PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Sabela: sube á biblioteca se queres vela
Aínda estás a tempo de pasar pola biblioteca para ver a exposición dos traballos de banda deseñada que fixeron os rapaces e rapazas de 4º da ESO.

Están baseados no relato Sabela do libro Retrincos de Castelao.

Sube nun recreo, non te arrepentirás!!!!!
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 14-04-2009 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Galegos en Londres promoven o galego
Un grupo de galegos residentes en Londres promoven o galego fóra de Galicia.

Destacan que o galego axuda a aprender outras linguas, permite a comunicación en portugués e engade unha vantaxe competitiva no mundo laboral internacional.

Teñen reunidas as súas experiencias nun manifesto interactivo para amosar que o o galego, e o seu emprego, tamén é útil fóra de Galicia.
Con «O galego é útil», os asinantes pretenden «desmentir, dende a súa experiencia no estranxeiro, o mito de que o galego non vale para nada» ou «serve só dentro de Galicia».

Entre as vantaxes de falar o idioma propio de Galicia, o manifesto destaca que o galego axuda a aprender outras linguas, permite a comunicación en portugués e engade unha vantaxe competitiva no mundo laboral internacional. O manifesto, que se define como «libre de ideoloxía e afiliación política», pode ser asinado por internet.

Podes consultalo nesta ligazón
clica aquí
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 14-04-2009 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0