PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

?Prohibíronme falar galego no traballo'

A Xesús de Torres Martíns prohibíronlle falar en galego cos compañeiros nunha entrevista de traballo. Pretendía ser recepcionista de hotel e fala sete idiomas. Tamén di que aos camareiros e persoal de limpeza non lles prohiben falar galego entre eles.

Para mais imformación preme aquí


?Burra, no hables lenguas menores?. Así se dirixiu un xefe de sección dun hipermercado Carrefour en A Coruña a unha traballadora que fala en galego.

Trala denuncia da empregada, a Mesa pola Normalización Lingüística fixo público o caso, o que ocasionou ?moitas chamadas de apoio?.

Desculpas

Agora, o director do centro pediu desculpas á empregada a través dun correo electrónico enviado á Mesa.

Categoría: 3.- Novas - Publicado o 17-06-2008 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Nace a primeira falante artificial de galego
A primeira voz electrónica de galego da Historia valeu 660.000 euros e chámase Carmela. Trátase dun sintetizador quen de ler fluída e correctamente calquera texto na lingua do país. Caixa Galicia acaba de incorporalo á súa banca telefónica.
Carmela é o produto de ano e medio de colaboración de Tecnocom, o Instituto da Lingua Galega e a empresa turinesa Loquendo. Esta firma é, canda a norteamericana Nuance, líder no mundo das voces artificiais. Ningunha das dúas compañías traballaba co galego, malia ter dispoñíbel catalán, portugués e castelán. Tecnocom acaba de lograr adaptar a tecnoloxía ao noso idioma.
O resultado, que se pode probar na rede na paxína: http://actor.loquendo.com/ttsdemo/default.asp http://actor.loquendo.com/ttsdemo/default.asp
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 10-06-2008 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza, disque, non é Galiza
Segundo publica este domingo un diario coruñés, a Real Academia Galega considera que a forma "normativa e xuridicamente lexítima é Galicia".

a) Galicia e Galiza son formas históricas lexítimas galegas no sentido filolóxico. As dúas circularon na época medieval, pero só Galicia mantivo un uso ininterrompido ao longo da historia na lingua oral.

b) A denominación oficial do País normativa e xuridicamente lexítima é Galicia.


No entanto unha parte da comisión quixo que "dalgún xeito se fixese constar que a forma Galiza tamén era unha forma histórica auténtica galega".
A posibilidade proposta por algúns académicos de aceptar as dúas formas foi rexeitada porque di que a RAG "consideraba que un país non debe ter máis ca un nome na súa propia lingua, e que aceptar esta vía sería unha mostra dunha esquizofrenia lingüística non desexable".
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 10-06-2008 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0