PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

De pé a pa


Aínda estás a tempo...
Se queres envíanos canto antes as túas colaboracións a: pedrinhas@hotmail.es.

Estamos a piques de pechar o número 13. Anímate! Colabora!

Comentarios (0) - Categoría: 6.-A revista - Publicado o 28-04-2010 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Lingua de amor



Xa está en marcha a cuarta edición do concurso de cancións e declaracións de amor a través da internet

O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a cuarta edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico.

Un dos obxectivos principais deste concurso é estender o uso do galego como lingua habitual entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.

Pretendemos vincular as rapazas e rapaces de Galicia coa súa lingua e incrementar a percepción do galego como unha lingua que é útil para as actividades de lecer e momentos de diversión: o galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, facer amizades e... por que non? Tamén para formar parellas!

Para poder participar neste concurso consulta os pasos a seguir na páxina de
Lingua de amor 2010
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 13-04-2010 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Certame de teatro


O Certame de Teatro Intercentros de Compostela ofrecerá 17 representacións do 19 ao 23 de abril

Unha cita xa clásica no calendario educativo do curso é o Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Concellería de Educación e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago, que en 2010 chega á súa edición número quince. Nesta ocasión serán 14 centros escolares de Santiago e comarca os que realicen ata 17 representacións os días 19, 20, 21, 22 e 23 de abril. A obra gañadora representarase no Teatro Principal o 12 de maio, ás 20:00 horas.

Os espectáculos poderán presenciarse nos institutos Rosalía de Castro e Xelmírez I e na Escola de Maxisterio. É a incorporación deste terceiro escenario unha das novidades desta edición. Alí, segundo explicou o coordinador das Equipas de Normalización Lingüística, Xepe Torres, desenvolverase unha especie de certame paralelo coas obras representadas por ata cinco grupos cos rapaces de menor idade.

Foi a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, a encargada de presentar o certame, do que salientou a súa "riqueza" á hora de "completar a formación dos alumnos". Tamén se referiu ao seu éxito á hora de formar novos afeccionados ao teatro.

Este ano participan 14 centros escolares, 12 públicos e 2 privados, e tamén nesta convocatoria se produciron novas incorporacións. En concreto, o Pío XII, ausente na anterior edición, retoma as súas representacións. E como novidade, súmase ao Certame Intercentros o CEIP Lamas de Abade.

Será o luns 19 cando os máis pequenos poñan en escena as súas as obras na Escola de Maxisterio, a partir das 10:30 horas. Os dous grupos de teatro do CEIP López Ferreiro representarán, respectivamente, O timo do Xocas e Os gatos do 07, mentres que o do Colexio San Jorge porá en escena Os mecánicos de contos. O grupo do Pío XII escenificará O peixe arcoiris. Ao día seguinte, martes 20, á mesma hora e no mesmo escenario, vez para o CEIP Pío XII, con O espantallo amigo, e para o CEIP Lamas de Abade, con A Lameira F.M..

O resto de obras previstas son:
- Luns 19: A can fraco todo son pulgas (IES Rosalía de Castro), no mesmo Instituto; Palabras (CPI de Touro e CPI de Vedra) e Fábrica de soños (CPI de Vedra), no Instituto Xelmírez I.
- Martes 20: Aires de vinganza (IES Rosalía de Castro), no mesmo Instituto; e Ela imaxina (Colexio Manuel Peleteiro) no Xelmírez I.
- Mércores 21: O espello da alma (IES Rosalía de Castro), no mesmo instituto; e Os figurantes (IES Antonio Fraguas), no Xelmírez I.
- Xoves 22: O cachequitó e O home espido e o home do frac (IES Eduardo Pondal), no Rosalía de Castro; e (Hamlet) eu non son (IES Xelmírez I), no propio Xelmírez.
- Venres 23: O soño dunha noite de verán (IES Pontepedriña), no Xelmírez I


Tiramos a nova da páxina do Concello de Santiago
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 13-04-2010 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0