PEDRO BRANDARIZ cómico (2000-2013)


 BUSCADOR
Toda a información sobre os espectáculos de PEDRO BRANDARIZ. Entra e descubre a un dos cómicos galegos máis emerxentes.

O meu perfil
pedrobrandariz@gmail.com
 CATEGORÍAS

O Gordo e o Calvo van ao Médico en Porriño e Betanzos
Para esta fin de semana postvacacional imos ofrecer dúas propostas irrenunciables.

Pedro Brandariz e Francisco Rei presentan con Os Sete magníficos máis Un o espectáculo

O GORDO E O CALVO VAN AO MÉDICO.

Con funcións esta fin de semana en

- Sábado 14 de abril, ás 22:00 en O Porriño.
- Domingo 15 de abril, ás 20:30 en Betanzos* (Aula municipal de Cultura).


ª Agora a xente de Coruña e comarca xa non tedes excusa posible. Desplazadevos en masa ata Betanzos.

E nada máis amigos para a seguinte semana ofreceremos máis actuacións de Os Sete Magníficos + 1.

Comentarios (0) - Categoría: 03 BOLOS E ACTUACIÓNS - Publicado o 11-04-2007 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
en semana santa EN CAMARIÑAS
Como non podía ser doutra maneira nesta próxima Semana ¿Santa? PEDRO BRANDARIZ estará en Camariñas, concretamente no Café Bar Museo O Curbeiro.

Alí poñerá en escea o seu supercoñecido monólogo PGU que xa foi representado por toda a xeografía pangalaica e parte de paninsular.

A cita será o venres ¿santo? pola noite.´

Visitade Camariñas, visitade O Curbeiro e ide a ver s PEDRO BRANDARIZ.

Para máis información podedes chamar ó 619345100 ou ben escribide un correo electrónico a pedrobrandariz@hotmail.com

Comentarios (0) - Categoría: 03 BOLOS E ACTUACIÓNS - Publicado o 30-03-2007 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
E de punto e seguido … OURENSE.
XIRA GUIPUZCOURENSANA.

E de punto e seguido … OURENSE.

Despois de ter presentado PGU por Euskadi, concretamente en Irún e Donosti voltamos á terriña, neste caso á provincia sin mar (nin falta que lle fai): Ourense.

A cita ineludible será este mércores 14 de marzo ás 23:00 no local do centro CENTRAL PARK.

Deste xeito estreamos PGU na cidade das Burgas; estrea que será todo un éxito. (se todo vai ben).

Xentes de Ourense, da Limia, do Ribeiro, do Arenteiro, de Celanova, de Allariz, de Trives, de Caldelas, de Valdeorras, de Verín, de Viana, e de todas cantas comarcas ten a provincia ourensana acudide en masa ó Central Park de Ourense. Non vos arrepentiredes.

Para máis información, ou para unha conversa distentida a la par que enriquecedora chamade ó 619345100 ou ben escribide un correo electrónico a pedrobrandariz@hotmail.com


Comentarios (0) - Categoría: 03 BOLOS E ACTUACIÓNS - Publicado o 13-03-2007 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal