PEDRO BRANDARIZ cómico (2000-2013)


 BUSCADOR
Toda a información sobre os espectáculos de PEDRO BRANDARIZ. Entra e descubre a un dos cómicos galegos máis emerxentes.

O meu perfil
pedrobrandariz@gmail.com
 CATEGORÍAS

Xa dispoñible o novo dossier de Pedro Brandariz 2012

Aquí tedes toda a información sobre os espectáculos e proxectos audiovisuais de Pedro Brandariz

Pica nas ligazóns que están ó fondo deste artigo e descarga os documentos.

E xa sabes nesta páxina tes moitísima información www.pedrobrandariz.com

Se queres ver algún vídeo de Pedro Brandariz entra en www.youtube.com/pedrodesanpedro

Se queres escoitar as súas intervencións na radio vaite a www.ivoox.com e busca Pedro Brandariz

E tamén nas redes sociais:
www.facebook.com/pedrobrandariz
E en TWITTER @PedroBrandariz
Videos Pedro Brandariz
Curriculum Pedro Brandariz 2012 Teatral e Audiovisual
Dossier Pedro Brandariz 2012
Comentarios (0) - Categoría: 01 Quen é PEDRO BRANDARIZ? - Publicado o 26-02-2012 02:26
# Ligazón permanente a este artigo
QUEN É PEDRO BRANDARIZ?

¿QUÉN É PEDRO BRANDARIZ?

Pois Pedro Brandariz é un dos cómicos galegos máis emerxentes. Actor, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro ? Brandariz aborda o humor dende moi diferentes eidos: narración oral, teatro, clown, cabaré ?

Este artista ?polipatético? ten un amplo curriculum teatral. Procede do mundo do clown (modalidade teatral que pon en práctica en diferentes compañías) aínda que ten traballado en compañías de teatro máis clásico, teatro infantil, etc. Tamén ten participado en espectáculos de cabaré e sobre todo como ?conteiro? (monologuista por se non se entende). E esto non remata aquí pois tamén participou en varias curtas de cinema.

Na súa formación ten traballado cos mellores mestres do clown: Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Jango Edwards e Peter Ercolano, Loco Brusca, Elliot, Michael Dallaire, Antón Valén, Andrés del Bosque, Carles Montoliu ?

En definitiva, un actor que bebe de fontes teatrais moi diversas para ofrecer espéctaculos no que se mesturan todas esas variedades.

Na actualidade podemos velo polos garitos e teatriños da xeografía galega actuando como conteiro ou cos seus espectáculos persoais.

Os seus espectáculos en solitario máis coñecidos son:

- PGU
- Profundizando na Galiza Profunda
- Familia?, non grazas
- Pai Noso, Padre Nuestro
- Contos e outras andrómenas (espectáculo infantil)


Pero ademáis traballa nas seguntes compañías.

- Os Sete Magníficos + Un (compañía de clown).
- Dous son Compañía (compañía de clown).
- Teatro do Astracán (compañía de teatro cómico)
- Manicómicos (compañía de clown e teatro de rúa)
- Produccións Desaqueloutradas (compañía de teatro infantil e xuvenil)
- DINAMO Teatro (teatro de texto).

E tamén o foi de:

- Clowntacontos.
- Grupo Estable de teatro do Concello de Oleiros.

No eido audiovisual destaca a súa participación nos seguintes proxectos:

- Para mariñeiros nós (serie epidódica): actor de reparto
- "Radio-Taxi" (serie de humor): actor de reparto
- Buscando Estrelas (concurso humor): concursante (2º clasificado)
- Luar (programa de variedades): actuacións esporádicas
- Incomunicados (curta): actor principal
- Koruño, Legado de Hércules (falso documental): actor de reparto
- Pinzitas (curta): actor principal

E tamén fai radio:
- Sección "Os Cocos (Cómicos Coruñeses)" no programa Hoy por Hoy A Coruña, de RadioCoruña, Cadena Ser

PEDRO BRANDARIZ calidade


Comentarios (4) - Categoría: 01 Quen é PEDRO BRANDARIZ? - Publicado o 13-03-2007 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0