leira.
Aínda agora e pleno seculo XXI se producen estas disputas que se poderían evitarse falando.
O Quixote era un home moi aventureiro.Estaba loco debido a que lia moitas aventuras de caballeria,por iso gustaballe marchar a cada paso da casa para ir en busca de aventuras xunto ao seu escudeiro Sancho Panza.Sancho Panza era un campesiño o que Don Quixote lle prometera unha insula.
Unha das súas aventuras máis destacadas foi a dos molinos,donde o quixote creia que os molinos.
O BEATBOX: é a habilidade de imitar sons coa boca para facer música(principalmente caixas de ritmos.
Na súa orixe foi un estilo da rúa. Nos barrios pobres de New York non había radiocasetes,xa que eran moicaros e pesados. Como alternativa inventouse o beatbox.
Habia un animal a beirá da estrada,
un animal na cuneta estarricado,
estaba no medio dunha chaira,
transcurrian os coches pola ponte
un olor forte a bárbaros
subianme ganas de devolver no chan
ainda non sabía o que ficaba alí