PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Queremos galego en Bruxelas



Unha delegación de Queremos Galego viaxa a Bruxelas para denunciar e dar a coñecer internacionalmente a ?política activa de desmantelamento da oficialidade do galego? emprendida polo goberno de Alberto Núñez Feixóo.

Sinaladamente, Queremos Galego trasladará aos diferentes interlocutores cos que se reunirá nesta viaxe, por medio dun demorado relatorio, ?os incumprimentos? que o goberno actual está a facer a respecto da lexislación vixente, tal como o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística. Especial atención prestarán ao traslado das vulneracións que teñen a ver con tratados internacionais que son, tal e como indicou a plataforma, ?de obrigado cumprimento? unha vez que o Estado español decidiu ratificalos nas súas Cortes, nomeadamente a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM), sen descoidar a existencia da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, auspiciada no seu día pola UNESCO.


Máis información na páxina da Plataforma


Queremos galego
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 13-04-2010 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0