|
|
|
|
|
|
| PRADOLONGO EN SANTIAGO, TRES PASES DE CINE EN GALEGO |
|

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de lamentar, a través dun comunicado aos medios, que a capital de Galiza se vai converter na única cidade do país na que a longametraxe Pradolongo non se estree en salas comerciais. Isto é debido, din, á negativa das mesmas a proxectar este filme, a pesar do enorme éxito de público que está a obter en todos os cinemas nos que se estreou.
O presidente da Mesa pola Normalización lamenta os “prexuízos sen base empresarial obxectiva” que, segundo el, están detrás da decisión dos cinemas, controlados por distribuidoras estranxeiras, e saúda moi positivamente “a axilidade e os reflexos” da Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela de facilitar a proxección cedendo o Teatro Principal. A Mesa denuncia, asemade, que “desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística non se traballa para garantir as exhibicións dos filmes en galego, xa non digamos para a súa rodaxe ou para a dobraxe na nosa lingua de outras fitas”.
Segundo a información facilitada polo propio director de Pradolongo, Ignacio Vilar, o filme está a bater récords de público, superando nalgunhas cidades mesmo a películas norteamericanas. Así, cando se estreou nos cinemas de Valdeorras, acadou os seis mil espectadores nunha semana. En Ourense, nas catro semanas nas que leva en carteleira, xa a foron ver arredor de 3.500 persoas, e na Coruña 1.500 persoas pasaron polos cinemas para ver Pradolongo en dúas semanas. En Pontevedra, esta é a segunda semana de exhibición, e xa van polos mil espectadores. Proximamente estrearase en Lugo, Lalín e Cee, sempre en salas comerciais.
lamenta os “prexuízos sen base empresarial obxectiva” que, segundo el, están detrás da decisión dos cinemas, controlados por distribuidoras estranxeiras, e saúda moi positivamente “a axilidade e os reflexos” da Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela de facilitar a proxección cedendo o Teatro Principal. |
|
|
|
|
| Marcha "Polo dereito a vivirmos en galego" |
|
A Mesa presentou a campaña gráfica que presidirá a manifestación nacional do 18 de maio e que terá como lema "Polo dereito a vivirmos en galego".
O presidente da asociación, Carlos Callón, confirmou que xa hai 70 organizacións que apoian o manifesto, o que garante que haberá unha "gran participación".
Callón anunciou que se poñerán autobuses gratuítos para acudir ao acto reivindicativo, que partirá ao mediodía da Alameda de Compostela. Para iso será necesario poñerse en contacto coa Mesa.
O responsábel da Mesa animou a sociedade a participar a prol da lingua.
A Mesa denunciou presións "por parte de grupos que queren que a lingua galega desapareza, detrás das cales se atopa un importante partido político”
|
|
|
|
|
| A SONGOKU NON LLE PERMITEN FALAR GALEGO |
|

A Mocidade galega lamentamos que Songoku non vaia poder falar en galego no DVD de Dragon Ball GT que sae ao mercado o próximo 30 de abril
A sección xuvenil da Mesa recorda o compromiso adquirido pola TVG en 2006 de ceder as súas dobraxes “en iguais condicións que a ETB vasca e a TV3 catalá” e pide explicacións ao ente público “polo seu incumprimento do acordado”
Ao coñecerse que o DVD soamente sairá ao mercado con opción de audio en castelán, xaponés e catalán e opción de subtítulos en castelán, foron moitas as persoas que comezaron a dirixirse á distribuidora de produtos audiovisuais para interesarse pola razón pola cal entre as diferentes linguas nas que se poderá ver a serie non está o galego e mesmo reclamarlle que reconsiderasen esa decisión e incluísen tamén o idioma no cal durante tantos anos falaron Songoku e a longa listaxe de personaxes que o acompañaban a través dos nosos televisores. Selecta Visión, por súa parte, vén respondendo a todos estes pedimentos e reclamacións que “non foi posíbel incorporar o galego ás opcións do DVD” debido, segundo asegura a distribuidora, “á inasumíbel política de prezos de cesión de dobraxes que ten a TVG”, en comparación “coa máis asumíbel doutras televisións autonómicas”.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|