|
|
Toda a información sobre os espectáculos de PEDRO BRANDARIZ. Entra e descubre a un dos cómicos galegos máis emerxentes. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
Sen tempo de chorar: nova actuación de Brandariz |
|
Case sen tempo de masticar a sensación de impotencia a raíz dos acontecementos dos últimos días imos iniciar unha nova etapa, na que percorreremos cada recuncho da xeografía pangalaica coas risas e co humor.
A primeira cita será este mesmo domingo, 30 de decembro.
Pedro Brandariz presentará ó seu monólogo na Casa de Cultura de Vedra, nun acto organizado pola Asociación Cultural San Campio.
A cita será ás 17:00 horas.
PD: Tan só decirlle ás siareiras e siareiros que son os mellores. |
|
|
|
DE FRACASO EN FRACASO |
|
Pois sí amigas e amigos, despois de tres meses frenéticos, dunha actividade brutal ... todo o esforzo, o traballo e a ilusión marcharon pola borda ... esfumáronse.
Pois sí na última noite de Buscnado Estrelas se foi todo ó garete. Como o arquetípico clown de fracaso en fracaso.
Moitas grazas a todas e a todos os que estivestedes ahí detrás apoiando un día tras outro. Lástima que non poidera ofrecervos recompensa. Pero outra vez será, non o dubidedes.
Hoxe, a simplemente unhas horas despois da devacle, me sinto como aquel SuperDepor que estivo a piques de gañar a liga, a non ser por un penalti. Realmente me sinto Djukick.
Pero todas as mañás amence e xa estamos nun novo día, e me obrigarei a ser optimista e pensar que aínda queda moito por facer. Quizáis esto me de máis azos, máis gañas para traballar. máis enerxía.
Se Cristo tivo a súa resurreción, se o Ave Fénix renaceu das súas cinzas que se prepare o mundo para o BRANDARIZ´S RELOAD
Bicos e apertas a esgalla.
PD: a foto roubeina no blog de www.blogoteca.com/
buscandoestrelas; moitas grazas
|
|
|
|
Vota a PEDRO BRANDARIZ en Buscando Estrelas |
|
 VOTA POR PEDRO BRANDARIZ
Pedro Brandariz chega á final do programa da TVG
BUSCANDO ESTRELAS
Seguramente xa lle teñas votado algunha vez, pero resulta que nesta semana o voto do público é determinante, por eso che pedimos que
- mandes unha mensaxe ó 7788 co texto RISAS ACORUNA (unha ou as que queiras).
- veñas á gran festa que se organizará se Brandariz gaña o programa.
Tes toda a información en
www.blogoteca.com/pedrobrandariz
|
|
|
|
|
|
|
|
|