PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña
O inglés xa é doado
O proxecto foi financiado pola Consellaría de Innovación e Industria e contou coa colaboración das universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Segundo explicou o director de márketing de Imaxin, Diego Vázquez, dispoñer dunha ferramenta deste tipo é de vital importancia para o desenvolvemento do país, que comparou co das infraestruturas de transporte. Afirmou que fai accesíbel a información escrita en inglés, que xa se converteu en lingua franca, e ao mesmo tempo pon os contidos en galego ao dispor do resto do mundo.
Ademais, aínda que as traducións non son perfectas -algo que nunca conseguen os tradutores automáticos-, si permiten a intelixibilidade dos contidos para persoas que non falen a lingua da que proceden.
O desenvolvemento do tradutor levou entre seis meses e un ano e, segundo os seus autores, aspira a poñerse á altura doutras ferramentas privativas semellantes que levan unha década no mercado, como o Systran, que usa comercialmente Google, por exemplo.
Prohibido falar galego
A Mesa pola Normalización Lingüística insta á Inspección de Traballo a actuar ante o que consideran unha grave discriminación.
"O idioma empregado no traballo será o castelán, agás excepcións que serán previamente comunicadas". Así reza a última das normas dun documento que se lle entrega a todos os traballadores ao incorporarse á granxa escola "El Kiriko" de Fornelos de Montes (Pontevedra). Esta obriga dirixida expresamente ao "persoal educativo" atópase xunto doutras como "respectar o traballo dos demais", "cumprir os horarios" ou "deixar o material de traballo en orde".
A Mesa pola Normalización (MNL) denuncia esta "discriminación lingüística" e asegura que o escrito está dentro dunha "liña de actuación hostil contra o galego por parte da empresa". Así, xa adiantou que procederá a denunciar o caso ante a Inspección de Traballo. Ademais, sostén que varias administracións públicas tanto de ámbito galego como da comarca de Vigo contrataron servizos con esta organización, polo que tamén se dirixirá a estes organismos para que esixan o cesamento destas discriminacións.
Non é un caso illado
O presidente da MNL lembra outros casos similares no eido do traballo que xa foron denunciados, como o dun traballador que non foi seleccionado nunha entrevista por falar galego ("e se se che escapa algo en galego?", dixéronlle), ou o da empregada de Carrefour da Coruña á que o encargado lle recriminou o seu idioma ("Burra, non fales linguas menores"). Neste caso da granxa escola de Fornelos, a situación ten, se cabe, máis derivacións, xa que os traballadores están en contacto diario con nenos e, segundo a súa web, adícanse a ampliar o seu coñecemento, neste caso, do medio rural, para conseguir o enriquecemento persoal dos pequenos.
A Mesa tivo coñecemento desta situación a través da Liña do Galego, un servizo que presta asesoramento aos cidadáns que ven vulnerados os seus dereitos lingüísticos. O seu presidente, Carlos Callón, pediu "aos que "supostamente defenden o bilingüismo e a igualdade entre as linguas" que actúen ante este tipo de casos.
Vocabulario Multilingüe sobre Economía