PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Bótalle un rap
Collémoslles prestada a montaxe deste rap do grupo Migallas ao blog da biblioteca do CEIP Mestre Martínez Alonso de Mos. Grazas ratiñas e ratiños. Bo traballo!




Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 12-05-2009 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
O país dos ananos


Xa vimos este vídeo da entrega do premio Mestre Mateo a Belén Regueira en varios blogs e a verdade é que non nos podemos resistir a poñelo no noso tamén, porque nos gusta, porque nos desgusta o que di, e porque só son verdades, e non coma outros...




Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 06-05-2009 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Correlingua 2009
Manifesto do Correlingua 2009


MANIFESTO PARA O ?CORRELINGUA? DE ?OS CONCIENCIADOS?.
Grupo de 4º da ESO do CPI de Panxón ( Nigrán).


Galicia ten unha lingua propia moi antiga e fermosa, o galego. Debemos falala para así conservala como fixeron os nosos devanceiros que a pasaron de xeración en xeración, ás veces con moitas dificultades porque estivo prohibida nos Séculos Escuros e na posguerra. Afortunadamente mantivérona viva e hoxe temos o deber de mantela viva nós, falándoa en tódolos contextos, na escola, na rúa, no médico, nos fogares, na igrexa, cos amigos, nas discotecas, no noso tempo de lecer (gozando de libros, xornais, música, programas de televisión, documentais, vídeos, películas e obras de teatro en galego), demandando toda esta cultura en galego. De xeito que poidamos transmitírllela logo ós nosos fillos e perdure no tempo moitos séculos máis.

Somos os mozos e as mozas quen temos a obrigación de manter a lingua galega viva e hoxe en día a xuventude non fala moito en galego; xustifícanse dicindo que a súa familia lles fala en castelán e tamén os seus amigos, e que se senten máis cómodos falando en castelán. Mesmo hai rapaces e rapazas que opinan que o galego é unha lingua inferior que non serve para nada, razoamentos totalmente absurdos que se se lles fai caso, rematarán extinguindo a nosa lingua galega e tirarán por terra todo o labor feito polos nosos devanceiros e egrexios escritores e escritoras como Rosalía de Castro, Curros, Pondal, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Manuel Antonio, Cunqueiro, e outros moitos escritores que fixeron posible que o galego perdure no tempo na escrita. Mais non abonda, ten que perdurar tamén na fala, e ese é un labor noso, da xente nova en especial, pois somos o xerme para os que veñan despois e, se falamos en galego, faremos que se manteña viva a lingua galega nas vindeiras xeracións.

Parece mentira que de ser unha lingua de cultura en que se escribiron as cantigas medievais en toda a Península, aínda haxa xente hoxe que diga que a lingua galega é unha lingua inferior. Se foi unha lingua en que escribiron ata os reis- trobadores Afonso X o Sabio e Don Dinis de Portugal, como é que a historia posterior creou tal complexo de inferioridade nalgúns galegos e galegas, ata rexeitala completamente?. Hai quen non quere que se dean as clases en lingua galega nas áreas que pola Lei de Normalización Lingüística se teñen que dar en galego; que din que se está impoñendo o galego no ensino. Prefiren que os seus fillos e fillas aprendan inglés e non galego. Pódese falar en galego, sen que por iso deixemos de aprender outras linguas. Na actualidade o galego non se impón, mais ben o que se impón é o castelán, pois é a lingua maioritaria. Se non facemos por remedialo, seguirá a mesma situación, ou mesmo empeorará, e cada vez haberá menos número de galegofalantes novos, o que levará consigo que a lingua galega se perda. Está nas nosas mans cambiar a situación. Falemos en galego!.


Por fin!!!!O xoves imos ao Correlingua, non o esquezas.

Toda a información sobre o Correlingua en


Páxina do Correlingua
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 04-05-2009 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0