PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Concerto de Bob Dylan en Vigo o próximo 27 de xuño



Bob Dylan está moi preto de poder actuar en Vigo o próximo 27 de xuño. A Tenencia de Alcaldía do Concello de Vigo mantén conversacións moi avanzadas para que o Premio Príncipe de Asturias poida por fin actuar no Instituto Feiral de Cotogrande. «Está moi ben encamiñado, as conversas están moi avanzadas», sinalaban onte fontes da Tenencia de Alcaldía.
A pesar destas prudentes palabras, Vigo foi citado polos promotores da xira española de Bob Dylan durante a presentación do concerto que o músico norteamericano dará o 22 de xuño en Andorra. Xunto á cidade olívica, a xira dylaniana pasará polas cidades de Zaragoza, Pamplona, Ávila, Valencia, Cuenca , Lorca, Xaén, Xerez e Mérida e Madrid, onde pechará a versión madrileña do Festival Rock in Río.
Se o 27 de xuño actúa en Vigo, será a cuarta actuación galega do gran Bob Dylan, xa que anteriormente pasou por Santiago, en dúas ocasións, e A Coruña.
Categoría: 3.- Novas - Publicado o 08-04-2008 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación hoxe en Santiago da iniciativa 'Faille un clic ao galego'
A partir de hoxe os galegos poderán utilizar o galego como lingua principal na interfaz dos seus computadores. Dell, HP, Investrónica e Microsoft, n­unha clara aposta por Galicia e polo fomento do uso do galego e do aumento da produtividade a través das TIC, presentan Faille un clic ao galego, unha iniciativa deseñada para que os galegos poidan descargar de xeito sinxelo e gratuíto as librerías de software en galego para os seus computadores. Nun evento que terá lugar no Palacio de Congresos, e coa colaboración da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, INEO e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, os tres fabricantes de computadores darán a coñecer os seus plans para preinstalar nos seus equipos a versión en galego do sistema operativo Windows Vista.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 08-04-2008 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
O correlingua!!!
O próximo día 12 de Maio celebrarase o correlingua, unha carreira non competitiva que se celebra tódolos anos en diferentes localidades.

Cada localidade escollerá unha ou varias persoas do ámbito artístico, cultural, deportivo,.... que destaquen no uso e defensa do noso idioma, para ser portadoras do testemuño e que lerá o manifesto gañador do concurso escolar.

O que se pretende é convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.


E, como non, asegurámosvos que ides pasar unha mañá divertida.

__________________________________________________


E se queredes máis información non dubidedes en visitar a páxina oficial do correlingua, onde poderedes votar a vosa canción favorita no apartado "A polo ghit" para que o día 12 soe a canción que votástedes.



Preme aquí e vota.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 07-04-2008 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0