PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Letras galegas 2008
Velaí o magnífico traballo feito pola profesora Dolores Calo, do IES Castro Alobre, sobre a figura de Álvarez Blázquez.

Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 15-05-2008 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chiki Friki do galego

Vídeo presentado ao concurso "Mobilízate na túa lingua" e publicado orixinalmente no blog de A Mesa Lugo

Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 13-05-2008 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Correlingua 2008

Onte luns, logo de percorrer as principais rúas da zona vella de Compostela, os máis de 5.000 rapaces que participamos no Correlingua, asistimos ao espectáculo do grupo Chévere, que emula as loitas de ?Pressing Catch? e escoitamos as actuacións musicais. Tamén se deu lectura ao manifesto que, baixo o lema ?En galego, cabe todo?, convida á mocidade a reivindicar o dereito a medrar na nosa lingua.

Esta semana a oitava edición do Correlingua chega á meta. Hoxe tócalles correr aos estudantes de Pontevedra, mañá é a quenda dos vigueses, o xoves as carreiras terán lugar en Salceda de Caselas e máis en Monforte de Lemos e o venres este oitavo Correlingua finaliza en Verín e en Ourense.

Se queres ver algunha foto da participación dos grupos de secundaria de Pontepedriña vai á FotoBlogoteca, o mesmo estás ti alí :-))))

Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 13-05-2008 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0