PEDRO BRANDARIZ cómico (2000-2013)


 BUSCADOR
Toda a información sobre os espectáculos de PEDRO BRANDARIZ. Entra e descubre a un dos cómicos galegos máis emerxentes.

O meu perfil
pedrobrandariz@gmail.com
 CATEGORÍAS

Profundizando na Galiza Profunda


Neste espectáculo, monólogo, contacontos ou como se lle queira chamar Pedro Brandariz analiza a vida dos galegos, en canto á súa cultura, o seu idioma, as súas expresións e ? a familia.

O galego é un idioma bonito, ?churrusqueiro?, ten o seu aquel ? Brandariz neste novo espectáculo aborda o carácter morriñento das galegas e galegos, a través das súas expresións, do seu humor, das súas costumes, das súas festas, ? Pero pouco a pouco o artista vai recuncando nas súas vivencias familiares, dentro dunnha familia evidentemente ?galega?. Todo esto dende un punto de vista cómico que provocará as gargalladas do público, e que sobre todo non deixará a ninguén indiferente.

Dende o ?guapo, guapo non é pero ten un pelaso?, ata o ?ghastas pista? Pasando polas manías dos pais, as obsesións das avoas, ata chegar ós chistes máis máis máis galegos.

?Profundizando na Galiza profunda? é un ?chou? co que todas e todos nos sentimos identíficados, pois todas/os ?somos algo galegos?, ata os que din La Coruña, Arteijo, Corujo, tamén os que din ?chaval ponme una ración de rajo con un vino alvarito?. Todas e todos.

Señoras e señoras, vaian subindo, que marcha o Castromil.

Para máis información:

619345100 ? pedrobrandariz@hotmail.com

www.blogoteca.com/pedrobrandariz
Comentarios (0) - Categoría: 02 Espectáculos - Publicado o 02-05-2011 01:27
# Ligazón permanente a este artigo
PAI NOSO, PADRE NUESTRO. Deus nos pille confesado.

Pedro Brandariz presenta neste novo espectáculo un monólogo cómico que versa sobre o mundo da relixión, pero da relixión máis enxebre, da relixión das parroquias, da que sufrimos día a día as galegas e os galegos.

No espectáculo mostranse os aspectos máis cómicos das propias misas e dos curas, auténticos showmans.

Pai Noso parodia o mundo do clero, da feligresía e do cristianismo. Todo esto dende un punto de vista lúdico e cómico.

Pero este espectáculo non é complaciente coa igrexa, senón todo o contrario, Pai Noso ? Padre Nuestro, é un espectáculo totalmente ATEO.

Pedro Brandariz é da relixión do humor, do bo rollo e do clown. Como di LEO BASSI para ser clown ou bufón é necesario ser ATEO.

Brandariz ofrece un novo modelo de ?misa? máis innovadora e dinámica dende as Sagradas Escrituras ata a Comunión final. O actor revisa en clave cómica cada un dos aspectos do ritual eclesiástico.

O actor despois do seu exitoso traballo en solitario PGU, presenta esta nova proposta onde bota man de técnicas escénicas ben diferenciadas dende a narración oral galega ata a stand up comedy, pasando, inevitablemente polo clown.

En definitiva un parodia da igrexa que non deixará indiferente a ninguén.

Un espectáculo para os ate@s, para os católic@s, para @s musulmáns, para @os hindús, para os gord@s, para os frac@s, para os guap@s, para os fe@s, para os alt@s, para os baix@s ?

Para todas e todos.

Comentarios (0) - Categoría: 02 Espectáculos - Publicado o 13-03-2007 18:20
# Ligazón permanente a este artigo
P.G.U. Un espectáculo para grandes persoas
PGU é un monólogo cómico no que se narra a vida dun gordo. Pedro Brandariz, cun estilo agresivo e transgresor, conta diversas peripecias da súa vida dende a perpectiva de gordo.

P.G.U. non é un monólogo clásico, onde toda a importancia está no guión, senón que Brandariz leva a cabo un ?monólogo clown?, onde non só importa o que se dí, senón tamén a forma de dicilo, a personaxe, etc.

O actor fala en primeiro lugar da crueldade da súa infancia e xuventude, onde todos os seus compañeiros se metían con el, por ser o gordo da clase, o gordo da pandilla, o gordo do equipo, en fin o gordo dos gordos. Todo esto tomado con moita filosofía e con moito, moito humor.

Logo Brandariz comenta as desvantaxes de ser gordo, dende as máis simples e coñecidas ata as máis graciosas, incongruentes e sorprendentes.

Despois das desvantaxes o ?gordo? decide tomar medidas e ponse mans á obra para adelgazar, probando os máis variopintos métodos de adelgazamento: ximnasia, dietas, biomanán, teletienda, etc. Evidentemente ningún destes productos da resultado.

Debido a esto o ?gordo? decide aceptarse tal e como é, buscando as ventaxas de ter uns cantos kilos demáis, e incluso acaba formando o P.G.U: ?Partido dos Gordos Unidos?

A maioria das anécdotas e peripecias que se narran son reais, aínda que algunhas están un pouco esaxeradas e outras poucas inventadas.

En fin, trátase dun monólogo que non deixará indeferente a ninguén, e sobre todo que provocará as gargalladas do público
Comentarios (2) - Categoría: 02 Espectáculos - Publicado o 13-03-2007 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0