PEDRO BRANDARIZ cómico (2000-2013)


 BUSCADOR
Toda a información sobre os espectáculos de PEDRO BRANDARIZ. Entra e descubre a un dos cómicos galegos máis emerxentes.

O meu perfil
pedrobrandariz@gmail.com
 CATEGORÍAS

Pedro Brandariz de rodaxe en rodaxe

Nos últimos días Pedro Brandariz ven de participar en varias rodaxes.

O proxecto máis duradeiro no tempo é o da serie Para Mariñeiros Nós, coa dirección de Omar Rabuñal, a produción de Correlo Filmes e a emisión pola canle VTelevisión. Os magníficos guións de Omar e Suso Lista dan lugar a capítulos esmendrellantes e sobre todo moi creativos. Nesta serie Pedro Brandariz representa a Ricardito, un personaxe moi cómico que aparece cada poucos capítulos.Non perdas nin un capítulo da grella de programación de VTelevisión, o una súa web www.vtelevision.es

Outro dos proxectos audiovisuais é ?Koruño, legado de Hércules?, un falso documental dirixido por Erica Esmorís e co bó facer de Dani López de Mandeo Records e toda a xente emerxente do seu Curso de Curtametraxes SocialCine. Aínda non se estreou, haberá que esperar ata xullo, pero xa podes ver algún tráiler no youtube.

E a terceira iniciativa é un programa piloto de humor do que xa daremos máis datos progresivamente.

E xa para rematar podedes entrar na canle ?pedrodesanpedro? no youtube , onde poderedes ver unha manchea de vídeos de actuacións e outras andrómenas de Pedro Brandariz.

En definitiva, Pedro Brandariz entra nas vosas pantallas. Facédelle algo de sitio.
Comentarios (0) - Categoría: 00 Xeral - Publicado o 16-06-2010 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Se en maio batimos o record de bolos (22) en xuño imos a por máis

En Xuño do 2010 podes ver a Pedro Brandariz en:

Mércores 2, con DINAMOteatro, ?A familia do Pindirico?. Na Casa da Cultura de Pontedeume

Xoves 3, con Os 7 Magníficos + 1, ?O gordo e o calvo van ao médico?. En Mesía. 17:00

Venres 4, con Os 7 Magníficos + 1, ?O gordo e o calvo van ao médico?. En Louredo (Mos) 22:30

Domingo 6, con Os 7 Magníficos + 1, ?Dous pallasos en apuros?. En Cela (Mos) 19:30

Luns 7, Familia? Non grazas. No Pub Matadero. Compostela. 22:30

Xoves 10, Na Festa Solidaria por un Festiclown en Palestina. No Bar Embora. Compostela. 22:30

Venres 11, Familia? Non grazas. No Pub Central Perk. Compostela. 22:00

Sábado 12, Na Festa Solidaria por un Festiclown en Palestina. No Bar Faíscas. Ourense. 23:00

Xoves 17, PGU. No Bar Estudio 34. Compostela. 22:00

Xoves 17, PGU/2. No Café Casino. Compostela. 23:00

Venres 18, PGU. No Pub A Esmorga. O Carballiño. 22:30

Sábado 19, Familia? Non grazas. Na Casa do Pobo de Nós. Oleiros.

Luns 21, con Os 7 Magníficos + 1, "Dous pallasos en apuros" En Cabana de Bergantiños. Pola maña.

Martes 22, Presentación da Festa da Mocidade. Nas Torres de Santa Cruz.
Oleiros. Pola mañá


Martes 22, Profundizando na Galiza Profunda. No Bar Matadero. Compostela.

Mércores 23, Profundizando na Galiza Profunda. No Pub Deluxe. Compostela.23:00

Sábado 26. Na Gala Solidaria da A.C. MICO. No Pub Garufa. A Coruña. 22:30

+ info en www.blogoteca.com/pedrobrandariz
619.345.100 --- pedrobrandariz@hotmail.com


Comentarios (0) - Categoría: 03 BOLOS E ACTUACIÓNS - Publicado o 01-06-2010 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0