PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Novoneyra


Se queredes consultar información moi completa sobre a vida e a obra do homenaxeado este ano nas Letras Galegas, visitade esta páxina


Uxío Novoneyra
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 12-05-2010 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Nun lugar chamado guerra

Nun lugar chamado guerra é un libro interesante, revelador, e que nos pode mover á reflexión.
Canto á temática, pódese dicir que un tema irracional e "inhumano" como é a guerra está desenvolvido aquí no seu aspecto máis humano, para que os lectores nos percatemos da nosa incomprensión, da nosa imposibilidade para entender esas situacións tan extremas nas que se ven inmersos algún seres humanos.
Así, o libro mostra a nenos de 10 anos actuando de soldados ou lazarillos, cando aquí, no mundo pacífico, nenos desa mesma idade estarían xogando con bonecos.
Porén, nesa zona vense obrigados a pelexar cada día para poder sobrevivir e levar comida ás súas familias.
A historia comeza cando o protagonista, un xornalista, é enviado como correspondente para cubrir esa guerra. Alí coñece a alguén que exerce como Lazarillo, Milo, e entre eles vaise tecendo una relación de cariño e profunda amizade; os dous van pasar por moitas aventuras que vos recomendo que leades, porque son verdadeiramente interesantes e reveladoras.
Comentarios (0) - Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 07-05-2010 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
A praia dos afogados

O roteiro literario

O 29 de abril, convidados pola editorial Galaxia os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato saimos cara a Panxón, para facer o roteiro literario da Praia dos afogados. Mentres un dos grupos íamos a Monteferro, onde nos esperaba un guía que nos levaría por camiños cheos de rochas e toxos, outros aproveitaban para coñecer o lugar do crime: a Praia da Madorra.
O guía, coa súa fala tan peculiar, explicounos moitos detalles do lugar que estaban relacionados co libro, por onde foran os supostos asasinos, onde se afundira o barco, etc. Falounos ademais da vila de Panxón e arredores, da vida e o vocabulario dos mariñeiros, dos topónimos, das artes de pesca... unha chea de cousas! Continuou a camiñada costa arriba e isto fixo que algunha que outra profe ó día seguinte tivera maniotas.
Na Praia da Madorra, esperábanos unha actriz que nos fixo rir facéndolles interpretar a algúns dos nosos compañeiros o papel de Xusto Castelo, Losada, Estévez...E despois de contarnos historias da praia dos afogados e de mariñeiros mortos, fomos ao Templo Votivo do Mar (onde Leo Caldas fora falar co párroco), e alí explicounos porque o escritor escollía personaxes xubilados.... Despois de entrar na igrexa, onde puidemos observar as súas imaxes e as súas vidreiras comezaban a soar as nosas tripas en sinal de que tiñamos fame.
Por último o máis desexado pola xente, a praia de Panxón e o seu porto pesqueiro. Despois de comer os nosos bocatas e beber algo fresquiño, tiñamos aínda dúas horas por diante para gozar de Panxón e da praia. Algúns atrevidos déronse o primeiro baño do ano, e outros foron ?invitados? a el, mentres que a maioría conformouse con quedar na area.

Laura e Lara 1º BAC

Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 04-05-2010 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0