PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Orgullos@s do galego

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística presentou o pasado venres a segunda fase da campaña Orgull@s do noso, orgullos@s do galego.
Nós eliximos este traballo de Kiko da Silva:Castelao 2010 .

Se queres ver o material completo na páxina da Coordinadora. Preme aquí
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 24-05-2010 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación do 17



Preto de 50.000 persoas -100.000 segundo os organizadores- ateigaron onte as rúas de Compostela na cuarta manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego -e apoiada polos principais partidos da oposición, BNG e PSdeG, ademais de colectivos como a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)- contra o decreto de Feijóo.

"Este é un bo lugar -berraba Xosé Lois O Carabouxo no Obradoiro, punto final da marcha- para dicir que o galego ten futuro, aínda que Feijóo non o queira oír". Esa foi a mensaxe tamén do manifesto que leron a seis voces Iria Taibo, Uxía Senlle, Xabier P.Docampo, Marta Dacosta, Antonio Durán "Morris" e Carlos Blanco no que lle reclamaron aos responsables políticos que "cumpran coa súa obriga de usar, defender e promover a lingua que nos une aos galegos. Só en galego, Galiza ten futuro!".

A manifestación, que se puxo en marcha pasadas as doce da mañá dende a Alameda compostelá ao ritmo dos tambores, estaba encabezada pola pancarta de Queremos Galego (co lema tomado de Novoneyra: "O galego, a forza do noso amor"), que sostiñan o portavoz da plataforma, Carlos Callón; o secretario xeral da CIG, Suso Seixo; o deputado nacionalista Bieito Lobeira; e a coordinadora nacional de EU-IU, Iolanda Díaz.

Nas seguintes liñas, situouse o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acompañado de destacados membros da organización frontista, como o voceiro no Congreso, Francisco Jorquera; Francisco Rodríguez; ou os parlamentarios Fernando Blanco, Carme Adán, Teresa Táboas e Ana Pontón.

Seguíalle o secretario xeral do PSdeG, Manuel "Pachi" Vázquez, xunto ao presidente da Fegamp, Carlos Fernández; a voceira socialista, Mar Barcón; o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; ou os voceiros de Educación e Lingua, Guillermo Meijón e Francisco Cerviño. Entre outros colectivos chegados de toda Galicia como STEG ou os Comités e outras organizacións xuvenís e estudiantís, tamén participou o sindicato CIG-Ensino, liderada polo seu secretario nacional, Anxo Lou- zao tras unha pancarta que reclamaba "Paremos o decretazo contra o galego". Entre os manifestantes, puidéronse ver rostros coñecidos como o de Rafael Cuíña, militante do PPdeG e fillo do falecido Xosé Cuíña, ou o histórico galeguista Camilo Nogueira.

En declaracións aos medios ao comezo da manifestación, Callón dixo que existe "un 20 % de analfabetos funcionais en galego", o cal evidencia, ao seu ver, a necesidade de fomentar a lingua. Por iso, reclamoulle á Xunta que "escoite a voz da sociedade" e inicie medidas que potencien a lingua propia "historicamente desfavorecida" para garantir "a igualdade real" co castelán.


Se queres ler máis vai a
Galicia Hoxe
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 18-05-2010 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
A voz do poeta


Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 12-05-2010 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0