PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Todo o que a música galega lle debe a Enrique Macías
Un día chamei á porta de Antón Reixa e díxenlle: son un músico solitario e gústame o que facedes no grupo Rompente; dádesme cabida?". Hai unhas tres décadas falaba así Enrique X. Macías, un rapaz da xeración do Polycomander, brillante e curioso, que converxía deste xeito co núcleo da revolución estética e creativa que agromou en Vigo dacabalo dos anos setenta e oitenta, con expresións de vangarda na poesía (Reixa, Romón, Avendaño, Pexegueiro...), na música (Resentidos, Siniestro Total, Golpes Bajos...), nas artes plásticas e visuais (Antón Patiño, Menchu Lamas, e en xeral todo o grupo Atlántica) e da man de Macías tamén na música culta.

Macías converteuse nun dos compositores máis importantes da historia da música galega, máis recoñecido, así e todo fora de Galiza ca no propio país. Este ano, no que cumpriría cincuenta de non ter falecido en 1996, os departamentos de Cultura da Xunta e Concello de Vigo realizaranlle en maio unha homenaxe que debería constituír o comezo da devolución a Macías do posto que merece na historia da cultura galega.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 21-04-2008 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
A RESPOSTA, AMIGO MEU, ESTÁ FLOTANDO NO VENTO
Con motivo do concerto de Bob Dylan en Vigo o 27 de xuño(ó que temos moitísimas ganas de ir)quixemos facerlle unha pequena homenaxe colgando no blog a traducción dunha das súas cancións máis coñecidas.

Cantas estradas debe un home camiñar cara abaixo, antes de que o chames home?
Sí, e, cantos mares debe navegar unha vela branca
antes de durmir na area?
Sí, e cantas veces deben voar as balas do canón antes de que esteñan prohibidas para sempre?

A resposta, amigo meu, está flotando no vento
A resposta flota no vento.

Cantos anos pode existir unha montaña antes de que esteña lavado o mar?
Sí, e, cantas persoas existirán antes de que se lles permita ser libres?
Sí, e, cantas veces xirará un home a súa cabeza, facendo que non ve?

A resposta, amigo meu, está flotando no vento
A resposta flota no vento.

Cantas veces debe un home alza-la vista,
antes de poder ve-lo ceo?
Si, e, cantas orellas debe un home ter
antes de poder oír chorar á xente?
Sí, e, canta xente morrerá ata que
se dea contade de que morreron demasiados?

A resposta, amigo meu, está flotando no vento
A resposta flota no vento.




Bob Dylan 1962
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 15-04-2008 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Coidemos o galego

Cada 14 días unha lingua morre. Segundo este dato, calculan que para 2010 probabelmente desaparecerán máis da metade das 7 mil que se falan no mundo e con elas a sabedoría acumulada dos seus pobos.

O proxecto de National Geographic, ademais de identificar os puntos críticos, traballa en plans de revitalización destas linguas que esmorecen.

Polo tanto, está nas nosas mans que o galego non desaparezca. Coa axuda de todos faremos que a nosa lingua non morra, a lingua da nosa terra.




~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~~

De pé a pá

Estamos a elaborar o número 11 da revista. Se queres colaborar envíanos os teus artigos, debuxos, relatos, poesías, banda deseñada... antes do día 15 de abril a este enderezo electronico:

pedrinhas@hotmail.es

Sería de axuda a túa colaboración ;D.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 14-04-2008 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0