PEDRO BRANDARIZ cómico (2000-2013)


 BUSCADOR
Toda a información sobre os espectáculos de PEDRO BRANDARIZ. Entra e descubre a un dos cómicos galegos máis emerxentes.

O meu perfil
pedrobrandariz@gmail.com
 CATEGORÍAS

E de punto e seguido … OURENSE.
XIRA GUIPUZCOURENSANA.

E de punto e seguido … OURENSE.

Despois de ter presentado PGU por Euskadi, concretamente en Irún e Donosti voltamos á terriña, neste caso á provincia sin mar (nin falta que lle fai): Ourense.

A cita ineludible será este mércores 14 de marzo ás 23:00 no local do centro CENTRAL PARK.

Deste xeito estreamos PGU na cidade das Burgas; estrea que será todo un éxito. (se todo vai ben).

Xentes de Ourense, da Limia, do Ribeiro, do Arenteiro, de Celanova, de Allariz, de Trives, de Caldelas, de Valdeorras, de Verín, de Viana, e de todas cantas comarcas ten a provincia ourensana acudide en masa ó Central Park de Ourense. Non vos arrepentiredes.

Para máis información, ou para unha conversa distentida a la par que enriquecedora chamade ó 619345100 ou ben escribide un correo electrónico a pedrobrandariz@hotmail.com


Comentarios (0) - Categoría: 03 BOLOS E ACTUACIÓNS - Publicado o 13-03-2007 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal