PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GALIZA 2098
Un mundo sen galego, no que só é un vestixio do pasado. Alí ten lugar a curtametraxe dirixida por Edu Lavandeira.
Aqui temos un adianto que o propio director pendurou en Youtube con motivo das Letras Galegas:

Categoría: 3.- Novas - Publicado o 20-05-2008 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Nº 7 DA REVISTA RETRANCA. ESPECIAL LETRAS GALEGAS


Retranca celebra o Día das Letras Galegas con número sobre o debate da lingua cheo de polémica. e sen dúbida está dando que falar( o que non é seguro é se será en galego ou en castelán). Se queredes máis información sobre esta revista podedes entrar na súa web

http://revistaretranca.blogspot.com/




Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 20-05-2008 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación do vindeiro 18 de Maio.
MILLEIROS DE PERSOAS REIVIDICAN MEDIANTE UNHA MANIFESTACIÓN POLAS RÚAS DE SANTIAGO O SEU DEREITO A VIVIR EN GALEGO


A marcha, que se celebrou onte, domingo 18 de maio, en Santiago, estivo respaldada por medio millar de entidades.


Baixo o lema «Polo dereito a vivirmos en galego»,a marcha foi convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística e apoiada por un gran número de persoas.

Decenas de consignas foron levantadas durante todo o itinerario,e se adheriron moitos papeis sobre muros e marquesinas. Nun lateral da praza de Galicia, unha decena de persoas con esparadrapos na boca mostraban unha pancarta alusiva á sanción a varios activistas polo uso do idioma.

A Mesa pola Normalización foi moi protagonista por distintas circunstancias, xunto a moitas persoas máis.

En resumen, unha manifestación pola defensa da nosa lingua, co fin de que dure para sempre.

PREME AQUÍ
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 19-05-2008 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0