 O pasado 20 de Marzo celebrouse o Día Internacional da Narración Oral en todo o mundo. En Galicia o colectivo de narradorxs orais Variosventos organizou unha Maratón de Contos no Pub Atlántico de Compostela.
Nesta maratón participaron: Candidó Pazó, Charo Pita, Avelino González, Cristina Moreira, Soledad Felloza, Jose Campanari, Celso F. San Martín, Oswaldo, Pepo Suevos, e ... Pedro Brandariz.
Foron case cinco horas de contos, dous pases, unha ducia de narradorxs, e un lote de contos.
|