PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A revista
Estamos a elaborar o número 12 da revista do insti, De pé a pa. A que esperas? Mándanos as túas colaboracións ao enderezo do blog. Mira na marxe esquerda, si, clica aí en: pedrinhas@hotmail.es.

Interésanos todo o que fagas: artigos de opinión, banda deseñada, creación, libros, discos, pelis... Todo ten cabida no novo número. Mándao canto antes que temos que rematalo para finais de mes.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 21-04-2009 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
O diario vermello de Carlota


Este libro trata sobre un tema que creo que nos interesa moito tanto ás rapazas coma aos rapaces. Fala de sexo sen tabús incluíndo desenganos amorosos e dúbidas sobre o amor, coma lle ocorre a Carlota con Koert e Flanagan.

É moi interesante porque aos mozos e mozas de hoxe en día parécenos que o sabemos todo sobre o sexo, cando en realidade non é así, aquí cóntanche experiencias e resólvenche dúbidas xa que Carlota pídelle axuda ás súas amigas para que lle conten experiencias e lle formulen preguntas que posteriormente a súa tía ou outra persoa contestará. Tamén hai un momento no que Carlota lle pregunta a súa avoa sobre o xinecólogo, ela explicoulle todo.

Ademais ofrece porcentaxes e cifras de, por exemplo, o número de embarazos non desexados nun ano determinado. Estes datos analízanse mentres están na escola onde tamén lles dan informes sobre enfermidades de transmisión sexual, como podemos previlas e nalgúns casos como podemos curalas.

Fálase tamén de moitos dos mitos que hai sobre o sexo coma por exemplo se doe a primeira vez, se sangras,etc. Como é de supoñer trátase o tema dos métodos anticonceptivos, coma se usan, a efectividade que teñen, cales son os máis comúns.

Podemos destacar o caso de Gabi, un neno que ía na mesma aula ca Carlota e que ocultaba a súa homosexualidade por medo de que se riran del os outros rapaces.

En conclusión, creo que é un libro interesante que eu persoalmente recomendaría para ler, e sobre todo ós adolescentes, xa que te vas enganchando a el pouco a pouco ao mesmo tempo que vas aprendendo cousas.


María Faílde, 4ºB
Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 17-04-2009 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
O Principiño
?O Principiño? é un pequeno conto que aínda parecendo infantil ten moito significado, e que intenta transmitir unha idea moi clara. É un relato fantástico, con moita maxia que a xente relaciona cos nenos debido ao marco e aos personaxes da historia: outros mundos, planetas, as estrelas e moitos elementos da natureza que cobran vida, como poden ser as flores ou os animais.

Pero se lemos con atención podemos descubrir unha serie de símbolos e metáforas que nos indican a idea que o autor nos quere transmitir: el pretende dalgunha maneira, que nun conto para nenos, o lector se convirta nun máis para ser capaz de entender a mentalidade do Principiño e para sentirse identificado cun adulto dos que este vai describindo ao longo do relato, un adulto sen outro interese máis ca o diñeiro, a súa aparencia e o seu traballo, que só se preocupa por el mesmo e que non ten ilusións nin soños, coma si ten o peculiar neno.

O libro é unha crítica á actitude das persoas maiores, ademais de tratar a incomprensión que sente o protagonista cara ao mundo e cara aos seres humanos, que nunca saben o que queren e non se conforman con nada, mentres el simplemente é feliz querendo e tendo consigo á súa fiel flor da que fala durante todo o relato.

Por outra banda, o outro protagonista da obra é o propio narrador, un home adulto que nos conta como coñece ao Principiño, quen marcou a súa vida. Ao longo do relato vese a evolución da súa relación, apenas nunha semana, o narrador coñece a vida deste peculiar e curioso personaxe, o cal lle conta todas as aventuras e lembranzas que viviu dende que chegou do seu planeta B612 á Terra, hai xa un ano. Eles comparten algo especial que ao final se converte nunha gran amizade. O home abre os ollos e aprende o significado desta palabra dándose conta do aprezo que sente e do boa persoa que é o Principiño.

Outra das cousas curiosas, pero moi interesantes, e que fan o libro máis atractivo, son os constantes debuxos que aparecen ao longo das páxinas. Son moi significativos e representan moi ben as ideas do texto. Quizais o autor queira intentar aparentar e achegarse máis a un libro para nenos pequenos coa fin de xustamente criticar a actitude das persoas maiores.

María Carbajo Lago, 4ºB

Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 17-04-2009 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0