|
|
Toda a información sobre os espectáculos de PEDRO BRANDARIZ. Entra e descubre a un dos cómicos galegos máis emerxentes. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
Pedro Brandariz imparte un Curso de Clown en Noitenova |
|

Os vindeiros 6 e 7 de Maio Pedro Brandariz impartirá un Curso de Monólogos, dentro do Programa de Lecer Nocturno Noitenova, organizado pola Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüistica do Concello da Coruña.
O curso ten unha duración de 6 horas, pois tanto o venres como o sábado comezará ás 20:00 rematando sobre as 23:00.
As e os participantes traballarán sobre a creación de monólogos cómicos, a súa estruturación e sobre todo sobre a súa posta en escea. É dicir iremos dende a creatividade ata as técnicas de narración oral, recursos humorísticos ...
O curso desenvolverase no novo Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX) situado na Rúa do Matadoiro da cidade herculina.
Todas as persoas interesadas deben inscribirse en www.coruna.es/nex |
|
|
|
Brandariz imparte clases de teatro en XACARANDAINA |
|
A partir de maña xoves, o actor cómico Pedro brandariz impartirá
clases de teatro dentro da oferta formativa da Asociación Xuvenil
Xacarandaina. Oferta formativa que non só se limita ás temáticas musicais e
tradicionais, senón que se abre a moitas das expresións artísticas.
Brandariz traballará o teatro cómico todos os xoves de 19:30 a 21:00.
Realizaranse xogos e dina´micas propias da desinhibición teatral,
expresión oral e corporal, improvisación, clown, creación e representación
teatral, ?
Nesta actividade poden apuntarse grandes e pequenas/os, dende os doce
anos.
O local de realización da actividade está ubicado na rúa Historiador
Vedía, número 3 soto, A Coruña.
Para apuntarse ou obter máis información sobre estas actividades
pódese chamar ó 981277315 ou en www.xacarandaina.com.
|
|
|
|
OBRADOIROS DE CLOWN EN COMPOSTELA |
|
Os Sete Magníificos estamos impartindo un apaixoante obradoiro de clown os venres á noitiña (de 20,30 a 23,30) en Compostela. Os obradoiros están dentro do programa para a mocidade FEST@CTIVA. Non só hai obradoiros de clown, tamén hai de mimo, malabares, percusión africana, ...
Os obradoiros son no Centro Sociocultural do Ensanche, moi preto da Praza Roxa compostelá.
Non perdades a ocasión de pasar un bó rato, rir un pouco e facer o paiaso, ...
Pasáo. |
|
|
|
|
|