PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Hai que botarlle humor

A viñeta do día. Por M.B.Rei
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 29-05-2009 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Idioma galego e ciencia


Este é o título do artigo publicado por Miguel Anxo Fernán Vello no Galicia Hoxe. Velaí o tedes:


Que sobre o idioma galego existe, aínda estándomos no século XXI, toda unha serie de prexuízos lingüísticos, motivados pola ignorancia no maior dos casos ou directamente por razóns puramente políticas -existen inimigos políticos do galego-, é algo que se segue a constatar. Recentemente o presidente da Confederación Gallega de Asociaciones de Padres de Alumnos de Colegios Privados (Congapa), José Ramón Hermida Iglesias, reclamaba a utilización do "sentido común", porque materias como Física ou Química, "con tantas nomenclaturas internacionales, no se pueden dar en gallego". E engadía o douto señor, representante dunha organización de pais de alumnos: "No se puede retroceder". Cousas veremos. Porque independentemente do feito obxectivo de que unha boa parte das ciencias utilizan na súa nomenclatura raíces gregas e latinas -consúltese o clásico Método de nomenclatura química, de Antoine Lavoisier-, o galego, como é ben sabido, é un idioma internacional, que ten a súa extensión no portugués falado en diversos continentes, como é o caso americano do Brasil. Neste gran país, por exemplo, existe a Academia Brasileira de Ciências e moi perto de nós, na capital portuguesa, áchase a moi prestixiosa Academia das Ciências de Lisboa. ¿Terán problemas os portugueses e os brasileiros coas nomenclaturas internacionais da Física e da Química? ¿Poderanse explicar ditas materias en portugués? Mais ao señor Hermida Iglesias xa lle responderon 9 científicos galegos vencellados ao Centro Europeo de Investigación Nuclear en Xenebra, entre eles varios doutores en Física de Partículas e un catedrático de Física Matemática: "Nun contorno no que temos a sorte de traballar con algúns dos mellores físicos e enxeñeiros do mundo, o galego está, modestamente a través de nós, presente como vehículo de comunicación científica. E para isto é un idioma exactamente igual de válido que o francés, o alemán ou, desde logo, o castelán". ¿Fica claro? Ao presidente da Congapa deberíano convidar a dimitir ou a abandonar a súa ignorancia.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 29-05-2009 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro dicionario francés-galego


O dicionario, o primeiro publicado de correspondencias entre o galego e o francés, está completamente actualizado á normativa ortográfica aprobada pola Real Academia Galega de 2003, completándose con senllos apéndices gramaticais, onde se recollen as conxugacións verbais francesa e galega, así como senllos prontuarios gramaticais de cada unha das linguas.

Editado por Xerais, foi preparado por Luís Castro Macía e Remedios Rodríguez Sánchez, e conta con 25.000 entradas do léxico estándar de cada unha das dúas linguas. En cada unha das entradas sinálase, ademais, a súa transcrición fonética, a súa categorización gramatical, a fraseoloxía de uso máis habitual, así como, cando fose necesario, a precisión da súa tradución. Con case mil páxinas, ten un prezo de 29 euros.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 29-05-2009 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0