|
|
|
despois da PONTE imos a CAMBRE |
|
Despois de tanto descanso e tanta festa ... seguimos con máis festa.
Este mércores, dous de maio poderás botar unhas risas no Vorem de Cambre, pois alí estará PEDRO BRANDARIZ co seu espectáculo PGU.
A citá será sobre as 22:30 aproximadamente e nun dos máis coñecidos garitos de Cambre: o Vorem.
Esperamos que éstedes todas e todos alí.
Para máis información podes chamar ó 619345100 ou ben escribir un correo electrónico a pedrobrandariz@hotmail.com
|
|
|
|
MÁIS BOLOS DE OS SETE MAGNÍFICOS + 1 |
|
Ola amigas e amigos, good morning my friends.
Seguimos con actuacións de Os Sete Magníficos + 1 por toda Galiza.
Neste fin de semana as citas de O Gordo e o Calvo van ao Médico son:
- Sábado 21 de abril, ás 20:30 en Ortigueira (Teatro da Beneficiencia).
- Domingo 22 de abril, ás 19:30 en Ponteareas (Auditorio Reveriano Soutullo).
E se a finais de mes andades por Eivissa (Ibiza) tamén andaremos por alí.
Nada máis miñas e meus.
Bó Nadal 2008. |
|
|
|
OBRADOIROS DE CLOWN EN COMPOSTELA |
|
Os Sete Magníificos estamos impartindo un apaixoante obradoiro de clown os venres á noitiña (de 20,30 a 23,30) en Compostela. Os obradoiros están dentro do programa para a mocidade FEST@CTIVA. Non só hai obradoiros de clown, tamén hai de mimo, malabares, percusión africana, ...
Os obradoiros son no Centro Sociocultural do Ensanche, moi preto da Praza Roxa compostelá.
Non perdades a ocasión de pasar un bó rato, rir un pouco e facer o paiaso, ...
Pasáo. |
|
|
|
|
|
|