|
|
Toda a información sobre os espectáculos de PEDRO BRANDARIZ. Entra e descubre a un dos cómicos galegos máis emerxentes. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
Ai ven o Maio de Pedro Brandariz |
|
 En Maio de 2011 podes ver a Pedro Brandariz en:
Xoves 5. 23:00. «PGU». Cervexaría 7 + 7. O Temple. Cambre.
Domingo 8. 12:00. Con Pallas*s en Rebeldía. Acto GNSV. Compostela.
Domingo 8. 20:00. «Gala de AFAMO». Auditorio.Cangas do Morrazo.
Venres 13. 19:00. «Chegan os e-books». CSC Fontiñas. Compostela.
Domingo 15. «Dous pallasos en apuros» con Os 7 Magníficos + 1. Magiclown. Ibiza.
Martes 17. 12:00. Presentación do Acto de Queremos Galego de Oleiros. Santa Cruz, Oleiros.
Xoves 19. 10:40. «Profundizando na Galiza Profunda». CFPI. Compostela.
Xoves 19. «Gala de Abagal». Teatro Principal. Compostela.
Venres 20. 10:30.«Profundizando na Galiza Profunda». IES Mosteirón. Sada.
Venres 20. 19:00. «Profundizando na Galiza Profunda». CCM. Monte Alto. A Coruña.
Venres 20. 23:30. «PGU». No Colonial Café. Cee.
Sábado 21. 16:30. «Profundizando na Galiza Profunda».. Rianxo.
Luns 23. 20:00. «PGU». No Barco de Valdeorras.
Venres 27. «Contos e outras Andrómenas». Na Biblioteca Municipal de San Pedro de Nós, Oleiros
Venres 27. «PGU». Pub A Esmorga. Lugo.
|
|
|
|
Pedro Brandariz imparte un Curso de Clown en Noitenova |
|

Os vindeiros 6 e 7 de Maio Pedro Brandariz impartirá un Curso de Monólogos, dentro do Programa de Lecer Nocturno Noitenova, organizado pola Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüistica do Concello da Coruña.
O curso ten unha duración de 6 horas, pois tanto o venres como o sábado comezará ás 20:00 rematando sobre as 23:00.
As e os participantes traballarán sobre a creación de monólogos cómicos, a súa estruturación e sobre todo sobre a súa posta en escea. É dicir iremos dende a creatividade ata as técnicas de narración oral, recursos humorísticos ...
O curso desenvolverase no novo Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX) situado na Rúa do Matadoiro da cidade herculina.
Todas as persoas interesadas deben inscribirse en www.coruna.es/nex |
|
|
|
Profundizando na Galiza Profunda |
|

Neste espectáculo, monólogo, contacontos ou como se lle queira chamar Pedro Brandariz analiza a vida dos galegos, en canto á súa cultura, o seu idioma, as súas expresións e ? a familia.
O galego é un idioma bonito, ?churrusqueiro?, ten o seu aquel ? Brandariz neste novo espectáculo aborda o carácter morriñento das galegas e galegos, a través das súas expresións, do seu humor, das súas costumes, das súas festas, ? Pero pouco a pouco o artista vai recuncando nas súas vivencias familiares, dentro dunnha familia evidentemente ?galega?. Todo esto dende un punto de vista cómico que provocará as gargalladas do público, e que sobre todo non deixará a ninguén indiferente.
Dende o ?guapo, guapo non é pero ten un pelaso?, ata o ?ghastas pista? Pasando polas manías dos pais, as obsesións das avoas, ata chegar ós chistes máis máis máis galegos.
?Profundizando na Galiza profunda? é un ?chou? co que todas e todos nos sentimos identíficados, pois todas/os ?somos algo galegos?, ata os que din La Coruña, Arteijo, Corujo, tamén os que din ?chaval ponme una ración de rajo con un vino alvarito?. Todas e todos.
Señoras e señoras, vaian subindo, que marcha o Castromil.
Para máis información:
619345100 ? pedrobrandariz@hotmail.com
www.blogoteca.com/pedrobrandariz
|
|
|
|
|
|