PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UNHA IMAXE PARA O GALEGO


Vieiros organiza estes dias un concurso de fotografias e videos que reflictan a trasmisión da nosa lingua. o prazo para enviar os vosos videos é até o 30 de xuño.
os encargados de decidir que fotografía levase o premio seran un fotógrafo, un videocreador e un profesional que designe Política Lingüística. O resultado das votacións darase a coñecer na primeira semana de xuño.

O gañador na sección de fotografía levará unha cámara Canon EOS-450D, cun obxectivo EF-S-18-55 mm e o da categoria de videos levará unha videocámara JVC-GZ hd3, que inclúe base e mando a distancia.

Para maís imformación aquí tendes a páxina weB:




http://www.vieiros.com/unha-imaxe-para-o-galego08/
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 27-05-2008 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus segundos...

Como cada ano, sobre esta data, os alumnos de segundo de bacharelato despídense deste gran instituto e nós deles.

Ninguén sabe se se despiden con ledicia ou mágoa, aínda que cremos que xa estaban desexando rematar.
O seu paso polo instituto acabou, pero teñen un novo camiño por empezar e desfrutar, aínda así neste centro sempre quedará o seu recordo.

Onde estarán esas caras tan coñecidas que viamos chegar cada maña?

Esas tantas colaboracións con tódolos mestres, revista, blogoteca..?
En fin, botarásevos moito de menos.



Deixémonos de tanto sentimento, tede moita sorte e desfrutade a vida :)







Categoría: 3.- Novas - Publicado o 26-05-2008 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
BICOS CON LINGUA


O pasado venres 16 de maio os alumnos de 4º fumos a vela obra e pasámolo moi ben. Era unha obra divertida e entretida cun telón de fondo: a diglosia que está a sufrir o galego. Ó final da obra fixemos un pequeno coloquio onde lles podiamos preguntar o que quixeramos ós actores.

Bicos con Lingua é un espectáculo que nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante. A montaxe é para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que medra na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 20-05-2008 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0