|
|
|
|
|
|
| Pedriñas tamén é maneiro |
|
Grazas aos colegas das Gabarras (blog do ENDL do IES Breamo de Pontedeume)por seleccionarnos entre os seus dez blogs maneiros, vós si que molades, si que sodes maneiros. Obrigados polo detallaso.
E os requisitos para ser maneiros son:
- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Exhibir o nome do blog que concedeu o premio.
- Indicar outros 10 blogs propostos para seren maneiros.
- Comunicar o premio aos blogs seleccionados.
- Publicar as regras.
- Comprobar que os blogs premiados seguen as normas.
Velaí os nosos dez blogs maneiros (xa sabemos que algúns están repetidos, pero pódese ser moi moi maneiro, ou non?:
Na punta da lingua
Trafegando ronseis
Na lingua de todos
Diario cultural
Caderno de lingua
O segrel do penedo
Revolta da freixa
Coordinado de Equipas de Ferrolterra
Biblioteca Milladoiro
Dinamiza normaliza |
|
|
|
|
| E ti, como difundirías o galego na rede? |
|

Novaxove.com pon en marcha un concurso de ideas de como difundir o galego a través da rede. O premio, unha cámara de vídeo; o prazo, até o 11 de maio.
As redes sociais son un fenómeno que cobrou gran importancia nos últimos tempos e que se usan para difundir ideas e obxetivos. Tamén para axudar a que o galego chegue a máis xente. E Novaxove.com quere que todo o mundo axude a difundir a nosa lingua.
De cara á celebración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, queren que lles contes que iniciativa porías ti en marcha na rede para difundir o galego.
Todos as persoas que participen serán agasalladas cunha camiseta conmemorativa e quen dea a idea máis orixinal ou mellor presentada levará ademais unha cámara de vídeo.
O prazo, até o luns 11 de maio. As ideas deben deixarse no foro de Novaxove.com. |
|
|
|
|
| Exito Rotundo do grupo de teatro |
|
Despois dunha longa tempada de ensaios do grupo de teatro O Que? do IES Pontepedriña, cremos que os seus esforzos mereceron a pena logo de ver onte a estrea da obra "En Pé De Guerra" da que fixeron unha magnifica interpretaciòn, no IES Xelmirez.
O grupo O Que? está composto por alumnado de 4º de ESO que levan dende setembro traballando duramente; e por fin o traballo deu o seu froito, dado que a obra lles quedou realmente lograda.
A representación foi moi creativa e orixinal e tivo unha grande expectación. Os actores que estaban mergullados no seu papel déronlle unha interpretación moi personalizada que conseguiu esbozar na cara dos asistentes un sorriso e moreas de gargalladas.
Todos deron o mellor de si e, á parte de que iso é moi positivo, fixeron que a obra cobrase unha vida especial e extremadamente divertida.
A xente saiu da sala de actos do IES Xelmírez rindo e comentando o que lles gustara a obra.
A nosa valoración para eles é sen dubida un 20 de 10.
Parabéns!!! |
|
|
|
|
|
|
|
|
|