PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 17-06-2008 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 17-06-2008 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
O párroco de Vedra pide a fin do galego
Na folla parroquial da localidade arremete contra a pluralidade lingüística e o laicismo
"Cada ano desaparecen no mundo uns 50 idiomas. Lástima que non de- saparezan moitos máis". Afirmacións como esta recóllense nunha folla parroquial de Vedra, colgada no blog Fandiarzúa (que aparece na páxina Chuza.org), e redactadas, en castelán, polo párroco local Armindo Iglesias. Na folla tamén se arremete contra o laicismo.

No escrito, distribuído nas últimas semanas, afírmase sobre a diversidade lingüística que é "unha grande incomodidade que hai que soportar" aínda quee "moitos o consideran unha riqueza cultural". O símil deste párraco é elocuente: "¿Sería bo ter unhas gafas que soamente se puidesen utilizar en Galicia e outras en Cataluña? ¿Non sería mellor ter unha gafas que puidésemos utilizar en toda España e en moitas outras nacións estranxeiras?".
Ademais, avoga pola desaparición do galego. Entre outros argumentos, o crego afirma que "o galego fálano dous millóns de persoas. O español fálano uns 400 millóns" e que "os que falan o galego entenden igual ou mellor o español". Así mesmo, defende que "o texto dos sinais de tráfico e os nomes das cidades debería ser na mesma lingua en todo o territorio nacional". "O galego e o portugués son parecidos", subliña o párraco, pero mesmo aí atopa un lugar para a crítica, pois iso dificulta a aprendizaxe da lingua portuguesa por parte dos galegos. Neste sentido, felicita os brasileiros "porque nun territorio 18 veces máis grande que España, foron capaces de conservar unha soa lingua en todo Brasil".

O párroco tamén critica o nacionalismo galego ("os nacionalistas que padecen de miopía") e defende o español "porque nacionalistas no bo sentido da palabra debemos ser todos (considerando Nación a toda España e non a un remendo soamente"). Tamén xustifica a prohibición da lingua galega durante a Ditadura: "Nos anos 1940 prohibíannos falar galego no Seminario. Hoxe din que aquilo era unha barbaridade. E eu digo que era un acerto".



Categoría: 3.- Novas - Publicado o 17-06-2008 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0