PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GalegoLab


Prsentouse estes días Galego Lab, unha iniciativa que nace como Asociación Cultural co apoio de Antón Reixa, Agustín Fernández Paz, Xosé Manuel Pereiro, Henrique Monteagudo e así ata un total de 43 nomes, que ten na rede e no pensamento colectivo as súas bases. A iniciativa quere centrar a súa acción no tempo libre e nas culturas emerxentes, e acepta ideas e doazóns de todas as persoas interesadas, funcionando baixo principios colaborativos. Entre as propostas xa en marcha, iniciativas como un duplo concerto de grupos en galego da Coruña e de Vigo, unha lista de reprodución de música en galego para facer ximnasia, un programa de visitas á aldea para neofalantes ou certame de videos sobre experiencia da vida diaria en galego. A iniciativa pretende ?sumar esforzos e vontades en defensa do idioma galego? e complementar as plataformas xa existentes a prol da nosa lingua.

Na súa páxina lemos:
GalegoLab é unha nova forma de organizarse e de colaborar en proxectos que teñan por obxectivo a promoción da lingua galega.

Cremos que:

Unha boa idea, ben presentada e ben traballada, pode chegar lonxe.
Entre moitos e moitas pode facerse posible o difícil.
Aínda que o debate é interesante, o prioritario é pasar á acción.
Se queres máis información sobre a Asociación GalegoLab preme aquí
GalegoLab
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 11-06-2010 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Contos de Poe


Este libro é unha recompilación de relatos de Edgar Alan Poe,un dos grandes escritores da historia.Sen dúbida son todos obras mestras,en especial para min:"Descenso ao Maelström","A caída da casa Usher","Os crimes da rúa Morgue",ou "O extraño caso de M.Valdemar".

Lendo a Poe un queda atrapado totalmente na súa historia,ten un poder de inmersión tremendo.Por exemplo,vaste agobiando a medida que se agobia o protagonista,ou marabíllaste,ou quedas cunha intriga e unha emoción ata o final do relato tremendas.A literatura de Poe é sen dúbida xenial.

A miña opinión é que este libro é máis que recomendable,é xenial.Un 10.
Comentarios (0) - Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 09-06-2010 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0